10 feb 2011

APARELLOS FUTUROS

Nome do aparello: COIDA BEBÉS 3.000
Utilidade: Serve para coidar o bebé cando vostede sae da casa. Dálle a comida, merenda e cea. Tamén lle cambia os cueiros e xoga con el/ela.

INSTRUCIÓNS DE USO
1.- Darlle ao botón verde para acendelo.
2.- Darlle a orde de que coide o neno/a.
3.- Darlle outras ordes, como pedirlle que limpe e faga os recados da casa.
4.- Cando acabe as ordes todas, apagarase automaticamente e esperará que vostede chegue á casa para que lle dea outra orde.
5.- Cargalo toda a noite para que funcione ben pola mañá e durante todo o día.
Esther, Lucía e Susi





Nome do aparello: 3.000.4
Utilidade: Serve para clonar a quen teña que ir a mais dun sitio á vez.

INSTRUCIÓNS DE USO
1.- Acendelo no botón vermello.
2.- Introducir un pelo no clonador.
3.- Darlle ao botón B para que o clon apareza na máquina.
4.- Dicirlle ao clon a onde ten que ir.
5.- Sacar o clon da máquina.
6.- Apagar o aparello.
Daniel, Pablo e Raúl



Nome do aparello: LANZACHÍCHAROS
Utilidade: Seve para matar zombis.

INSTRUCIÓNS DE USO
1.- Conseguir pilas duracell e un mando para robots.
2.- Esperar á noite.
3.- Plantar as pilas na terra.
4.- Esperar 5 minutos e transformaranse nun robot.
5.- Cando apareza un zombi, pulsar o botón vermello e azul que hai no mando.
6.- Cando o zombie estea a 5 m, disparará catro chícharos xeados.
7.- Cando o zombie perda a cabeza, pulsar o botón laranxa do mando e o robot desactivarase e reconvertirase nas pilas duracell.
Iván, Miguel e Marcos




Nome do aparello: DESBARRIGADOR

Utilidade: Serve para aplanar a barriga.


INSTRUCIÓNS DE USO
1.- Tocar o botón negro para acender a máquina.
2.- Conectar o tubo ao embigo cravando a punta.
3.- Esperar 5 minutos.
4.- Sacar o tubo do embigo.
5.- Apagar o aparello pulsando outra vez o botón negro.
Adrián, Martín e Rubén



Nome do aparello: RELAXACAM
Utilidade: Serve para relaxarte e quitarche a dor.

INSTRUCIÓNS DE USO
1.- Montar a cama.
2.- Enchufar a cama á corrente eléctrica.
3.- Para acender a cama, apretar o botón que se atopa na parte dereita.
4.- Se queres que che dea masaxes, apreta o botón da parte esquerda.
5.- Para apagala, pulsar un botón calquera.
Andrea, Inés e Carme







Nome do aparello: CONSOLA 554 (altofalantes incluídos)

Utilidade: Serve para divertirse e pasar o tempo.




INSTRUCIÓNS DE USO
1.- Conectar a consola ao televisor.
2.- Enchufala á corrente eléctrica.
3.- Acendela.
4.- Actualizar o 3-D e poñer as gafas e os cascos.
5.- Elixir o idioma.
6.- Non recomendable para nenos menores de 2 anos.
7.- Non apto para edificios de pisos, polo volume.
David, Álex e Nacho