A
LISTURA NON VAI POR TAMAÑO
(Imaxe baixada de internet) |
Unha
mañá, o elefante dou o seu paseo matutino. Encontrou un sapo e
empezaron unha conversa:
-Ola,
que tal, don Elefante?
-Non
che vou falar, don Sapo. A miña mente non quere falar con persoas
parvas.
-Eu
non son parvo! Demóstrocho?
-Como
queiras. A ver... xa sei! A ver quen conta antes cantos nenúfares
hai no lago. Veña xa!
-Xa
o sei, 125 -dixo rapidamente o sapo.
-Vale...,
és listo.
Non
é máis listo o máis grande, senón o máis áxil.
Antía
O
SAPO E O ELEFANTE
(Imaxe baixada de internet) |
Un
día, nunha selva Africana, paseaba un sapo moi presumido. O sapo
estaba alegre, pero non ía tranquilo xa que lle tiña moitísimo
medo aos elefantes. Sin coñecelos, pensaba que eran moi malos
animais. Con tan mala sorte, que o sapo pisou un formigueiro, e pegou
tal salto, que acabou no lombo dun elefante que andaba por alí.
O sapo, morto de medo, non sabía como
baixar. Pero o elefante, moi amable, estirou a súa trompa, colleu con
ela ao sapo e baixouno ao chan sen facerlle mal ningún. ¡Que medo máis tonto
pasei! Pensando que me aplastaría e axudoume sen facerme dano.
En moitas ocasións, pensamos mal das
persoas sen coñecelas, e
para pensar mal de alguén, hai que coñecelo ben.
Lara
UN
RAPOSO E UNHA GALIÑA
Hai
moitos anos, nunha granxa había moitas galiña e cada noite,
desaparecía unha. O dono non se daba
conta de que faltaban porque
había moitas.
(Imaxe baixada de internet) |
Co
paso dos días, o dono deuse conta de que lle faltaba a súa galiña
favorita, e pola noite estivo vixiando, pola ventá, cunha escopeta
de balas. Viu un movemento nun arbusto e pensou que era o raposo; ía
disparar, pero do arbusto... saiu o seu can, e deuse conta de que por
pouco o mata.
Logo
viu o raposo e deixouno a ver que facía. O raposo foi directo á
corte onde estaban as galiñas e comeu unha, pero quedou con fame e
cando ía comer outra... zaaaas, o dono pegoulle un tiro na testa, e
matouno. Despois comprou máis galiñas.
Hai
que andar con coidado, non é bo fiarse de calquera.
Uxía
(Imaxe baixada de internet) |
A GALIÑA ASTUTA
Unha vez unha galiña moi
vella estaba paseando por fóra do curral. Entón un raposo famento
pasou cerquiña dela. Cando a viu, intentou esconderse dentro do
curral, porque así podería atrapala cando se fixese de noite. Ao
entrar tan apurado, o raposo pisou un ovo. Nese momento a galiña
deuse conta de que a estaban observando. Entón ocorréuselle facer
unha galiña de mentira sen que o raposo se enterase. Fíxoa de
madeira e polo exterior pegoulle plumas tiradas no chan. Cando xa era
de noite, o raposo foi pola galiña de mentira. Cando a ía morder...
¡trassss!. Rompéronselle todos os dentes. O raposo ao ver que o
enganou, saíu correndo. E a galiña quedou tan contenta polo seu
triunfo.
Isto trata de que a
astucia vale máis que a forza física.
Samuel
1 comentario:
que fermosos e educativos
Publicar un comentario