Traballo de envestigación feito por grupos para aprender algo da vida dos escritores galegos.
ROSALÍA DE
CASTRO
Rosalía de
Castro naceu na madrugada do 24 de febreiro de 1873 nunha casa ao
lado do camiño da antiga entrada a Santiago. Foi filla de Xosé
Martínez Vigo e María Teresa de Santa Cruz. Ata os oito anos estivo
baixo a custodia da súa tía na aldea de Castro de Ortoño. Nese
tempo Rosalía aprende o que é a vida labrega galega. Despois foi
vivir coa nai en Padrón, na casa da Matanza. En Padrón aprendeu
modais de señorita, asistindo a clases de música, debuxo... Algunhas persoas famosas como Manuel Murguía, Eduardo Pondal e
Aurelio Aguirre foron con ela. En abril de 1856, Rosalía
transladouse a Madrid xunto á súa familia e viviu coa
parenta María Xosefa Carmen García Lugín Castro. En Madrid foi
onde casou con Murguía, o 10 de outubro de 1858 na igrexa
parroquial de San Ildefonso. Murguía foi unha das persoas que axudou
a Rosalía a ser escritora. No ano seguinte Rosalía tivo unha filla,
chamada Alejandra, despois veu Aurora nacida no ano 1862, o ano que
morreu a nai de Rosalía. Os xemelgos Gala e Ovidio naceron no ano
1871 e Amara naceu en 1873. Rosalía, no 1875, tivo a Adriano
Honorato, que morreu aos dezanove meses, e a súa última filla foi
Valentina, morta ao nacer, en 1877. Todos os fillos de Rosalía
naceron en Galicia.
En 1863 foi
publicado o libro Cantares Gallegos, que inaugurou a volta da
literatura galega. En 1880, publicou un segundo libro en galego
titulado Follas Novas. En castelán tamén publicou poesía e novela.
Rosalía de
Castro morreu en Padrón, na casa da Matanza, o 15 de xullo de 1885. A casa da
Matanza convertiuse na actualidade na Casa Museo de Rosalía de
Castro.
AGUSTIN
FERNANDEZ PAZ
Naceu o 29
de maio de 1947 en Vilalba (Lugo). É un escritor de literatura
galega. Aprendeu a ler moi rápido cando era peqeuno, xa que nas
estanterías dos seus pais había moitos libros. Ademais dos pais,
ten un tío chamado Roca, tres primos, un irmán, unha filla camada
Mariña e a súa muller.
Primeiro
estudou nunha escola de Vilalba. Despois estudiou na Universidade
Laboral de Xixón, na Escola de Maxisterio de A Coruña e na UNED.
Foi perito industrial mecánico, mestre de Ensino Primario e
licenciado en Ciencias da Educación.
Tivo varios
traballos ao longo da vida, como o de mestre en varios colexios ou o
de profesor de galego de secundaria no IES Os Rosais 2 de Vigo. Tamén
forma parte de moitos equipos de traballo, por exemplo, no equipo de
diseños curriculares para Primaria e Secundaria. Está xubilado
desde o ano 2008.
Ten
publicados máis de corenta libros en galego, case todos de
literatura infantil e xuvenil. Moitos deles foron traducidos a varios
idiomas. Algúns deses libros son: A cidade dos desexos, As
flores radiactivas, Lonxe do mar, Cartas de inverno ou Contos por
palabras, que imos ler neste curso.
Levou moitos
premios literarios, como o premio Merlín (1989), Lazarillo (1990),
Edebé (1994), Raiña Lupa (1998)...
FINA
CASALDERREY FRAGA
Fina
naceu en Xeve (Pontevedra) no ano 1951. É
unha escritora galega, profesora de E.S.O, etnógrafa vocacional,
gastrónoma e periodista.
A
súa infancia pasouna en Leréz entre a escola, os xogos e os
camiños das marxes do río. Era
unha nena normal que axudaba nas tarefas da casa. Ela non botaba de
menos as bonecas porque ninguén as tiña.
Así convertiuse na persoa culta e sensible que e hoxe en día.
Foi
a unha escola pública, e máis tarde estudou Bacharelato e
Maxisterio en Pontevedra. Aos 19 anos aprobou as oposicións e foi
mestra de lingua galega en Educación Secundaria, aínda que agora xa
está xubilada. Tivo dous
fillos con Mariano, o seu marido, que tamén é mestre.
Foi
premiada varias veces pola súa obra literaria, gastronómica e
periodística e traducida a todas as linguas de España.
Escribiu
libros como:
Mutuación
Xenéticas: novela ifantil; é o seu primeiro libro
publicado.
Duas
bágoas por Máquina: en 1991, co que gañou o premio Merlin
de literatura infantil.
O
misterio dos fillos de Lúa: en 1995, co que gañou o premio
Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil e o premio O Barco de
Vapor.
O
estanque dos parrulos pobres: en 199, co que gañou o premio
Edebé de Literatura Infantil e Xuvenil.
Recibiu
tamén o premio Cidade de Pontevedra en 1996 pola totalidade da súa
obra.
Ten
algunha obra gastronómica, O libro da empanada (1993),
Festas gastronómicas de Galicia (1994)... Escribiu
tamén Recursos teatrais para a expresión dramática na escola
(1996) que orienta sobre como traballar o teatro na escola. Nese ano,
en xaneiro, é elexida para formar parte da Real Academia Galega.
MANUEL
RIVAS
Manuel
Rivas naceu en 1957 no barrio de Montealto, en Coruña, de pai
albanel e nai leiteira. Estudou no colexio de Monelos. Aos 15 anos
escribía para o Ideal Galego. Cando terminou a secundaria foi a
Madrid e alí seguiu estudando.
Casou
con María Isabel López Mariño con quen tivo dous fillos: Martiño
Rivas, famoso polo seu papel no Internado, e Sol, unha poetisa.
Foi
periodista, novelista e ensaista.
Empezou
a darse a coñecer como poeta escribindo libros como: O libro
do Entroido (1987), Balada nas praias do Oeste
(1985) e Mohicania (1987).
Tamén
escribiu outros libros como: O Lapis do Carpinteiro, Todo Ben,
Un Millón de Vacas, Os Comedores de Patacas, En Salvaxe Compaña...
Ganou
premios como: Poesía
Nova de O Facho
(1.980), Leliadoura
(1989), Premio
da Crítica da Narrativa Galega
(1989-1998-2006),
Premio
Narrativa Nacional
(1996), Premio
Torrente Ballester
(1996), Premio
da Asociación de Escritores en Lingua Galega, Premio do Arcebispo
Juan De San Clemente, premio da Sección Belga de Amnistía
Internacional
(2001).
ANA
MARÍA FERNÁNDEZ
Naceu
en Palma de Mallorca no ano 1949. Viviu alí ata o ano 1967 e despois
marchou a Galicia co seu home Xoán Babarro. Non teñen fillos.
A
súa primeira obra foi chamada “Zapatón e Libiripón” e
publicouse en 1977. Tamén escribiu libros como “A casa de había
unha vez” e “O cacarabicolé”.
Recibiu
o seu primeiro premio “O Facho” de contos (1977) con “Os
amigos do cabaceiro” e xunto con Xoán Babarro, “O Facho”
de teatro (1985) e “O barco de vapor” de 1985 a 1989.
Estudou maxisterio e,
máis tarde, licenciouse en Filosofía e Letras na Universidade de
Santiago. Exerceu como mestra no Ensino Primario e na Educación
Infantil. Tamén colaborou coa revista Vagalume.