sempre sairá o Sol.
Aínda que neve,
sempre volverá a calor.
(Imaxe baixada de internet) |
Aínda que te vaias
sempre te levarei no
corazón.
Aínda que me deixes,
sempre aquí estarás.
Aínda que o mar nos
separe,
sempre te esperarei.
Aínda que nos separe o
océano,
sempre estarei ó teu
lado.
Aínda que estea morto,
sempre te quererei.
As rosas son caramelos,
(Imaxe baixada de internet) |
as margaridas, coma o mel;
as violetas, coma os teus
ollos
que brillan sen querer.
Os teus ollos son coma a
terra,
as túas mans, coma o pan;
o teu cabelo é coma a
seda,
a túa pel, suave coma
unha ovella.
As túas pernas son de
algodón,
brancas coma unha noite de xiada.
No mundo hai países,
nos países hai provincias
e nas provincias, cidades.
Nas cidades hai escolas,
(Imaxe baixada de internet) |
nas escolas hai clases,
nas clases hai alumnos
esperando o sol do verán.
No encerado hai oracións,
nas oracións hai frases,
nas frases hai palabras
e nas palabras hai letras.
E así sempre...
Nos meus ollos hai bágoas,
nas miñas bágoas hai
amor,
no meu amor estás ti
e para ti son os meus
ollos.
Non quero traballar na
horta,
mancharíame sen parar.
(Imaxe baixada de internet)
|
Non quero traballar no
mar,
mollaríame sen máis.
Non quero ser cociñeira,
cortaríame sen cesar.
Non quero facer nada,
mellor estou deitada.
O paxaro xa
non voa
porque ten
unha á rota.
O peixe xa
non nada
porque o mar
quedou sen auga.
A árbore non
ten follas,
caéronlle no
outono todas.
(Imaxe baixada de internet) |
¡Vaia día!
Estou saltando de alegría.
Estou cantando coa miña
prima.
¡Vai día!
Estou comendo coa miña tía.
Estou xa farta de
sardiñas.
¡Vaia día!
(Imaxe baixada de internet) |
Onte había bochorno.
Hoxe xoguei coa neve.
Mañá haberá temporal.
¡Ai que tempo máis rebelde!
O outro día, en Carballo,
vin o arco da vella.
Onte a chuvia aceda
estragou as leiras.
está todo anubrado.
Mañá seguro haberá
unha tormenta no mar.
E a semana que vén,
disque vai orballar.
¡Este tempo está moi mal!
Na praia vai moito sol.
A chuvia é auga do mar.
A sarabia, cubiños de xeo.
Os lóstregos son moi fermosos
pero tamén perigosos.
Non xoguéi por culpa do trebón.
Un tifón arrasou a casa dos avós.
A néboa non nos deixa ver
e os faros do coche temos que acender.
fala de raios e tronos.
Tamén se fala
de que virá a tronada.
En Galicia hai chuvascada.
Haberá calor no resto de España.
Un tornado desfixo Sada.
Vai frío na miña casa.
Non abre a porta coa neviscada
ALUMNOS DE 5º A
9 comentarios:
Quedaronnos bastante ben para ser as primeiras que fagamos.
si, é verdade quedaronnos moi bonitos
Gustanme moito os poemas que fixestedes, quedaronbos fermosos,moi alegres e sobre todo divertidos jajajajaja:D
Sí,a verdade é que nos quedaron bastante ben
A min encántanme ,a verdade é que vos quedaron chulísimos.
Si nos quedaron a todos moi chulos ;)
son un poco cortos pero preciosos
A MIN GUSTAME MOITO TODOS.
A MIN ME GUNTA MOITO TODOS, QUEDARON MOI BONITOS.O VOSO AMIGO JORDAN.
Publicar un comentario