22 jun 2014

REGUEIFAS DE DESPEDIDA



Cando ía en parvuliños
todo era moi doado,
despois chegou a primaria,
viña á casa moi cansado.


Logo pasaron seis anos
(Imaxe baixada de internet)
agora xa estou en sexto,
xa se está acabando o curso,
eu non quero ir para a E.S.O.


Xa rematamos primaria
tamén a etapa infantil,
agora quédanos ESO,
para marchar xa de aquí.


Onte empecei infantil
e hoxe termino primaria,
non sei o que nos espera
nos cursos de secundaria.


Lévoche aquí moito tempo,
xa non me acordo de moito.
Viñemos aquí pequenos
e xa sabemos de todo.

(Imaxe baixada de internet)
Xa chegou o fin do curso
xa non somos uns neniños,
e os mestres aínda cren
                  que somos pequerrechiños.


Non paramos de falar
sómosche moi falangueiros,
tamén sabemos ligar
e somos moi trapalleiros.


Cando os profes dan as notas
rematamos xa primaria,
e se aprobamos todiño
imos cara á secundaria.

Xa pasamos para a ESO
moitas máis asignaturas,
a de plástica mandoume
que comprara máis pinturas.


Os profesores da ESO
van padecer máis ca moito
porque os que imos de primaria
somos moitos máis ca oito.


¡Ai miña Edita querida!
Non che era Miss España,
pero para profesora
seica daba ben a talla.


(Imaxe baixada de internet)
A nosa profe Edita,
está farta xa de nós,
quere perdernos de vista
e que nos aguante Dios.

A profe vai xubilar,
nós fixémoslle unha festa
e comprámoslle uns pendentes,
parecía estar contenta.


Parecía estar contenta,
nós fixémoslle unha festa,
grazas a Santi e David
ata tivemos orquestra.


Nós o próximo verán
(Imaxe baixada de internet)


pensamos ir pasear,
quedaremos cos amigos
que temos que disfrutar.

19 jun 2014

¡PREMIO!


Un dos relatos premidados no concurso organizado polo Concello para O Día Das Letras Galegas.

O MISTERIO DAS CATRO PAREDES

Nunha preciosa tarde de verán, Marcos, xunto cós seus amigos María, Roi e Sofía, saíron a facer una merenda nunha finca afastada de todos os males da cidade.
Chegaron alí sobre as catro e media da tarde. Despois de merendar, María e Roi foron bañarse ó río. Marcos e Sofía non foron, xa que o río parecía ter tanta corrente como para arrastralos.
Tempo despois, Sofía e Marcos notaron una estraña sensación nas súas peles. Miraron cara ó ceo con cara desesperada, xa que sabían que o que estaba a pasar non era normal.
O ceo estaba revolto, unas estrañas pero atractivas nubes xurdiron da nada. Sofía e Marcos botaron a correr coa esperanza de poder avisar aos seus amigos a tempo. Os seus esforzos por intentar salvarse e salvar ós seus amigos foron en vano. Sen darse conta, una especie de vento cálido e abrumador caeu sobre eles deixándoos inconscientes.
Horas despois, Marcos despertou nunha especie de lugar onde parecía estar todo o rechazado ao mundo no que vivimos.
Despois, despertou Sofía. Non puido evitar preguntar onde estaban. Marcos, non sabía que decir, nada tiña sentido.
Camiñaron horas por aquel selvático e desolada paixase. Cando parecía que só un pouco de auga podería salvalos, chegaron a un lugar onde encontraron unha pequena poza na que beberon para recobrar a súas forzas. Mentres que Sofía mollaba o corpo coas súas frías e agretadas mans, Marcos exploraba o lugar no que se atopaban facéndose camiño entre as densas e enormes plantas coa a axuda dunha pequena navalla que por sorte levaba no seu peto antes do estraño e terrible suceso.
Chocou cunha forte e silenciosa corrente de aire que semellaba ser una parede. Chamou a Sofía para ensinarlle aquilo. Non sabían que facer, pero tras uns minutos falando, decidiron cruzar aquela parede, por así chamalo. Non perdían nada por inténtalo, xa que sabían que se non facían nada morrerían en pouco tempo.
Puxéronse diante de aquilo, mirándose ós ollos colléronse da man e deron un paso ó frente sen pensar no que podía pasar.
Cando a atravesaron, foron saír a onde estiveran cando chegaran a aquel lugar. Pouco a pouco déronse conta de que aquel lugar era unha especie de cadrado no que cando cruzaban alguna das súas paredes volvían ao centro do mesmo.
Ó dar coa solución dese misterio, apareceu ante eles un pequeno regato e unha pequena árbore de mazás. Non sabían o que pasaba, parecía que aquel lugar quixese algo deles.
Días máis tarde, Sofía comezou a sentirse mal, xa que as escasas mazás que daba a árbore non eran suficientes para alimentar a dúas persoas. A pesar diso Sofía non llo contou a Marcos porque sabía que se o descubría non comería para darlle a ela a comida, e falecería el.
Días máis tarde, Marcos descubriu que Sofía non se encontraba ben, saltaba á vista, era un segredo que a súa pálida pel non deixaba ocultar.
Marcos insistiu en que comera pero xa era tarde, viu como a cabeza de Sofía caía nas súas mans por última vez.
Entón foi cando volveron ó mundo de sempre, como se nada tivera pasado. Máis tarde, cando volveron á cidade, un home cun estraño rostro díxolles:
-Vós convertistes unha escura paixase en iluminada e alegre. Por cada pouco de amor, un pouco de felicidade.
Entón foi cando Sofía e Marcos descubriron o que pasara. Foron enviados alí para transformar o malo en bo.
Comprenderon que o regato e a árbore foi a recompensa por superar xuntos os seus medos, non por descubrir o misterio das catro paredes.
Mario (6º A)