(Imaxe baixada de internet) |
Inspirados no libro de Agustín Fernández Paz, CONTOS POR PALABRAS, que acabamos de ler, elaboramos por grupos estes anuncios, con imaxinación e sentido do humor.
*Cambio Galicia por Hawai. Non é culpa miña que chova.
*Vendo mina por 100.000 €. Unha ganga. É de lapis.
*Presto profesora. Tranquilizantes incluídos.
*Vendo fermosa pola gorda. Só ten un defecto: non pon ovos.
*Búscase persoa especialista en tinguir roupa. Sobresoldo se se presenta cun calamar xigante.
*Presto bicicleta sen rodas. Única condición: devolver coma nova.
*Vendo coche sen volante para que non te estampes. 100 % seguro, sempre vai recto.
*Ofrezo nada por todo. Por todo o que queiras, non te queixes.
*Vendemos televisor antigo. Como non ten canais, pódesllos poñer ao teu gusto.
*Cambio mono por un plátano de Canarias. Aviso: non se devolve.
*Vendo cinco pavos por cinco pavos.
*Búscase adestrador de salsas bravas. Coidado co tabasco, pode poñerse agresivo.
*Desesperado busca licencia para castigar á mestra. Pásase moito cos deberes.
*Ocasión única. Vendo casa por un euro. Son demasiado nugallán para poñerlle os ceros.
*Presto coches
cochos. Limpacristais e trapos incluídos.
*Ofrécese can desde
as dúas ás catro da tarde. Importante: traer bolsa para recoller o
agasallo diario.
*Cámbiase oso por
peluche. Aconséllase sacalo da casa a media mañá. Non me fago
responsable dos seus actos.
*Véndese boli de
catro cores superespecial: tres deles non van.
*Presto coche asqueroso. Devólvesmo cando estea limpiño.
*Véndese anciá.
Coidado que non caia, é de porcelana.
*Ofrezo cabalo. Moi
bo de manter, é de pau.
*Cambio tres Monsters
por coche de calquera marca, tamaño ou cor. Iso si, non se admiten
devolucións.
*Presto medo. Asusta.
*Precísase canguro con experiencia para entreter á mestra.
*Ofrezo xardín abandonado para que practiques xardinaría, ata que estea perfecto.
*Vendo clase. Coidado
cos nenos.
*Cambio cabalo por coche. Non intentes botarlle gasolina.
*Vendo pedra como
animal de compañía estupendo: non dá ningún traballo e non come.
*Ofrezo libro sen
letras, para que o escribas ao teu gusto.
*Véndese ordenador sen memoria. Perfecto para adestrar a túa.
*Ofrécese traballo
de limpacristais. Non pagamos seguro médico, pero prestamos muletas
usadas.
*Cambio coche por ambulancia para saltar os semáforos.
*Búscase profesor de
inglés para Ana Botella. A poder ser, profesional.
ALUMNOS/AS DE 6º A
4 comentarios:
que interesante estos anuncios por palabras
me gustan moito os anuncios en palabras
¡Ola Mehdi! ¿Que tal estas por alí?
:)
¡Ola Medhi!!! ¿Que tal estás?
Publicar un comentario