(Imaxe baixada de internet) |
¿Xogamos a ser xornalistas?
Os alumnos de 5ºA, en grupos de tres, redactaron noticias de mentira.
STEGOSAURUS
ATACA
Os
científicos fan que cobre vida un fósil de
Stegosaurus,
que
arrasou toda a cidade.
Onte
no laboratorio de MIAMY,
uns científicos déronlle vida a un fósil de STEGOSAURUS,
que destruiu toda a cidade. Orixinouse por unha radiación química
no laboratorio, e a única maneira de detelo era arranxar o raio
fosilizador, que converte os seres vivos en fósiles. Pasaron horas e
horas e conseguirono, conseguiron fosilizar o STEGOSAURUS.
Hoxe
xa están empezando coas reconstruccións de MIAMY
e
os científicos teñen restrinxido o acceso ó laboratorio.
19
de febreiro do 2013
UNICORNIOS EN CALIFORNIA
Nun laboratorio de California
atópase un medicamento que converte as persoas en unicornios.
Onte, (18 de febreiro de
2.013) os científicos dun laboratorio de California elaboraron un medicamento
que converte as persoas en unicornios (animais mitolóxicos). As persoas xa o
están empezando a usar, xa que a acción dura tan só tres horas e non ten posibles
efectos adversos. Chámase “Unicornio Potion”.
Está tendo moito éxito porque
as persoas desexan voar coma unicornios.
LA VOZ DE AME, 19 de febreiro de 2.013.
ATRACARON DE NOVO
Onte, as 10:00 da noite,
os alieníxenas volveron atracar o Banco “Santander” (Miño).
Os alieníxenas atracaron
por segunda vez no Banco Santander da turística localidade de Miño. Houbo cinco persoas feridas. Roubaron
9.000.000 €. Tamén intentaron secuestrar a unha nena de tan só 5 meses. A nai da pequena, moi valente, impediuno, pero leváronlle todos os cartos que tiña na carteira. A policía chegou media hora
máis tarde, polo que os alieníxenas xa fuxiran.
O COCHE QUE PODE IR POR
DEBAIXO DA TERRA
Este tipo de coche do futuro será unha auténtica
revolución, porque poderá ir por debaixo da terra ata 200 metros de
profundidade.
Un coche, que poderá circular por debaixo do solo, sairá no 2.020. Ten
2.000 cabalos de potencia. Está formado por dous taladros, situados polos
lados. Funciona a gasolina. Leva asentos de coiro, cinco portas, dous volantes
de pel de corzo e un mp3 incluído, no que cantas unha canción e ponche un ritmo
adecuado. Dispón de dez marchas e poderá chegar aos 600 km por hora.
Será fabricado en China, pola empresa de Terrier. Venderase nos
mercados de China, América, Europa e Xapón por 1.000.000 de euros.
ENCONTRO CO DINOSAURO MISTERIOSO
O dinosauro encontrado tiña un tipo de xema no cranio e
chamárono RACNOR.
Este dinosauro foi atopado polo arqueólogo Dimondi e o seu equipo Os
Cometas. Descubriron un dinosauro cunha xema na cabeza. Cando saíu á superficie,
a xema fixo que cobrara vida, e así foi como destruíu a metade de Estados
Unidos. Onte pola noite, como non había luz solar, a xema deixou de brillar e o
dinosauro volveu a ser un esqueleto. A xema foi destruída, e Dimondi con ese
esqueleto farase rico. Hoxe mesmo empezarán as obras de reconstrución do país.
Voz Unida, 21 de febreiro de 2013
(CONTINUARÁ)
13 comentarios:
probade a entrar na web do cole e mirade en profesorado e mirade se encontrades unha errata E BASANTE GRANDE!
¿Será que están intercambiadas as titorías de dúas mestras? Avisarei para que o arranxen. Grazas.
Claro profe,ese e a gran errata .De nada so era para axudar
e verdade eu xa vin a errata,e moi grande espero que a cambien pronto
Vou miar a ver se xa o arranxaron
non ainda non o arranxaron
a verdade e que e unha falta bastante gorda pero pronto se correxirá
Pero se xa está arranxado...!
Que guay que esta semana os nenos/as de 5º temos unha excursión!
Gustame a voz unida.
Que noticias mais interesantes!! noraboa aos que as fixeron.
A verdade e que son unhas noticias interesantes e preciosas!
Me gustan as noticias tedes moita imaxinacion
Publicar un comentario