Os alumnos de 5º A colleron ao chou dúas palabras galegas que xuntaran previamente entre todos. Cada un irá inventando un texto no que aparezan, dalgunha maneira, esas dúas palabras dadas. Iremos poñendo as súas creacións nesta entrada, segundo as vaian elaborando, acompañadas dun debuxiño axeitado, tamén feito por eles.
A FONTE MÁXICA
¡POR FIN LIBRE!
Había un cadeliño moi pequeno ao que
levaron onda unha familia moi rica polo capricho dun neno pequeno que
sempre desexara ter un.
O cadeliño pasábase as horas xogando
co neniño, pero cada noite antes de durmir, recordaba con morriña o
seu antigo fogar. Era o bosque. O cadelo amábao, alí revolcábase
na herba e nas follas caídas que levaba o vento.
O cadeliño cansado da súa vida,
decidiu escapar. Aquela mesma noite, xa marchou; aproveitando que a
cancela estaba aberta, fuxiu cara ao monte. Á mañá seguinte, xa
estaba no bosque.¡Por fin libre!
LUIS
A
ABELLA
A abella é un insecto é os insectos son animais. Pode voar. Ten un aguillón. É de cor amarela e negra. Fabrica o mel. Axuda á polinización das flores.
A BOLBORETA E O COELLOA abella é un insecto é os insectos son animais. Pode voar. Ten un aguillón. É de cor amarela e negra. Fabrica o mel. Axuda á polinización das flores.
DIEGO
Un coello gastoulle unha broma á
señora bolboreta. A bolboreta foi chamar á araña. A araña pensou
e pensou e tivo unha idea. Chamou aos seus fillos e teceron unha
arañeira. O coello quedou enredado e a bolboreta non paraba de rir.
O coello e a bolboreta foron máis amigos desde aquela.
MEHDI
A FONTE MÁXICA
Un día na praza de
Pontedeume, un rapaz chamado Carlos lanzou unha moeda á
fonte e pediu un desexo. Unha hora máis tarde, aquel desexo
fíxose realidade, e o rumor da fonte máxica esparexeuse coma
o vento. Houbo unha persoa que quixo desexar ser o rei, pero
a fonte non o fixo realidade porque lle vía moi malas
intencións. Entón intentou destruila cunha bomba, pero os
axentes conseguiron parar a conta atrás. Despois duns días,
atoparon ao que puxo a bomba e detérono. E todos viviron
felices e comeron perdices.
ROI
O
GOLFIÑO
Había
unha vez un golfiño que vivía moi
feliz no mar. Un día pasou por alí un barco pesqueiro e o golfiño
enredouse na rede. Caeu un lóstrego e comezou a chover. O golfiño
pensou que era o seu fin. Pero, por sorte, un neno liberouno.
DANIEL
A ROUPA VELLA
O domingo despertoume
unha chamada de Manoliño, dicía que fora á súa casa. Cando
cheguei, díxome que tiña unha sorpresa para min: que me invitaba a
cear roupa vella. Pasoume pola cabeza comer calcetíns rotos.
Manoliño contoume que a súa avoa cociñaba comida coa carne que
sobraba do cocido. Despois de cear fun para a casa.
Cando cheguei á casa, dixenlle á miña nai que ao día seguinte eu quería roupa vella; pero non me entendeu, e o luns fun ao colexio con zapatos furados, camiseta rachada e pantalóns moi rotos. ¡Foi un día penoso! Cheguei á casa e para comer... roupa vella. ¡Que delicia!
SANTI
Cando cheguei á casa, dixenlle á miña nai que ao día seguinte eu quería roupa vella; pero non me entendeu, e o luns fun ao colexio con zapatos furados, camiseta rachada e pantalóns moi rotos. ¡Foi un día penoso! Cheguei á casa e para comer... roupa vella. ¡Que delicia!
SANTI
O REI DOS MONOS
Érase unha vez un rei mono que desexaba un trono de ouro puro, pero os seus súbditos non sabían onde atopalo. Así que o rei cansouse de esperar e dixo:
-Quero que vaiades a unha mina, e dáme igual o que tardedes, e se non encontrades ouro, ide a outras minas ata que o atopedes.
E así se fixo: trinta e catro súbditos saíron en busca dunha mina. Pasou un ano sen ter noticias deles e o rei, pouco satisfeito, agarrou polo pescozo a un súbdito e preguntoulle:
-Como é que tardan tanto en vir?
E o súbdito respondeulle:
-É que as minas son moi inestables e poden derrubarse con facilidade.
Pasou outro ano e volveron, pero sen ouro. Cansos e enfadados, colleron ao rei mono e botáromo fóra do reino. E todo por ser egoísta, mandón e por pensar nas riquezas en vez de preocuparse polos súbditos.
DAVID CORTÉS
DAVID CORTÉS
CARMIÑA, A XOANIÑA
A
xoaniña máis pobre do reino chamábase Carmiña.
Un
día normal e corrente, Carmiña decidiu ir a xunto do rei a pedirlle
axuda financieira. Pero o rei, negandose, díxolle a Carmiña:
-Se
es pobre como ti dis, ¿como é que es tan educada sen recibir
educación ningunha?
Carmiña contestoulle:
-Señor,
é que eu son moi lista.
-Se
es tan lista como dis, dime: ¿que tempo fará maña?
-Choiva,
señor, mañá choverá.
Ao
día seguinte, tal e como dixera Carmiña, choveu. O rei chamou a
Carmiña e díxolle:
-Ti
casarás co meu fillo.
E
así foi como Carmiña casou co príncipe Bolboreta e todos foron
felices.
EVA
Un día, dous
amigos decidiron ir ao bosque para coller cogomelos. Un deles chamábase Marcos
e sempre estaba rindo. Tiña dez anos. O outro, Pedro, tiña sete anos.
Cando Marcos ía coller un cogomelo, sen querer tropezou nun pau e caeu
encima del. O cogomelo empezou a medrar e tamén lle saíu unha boca enorme cuns
dentes moi grandes, uns ollos pequenos de cor vermello, dous brazos xigantes e
unhas pernas moi longas.
Os dous amigos cando viron iso, empezaron a correr do medo que
tiñan. A Marcos borróuselle o sorriso da cara. Pedro tropezou nunha pedra e
caeu de fuciños e Marcos intentouno levantar do chan. O cogomelo estaba detrás
deles para intentar comelos. De súpeto,o cogomelo esvarou nun charco e foi
parar contra unha árbore que tiña espiñas. Os dous amigos non deixaron de
correr a todo meter. Marcos virou a cabeza e viu o cogomelo espetado. Pararon
para coller alento, e despois seguiron ata as súas casas.
Nunca máis volveron falar dese día.
SAMUEL
O CAZADOR E O XABARÍN
Un día un xabarín foi comprar cenoiras, pero non había. Quixo comprar peras, pero non había. Entón non puido comer. E pensou: - Que vou comer?
Entón viu un señor que tiña uns chourizos, pero era un cazador. E dixo:
- Vou matar ese xabarín.
O xabarín correu ata un monte e o cazador caeu a un río, e dixo:
- Xa non vou matar ningún xabarín máis.
SERGIO
LOLA E A SÚA TIXOLA
caeu na tixola de Lola
e a bola da tixola
era para unha merendola
do fillo de Lola
que era unha tola
e sempre falaba sola.
ADRIÁN ROCHA
Érase
unha vez un neno chamado Juanjo que foi de vacacións a Xamaica,
porque quería coñecer países novos.
Un
día xogaba ao fútbol cuns nenos xamaicanos. Como estaban xogando na
cima dunha montaña, escapoulles o balón para o outro lado. Juanjo
dixo que o collía él. Comenzou a ir cara abaixo polo medio do
bosque. E deuse conta de que estaban nun volcán. E o balón quedara
nunha roca con forma de cadeira. Juanjo quedou abraiado, pero con
medo de que entrara en erupción. Colleu o balón e seguiron xogando.
ALBERTO
O NENO GORDECHO
HabÍa unha vez, un neno moi gordecho que se chamaba Cosme. El comía moito e o que máis lle gustaba era o xamón. Sempre que ía ao médico, dicíalle:-Cosme, tes que comer menos xamón e comer cousas mais saudables combinadas cun pouco exercicio cada día.
Cosme nunca lle facía caso ao doutor. Pero un día pola noite, decidiu facer o que lle dicía o doutor.
Ao día seguinte pola mañá, dixo:
-Como non podo almorzar, xantar nin cear xamón, tomarei un vaso de leite.
Despois de tomalo, saíu ao xardín para andar na bicicleta.
Así fixo durante uns dous meses e daquela volveu ao médico e díxolle o doutor:
-Cosme, moi ben, por fin fixeches o que che dixen. Xa podes volver a comer xamón pero con pouca frecuencia, e xa podes parar de facer exercicio na casa, xa che chega con facelo na escola.
E Cosme dixo:
-Non, antes aburríame todo o día no sofá comendo xamón e vendo a tele sen facer nada. Ademais, o xamón xa me cansei del de tanto comelo. Agora síntome moito mellor.
MARIO
DOUS XEMELGOS
ían pola fraga.
Pola fraga,
ían dous xemelgos.
Facía un día moi caloroso,
tanto que se empezaron a cansar.
Pararon nunha árbore,
e empezaron a pensar.
Onde estamos?,
empezáronse a preguntar.
Seguiron andando,
e despois dun cacho,
viron algo ao fondo.
Era a casa da súa avoa,
preto dunha bonita lagoa.
Foron ata á casa da súa avoa,
e vírona por unha ventá,
estaba na cociña,
tomando unha mazá.
ANTÍA
UNHA CADELA MOI LISTA
Érase unha vez unha cadela que quería agochar un óso para que ningún can llo atopase. Comezou a dar voltas arredor do xardín, buscando onde escondelo.
- Xa sei – pensou a cadela-. Esta árbore é ideal. Farei un burato e aquí o meterei.
E así o fixo, gardouno naquel lugar ben agochadiño e ningún can soubo xamáis do seu óso, nin do seu segredo.
UXÍA
O SENTIMENTO DE PABLO
Érase unha vez un home moi valente chamado Pablo, que ía camiñando por un monte de Xapón chamado Fuji. Pablo ía paseando e, de repente, atopou unha serpe, pero non parecía normal. Pechou os ollos e, sen darse conta, mirou cara abaixo e a serpe desapareceu. Pablo impresionouse e saiu do monte, e nunca máis volveu atopar serpes na súa vida.
ELENA
O DESAPARAFUSADOR INTELIXENTE
Había unha vez un desaparafusador que, cando o seu dono habría a caixa de ferramentas, preguntaballe: -¿Que traballo me toca facer hoxe?
Todo o mundo se asombraba, ese desaparafusador falaba, e a xente comezou a pelexar por el. Saía a pasear : uns días o dono deixáballo a un veciño, outro día a outro e así ao longo dos días, ata que ao final o desaparafusador, esgotado de tanto falar, convertiuse nunha ferramenta normal. O cansazo da xente acabou, xa nínguén quería ese desaparafusador.
E durmindo na caixa de ferramentas quedou, tendo agora unha vida mellor.
LARA
O MEU PAXARO
Hai moito tempo, unha nena chamada Carla pasou por diante dunha casa moi bonita. Acercouse máis e atopou un paxariño nunha gaiola. O paxariño tiña unha patiña malferida. Cando foi para a súa casa, era de noite. Pensaba no paxariño e dáballe pena. Pola mañá foi pasear polo mesmo sitio da véspera e soubo que os donos da casa foran de vacacións dous anos, deixando o paxariño só. Entón colleuno e levouno. Na súa habitación púxolle unha venda na pata ferida e despois deulle de comer e de beber. Quedou repousando unhas semanas. Deuse conta de que o mal do paxariño non era a súa pata, senón a profunda morriña de non volver onda súa nai e voar libre. Polo que non dubidou nin un momento en abrir a gaiola e deixalo por fin en liberdade.
LUCAS
¡QUE CABECIÑA!
Érase unha vez un neno que tiña un problema: non era capaz de aprender os temas dos exames, nunca se acordaba. Un día o seu mellor amigo dixolle: -Tes que estudar máis sen distraerte.
Ao outro día empezou a estudar, sentouse na cadeira e preguntouse a si mesmo a lección. Entón puxo a man na testa, estudou máis e deuse conta de que non se lle esquecía. Ao día seguinte no exame, ao rematalo, a mestra deu as notas, e estudara tanto que sacou un dez.
MARTÍN
O CALZADO QUERE XOGAR
Había unha vez un neno que tiña un calzado moi bonito. Sempre ía xogar con el, pero un día descubriu que os zapatos eran máxicos. Cando xogaba, eles corrían sós.
IVÁN
39 comentarios:
Que divertido, e un contiño fermoso.
Gustoume o conto.
Moi bonito peto faltan maIs
Son moi bonitos,pero ainda faltan mais,seguro que son tamen asi de bonitos.
Que bonitos son estes contos, espero que fagades moitos mais
Maña espero que subades mais que son fermoso.
como molaaaaaaaaaaaa
Son todos moy graciosos e divertidos pero aínda faltan maís da metade deles
e eu xa sei como van a ser case todos os que faltan e asegurobos que van a ser tamen moi divertidos
Moi bonitos pero o neno gordecho de quen é?
O do neno gordecho é de Mario.
si,e o meu
Que guais , a ver se nos tamen facemos algo e o colgamos no bloc.
ESTAN TODOS SUPER CUHLOOOSSS
Que bonito é o de Lucas,encantanme todos.
Cantos contos agora xa hay moitos mais.
como molan estan chulisimos!:)
Haber si nos espabilamos un pouco e poñemos algo porque...
xa faredes cousas chulas vos tamen
Molar, molan mogollón, pero... Hai tan poucos nenos nesa clase...? Boto en falla algúns que quixera ler e de seguro que están aínda escondidos entre os miolos dalgúns rapaces.
Noraboa rapaces!!,a vosa mestra TiVo unha idea xenial..e grazas a vos o traballo merece a Pena.
Seguide animandovos,que ainda quedan moitos.
A verdade é que quedarón todos fermosos.
A ver se facemos máis.
SI,AÍNDA QUEDAN MÁIS
Siiii Mario tes razon xa puxemos os esqueletos mais as cabazas.
si e molan moito
A min o que mais me gusta e a poesia de Adrian Rocha.
Precisos!!!
si son superr .. eee bonitos
Son...FERMOSOS
Edita non sube porque moita xente non os fixo
É verdade moita xente aínda non o fixo, enton Edita non pode subir nada.
no texto de "lola e a sua tixola" esta moi ben pero a ultima palabra esta en castelan porque non seria sola(aínda que sei que é para que rime)pero seria soa
que conste que non he por facer unha critica jaja é por axudar
Luzzy, moi boa observación, tes razón; pero esa "licencia poética" pódese permitir. A ver se atopas tamén os falliños do teu comentario... Eu vexo máis de dez!
Gustaronme moito as palabras dadas¡¡¡¡
son fermosos
Ten razón Santi son fermosos!:)
Gustanme todos os comentarios pero un que escribiu Mario ten unha falta de ortografia bastante gorda porque en galego non esiste a Y e Mario escribiu moy e é moi.
Todos son moi chulos ;)
Encantame todos os novos son moi chulos.Espero q fagades alguns maiss .
Publicar un comentario