31 may 2011

POESÍA A EXAME (5º A)


(Imaxe baixada de internet)



Na primavera 
nacen as flores
de mil formas
e cores,
de mil tamaños
e olores.
                  INÉS




Cando chego ao colexio
espero para ir ao recreo.
Alí tomo a merenda
e despois xogo ao “coreo”.
Cando soa a sirena
imos para a clase,
collemos os libros
e facemos mates.
Despois vou á miña casa,
como as patacas
e cando acabo de comer,
empezo a tocar as maracas.
                          MARCOS

O frío é malo,
non me gusta nada,
e menos en verán
cando vou á praia.
Así é o clima,
que queres que lle faga!
                         RAÚL

En primavera
hai flores.
En verán
hai bañadores.
En outono,
follas a punto de caer.
En inverno 
hai neve a máis non poder.
                           NACHO

O luns abúrrome.
O martes hai diversión.
O mércores pásoo ben.
O xoves teño inspiración.
O venres estou cansado.
O sábado, con relaxación.
E o domingo descanso.
                         ÁLEX

O bosque é vello.
O bosque canta cos paxariños.
O bosque é verde coma follas.
O bosque xanta coma un burriño.
O bosque é como unha Dulcinea.
O bosque conta para os niños.
                                  RUBÉN

Xoán é moi caprichoso.
Sempre lle temos que comprar o que queira
se non, négase a ir á escola.
O martes mercámoslle unha pereira.
O mércores, unha bicicleta
e o xoves, unha laranxeira.
                            IVÁN

As rosas son bonitas.
Os caraveis, preciosos.
Os problemas, malos
e os osos, amorosos.
                             SUSI

Eu tiña un paxariño.
O paxariño era lindo,
lindo coma as flores
ou coma un campo de liño.
                            DANIEL

No barco hai xente,
a xente está contenta.
contenta por ser mércores,
mércores de merenda.
                                   DAVID

O micho rabeno
fala en galego.
Ten o rabo pequeno,
porque foi á casa do ferreiro
comer penso fresco.
                                   MIGUEL

A buxaina vira e vira
e nunca para de virar,
e eu ao vela póñome a cantar,
esperta o meu irmán e ponse a berrar,
entra o avó na casa e ponse a debuxar.
E mentres, a buxaina vira e vira
e non para de virar.
                                     ANDREA
                 

7 may 2011

POESÍA DIRIXIDA (5ºA)

(Imaxe propiedade de ite)
Vento, ¿de onde vés?
Veño desde o ceo
e baixei polo Everest.

Vento, ¿a onde vas?
Vou recorrer o mundo
para as castañas asar.

Vento, ¿por que o fas?
Porque así os nenos
felices están.

-------------------------------------------------------------------------

Onte fun de excursión
e paseino moi ben.
Tamén vin un cabalo
polas vías do tren.

Hoxe vou de paseo
pola beira do monte
e se quero beber
podo ir a unha fonte.

Mañá irei á taberna do lado
e comerei camaróns.
¡Haberá que estar atentos,
que non os leven os ladróns!

(Imaxe baixada de internet)

Onte fun xogar ao fútbol
un partido.
E o árbitro expulsoume
cun asubío.

Hoxe é luns
e fun á escola.
Metinme nun lío
que vai traer cola.

Mañá irei á casa dos avós.
Xogarei co meu can
e despois comerei
un cacho de pan.

----------------------------------------------------------------------------------------------

Anque vaia moito frío
nunca para o granxeiro.

Anque teña que ir ao río
nunca se detén o peixeiro.

Anque o día non sexa sombrío
sempre traballa o faroleiro.


(Imaxe propiedade de ite)


Anque vaia moito frío
nunca poño o meu abrigo.

Anque teña que ir á escola
nunca o paraugas me amola.

Anque castigada estea
sempre mirarei as estrelas.

------------------------------------------------------------------------------------------------

(Imaxe propiedade de ite)




O Sol é como unha esfera,
como unha pelota rodando,
como Xúpiter xigante,
como a Lúa ardente.






------------------------------------------------------------------------------------------------


(Imaxe propiedade de ite)



A cidade ten casas,
nas casas hai persoas,
as persoas poñen roupa,
a roupa é de cores
e as cores son bonitas.