(Imaxe baixada de interenet) |
A TENDA ENCANTADA
Na miña cidade hai unha tenda moi famosa.Todo é moi agradable, dende os empleados ata a publicidade, pero... un neno contoume que pola noite aparecían pantasmas. As pantasmas destrozan e rouban cousas. Cando chegan os empleados, recollen todo. ¡Pero non ten por que ser verdade!
MARCOS
(Imaxe baixada de internet) |
O OUTONO E AS CASTAÑAS
Dende a casa dos meus avós, vexo pasar o outono. Chegou o frío e o vento, e unha manta de follas secas cobre o chan.
Sentados na lareira, arredor da estufa de leña, poñemos as castañas a asar mentres vemos como arde o lume a través da porta de cristal, para despois comelas quentiñas.
ALEJANDRO
(Imaxe baixada de internet) |
A COMPLICACIÓN DE TER NENOS
A miña tía pasouno moi mal para conseguir ter a miña prima: estivo internada no hospital moito tempo e despois tivo que estar en repouso na súa casa sen facer nada.
E con todo iso, a nena naceu antes de tempo e moi pequeniña. Estivo un mes na incubadora, pero é unha nena preciosa. Aínda que o pasaron moi mal, agora están encantados.
SUSI
(Imaxe baixada de internet) |
UN DÍA DESASTROSO
Un neno foi pescar ao río co seu pai. Estaba moi ilusionado porque nunca fora de pesca .
Cando chegaron ao río, o seu pai explicoulle como se pescaba un peixe .
O neno estaba moi nervioso e cando se moveu un pouco a cana, empezou a recoller coma si estivese tolo. Pero ao final só traía unha morea de paus e follas. Volveu lanzar e enganchou unha póla dunha árbore.
O neno estaba moi desilusionado. De repente, esvarou e caeu ao río. Cando se levantou, foi correndo ao coche chorando, pero volveu caer, esta vez na lama, e ao final tiveron que marchar.
DANIEL
(Imaxe baixada de interenet) |
GATIÑO PERDIDO
Cando vin ese gato na beira do río, preocupeime e decidín levalo para a casa.
Ao chegar, miña nai díxome que vira os anuncios de perdido, e...como debía ser, entregueino ao seu dono ao día seguinte.
¡Qué ben me sentín !
A VERDADEIRA AMIZADE
Por fin entendía o que significaba a amizade. Había pouco que se coñeceran e tiñan cousas en común. Para elas a amizade era un estado de completa felicidade. Entre elas contábanse as súas vivenzas, apoiábanse, axudábanse, sentíanse respaldadas unha ó lado da outra.
Era verdadeira amizade, algo que non se pode expresar con palabras, porque é un sentimento moi especial.
ALEJANDRO
O DESEXO DO NENO
Relaciónase cada vez máis cos nenos da clase dende que pediu o desexo á fada. Pediuno un día cando encontrou unha variña máxica no bosque. Viu unha fada e pensou que a variña máxica era dela. Por devolverlle a variña, a fada fixo realidade o desexo do neno de ser máis popular.
INÉS
Fora unha broma da súa nai o de poñer os fantasmas qe se moven para asustar ao seu fillo. Cando o neno os veu, botou a correr pola casa, e ía dicindo qe a casa estaba encantada, ata qe descubriu que a súa nai fora a culpable.
(Imaxe baixada de internet) |
¡UN XOGO MARABILLOSO!
Relaciónase cada vez máis cos nenos da clase porque ao fin encontrou algo que lles gusta a todos: ¡xogar ao fútbol! Dende entón sempre xogan todos xuntos.
MARCOS
(Imaxe baixada de internet) |
O NENO MAGO
Todos quedaron en paz cando a guerra acabou grazas a un neno moi bo. Ese neno era un mago que odiaba as pelexas e que, cun feitizo, conseguiu que parara. Dende entón non se fixeron mais guerras nese país.
INÉS
UN DÍA NOS KARTS
(Imaxe baixada de internet) |
Un día fun ao circuíto de karts de Ourense con meu irmán David. Cando nos subimos aos karts, os dous decidimos botar unha carreira. Quen perdese tiña que invitar ao outro a unha comida. A carreira era de tres voltas e os dous queriamos gañar, pero eu tiña un coche algo máis rápido e el non o sabía.
Deron o sinal e eu saín primeiro, anque a poucos metros. O que tiña pensado era coller as curvas pechadas para conseguir máis distancia. Ao final gañei, e deime un bo festín.
DANIEL
(Imaxe baixada de internet) |
A CASA ENCANTADA
Fora unha broma da súa nai o de poñer os fantasmas qe se moven para asustar ao seu fillo. Cando o neno os veu, botou a correr pola casa, e ía dicindo qe a casa estaba encantada, ata qe descubriu que a súa nai fora a culpable.
LUCÍA
O HOME DO SACO
(Imaxe baixada de internet) |
Daba medo a historia que me contou o meu tío. Trataba dun home que ía cun saco recollendo nenos pola rúa. Unha vez colleu un neno con moitos cartos encima, pero a cousa é que deixou os cartos no chan. O que facía cos nenos era levalos para outro país.
NACHO
(Imaxe baixada de internet) |
MALA SORTE
Quedou feito anacos o xarrón que lle regalaron a miña nai cando casou. Está moi triste. O meu pai intentou comprar outro pero non había un igual. O da miña nai era con flores, e o que ía mercar el tiña cadrados. Agora temos que poñer, en vez dun xarrón, unha cunca chea de adornos.
NACHO
(Imaxe baixada de internet) |
A BROMA DA NAI
- ¡O inverno é para xogar! – dixo un neno aos seus amigos.
Era inverno e estaban xogando coa neve. Os rapaces pasábano xenial. De repente, un boneco de neve, que acababan de facer, empezou a moverse. Os nenos fuxiron, pero volveron e déronse conta de que fora unha broma da súa nai.
(Imaxe baixada de internet) |
¡QUE SUSTO!
O maior susto que levara na súa vida ata agora fora cando o seu amigo Xosé lle gastou unha broma. Un día de noite levantouse e foi ao faiado porque oíu uns ruídos raros. Xosé puxera unhas pantasmas e uns esqueletos de mentira. Saíu correndo de alí aterrorizado. Pero onte, na rúa, aínda se asustou máis porque viu un home lobo. Espero que non fora de verdade.INÉS
27 comentarios:
Que ben quedaronos relatos breves. Moi chulos.
Oxalá pongan outros pronto.
Que bonitos os relatos.
Felicitobos!
Eu non teño ningun preferido gústanme todos.
Os relato????? preciosos¡¡¡¡¡
un man jar esquisito
Son todos moi bonitos.Canto traballo fixechedes!
Son todos moi fermosos.
Que ben puxeron outro microrelato de Inés.
Encantanme estos microrelatos son moi divertidos.
EL DE DAVID ES UN RELATO CORTO MUY BONITO Y EL DE ALEX TAMBIEN.
Puxeron dous microrelatos novos. Fermosos.
Non paran de poñer microrelatos agora hai un novo.
Estos microrrelatos gústanme moito, ¡boa idea!
Hay un microrelato novo.
O que ´máis me gusta é o de ...
Estou mentindo, gústanme todos!
Todos divertidísimos, ¿pero o de Dani é verdade?
Encántame a idea, de veras, é moi , non sei, divertida.E que a idea, a dos microrrelatos, é moi divertida.
Son moi bos os microrrelátos, encántanme, non é mentira!
Todos son moi divertidos,interesantes e fermosos.
Gustanme todos , moitas grazas por compartilos!
está moi ben o de ¡Un xogo marabilloso¡
Pobre nai quedou sen o xarrón,pobreee!
Que mala sorte tivo a súa nai.
Están nesta entrado os dous microrelatos que substituiron arriba.
E moy BONITO OS FANTASMAS
Gústame o último relato, o do home lobo.Eu creo que o home lobo era Xosé, porque era parte da broma del, ¿non sí?
Publicar un comentario