(Imaxe baixada de internet) |
O día dos namorados, o 3º ciclo de Primaria viaxou a Lugo. Á volta, nos días seguintes, na aula, en pequenos grupos, os alumnos plasmaron por escrito a experiencia vivida. Escollemos a mellor redacción de cada clase para publicar nestra entrada. Picando aquí veredes algunha foto da viaxe.
Los niños de 5º y 6º fuimos de excursión a Lugo.
Nos llevaron a una carpa en la que vimos como vivían los romanos. También visitamos las murallas, la catedral y una terma romana.
Luego fuimos en un bus urbano a un centro comercial para comer. Más tarde, para hacer tiempo, nos dejaron andar por el centro. De allí, salimos sobre las cuatro para venir a Miño.
Nos impresionó lo grande que era la catedral, y nos preguntamos como resistieron tanto las murallas. Aprendimos como vivían los romanos.
¡LO PASAMOS GENIAL !
EXCURSIÓN A LUGO.
(Imaxe baixada de internet) |
Nos llevaron a una carpa en la que vimos como vivían los romanos. También visitamos las murallas, la catedral y una terma romana.
Luego fuimos en un bus urbano a un centro comercial para comer. Más tarde, para hacer tiempo, nos dejaron andar por el centro. De allí, salimos sobre las cuatro para venir a Miño.
Nos impresionó lo grande que era la catedral, y nos preguntamos como resistieron tanto las murallas. Aprendimos como vivían los romanos.
¡LO PASAMOS GENIAL !
Patricia, Silvia e Ismael. (5º A
EXCURSIÓN A LUGO
(Imaxe baixada de internet) |
A viaxe foi moi longa, pero valeu a pena. Cando chegamos, dividímonos en grupos, e ao noso tocoulle ir primeiro á Muralla de Lugo. Aínda que chovía, non importaba porque era moi bonita. Pero ao chover, non puidemos recorrer a Muralla enteira e tivémonos que refuxiar na Catedral. ¡Era preciosa!
Despois fomos a unha exposición chamada Romanorum Vita que representaba unha rúa e unha casa moi chula.Vimos dúas audiovisuais do tempo dos romanos. Explicáronnos todo o que facían e os sitios a onde ían: baños, tendas, restaurantes...
Despois da exposición, fomos ao centro comercial de As Termas nun bus urbano. ¡Ía cheo! Cando chegamos, sentamos nunha sala de descanso para comer. Esperamos polos outros grupos e xantamos todos xuntos. Cando rematamos, os profesores deixáronnos ir por libre e podiamos comprar o que quixeramos. Os buses retrasáronse un chisco pero volvemos á casa moi contentos. ¡Foi moi divertido!
Raúl, Daniel e David (6º A)
EXCURSIÓN A LUGO
Encantounos a excursión a Lugo, sobre todo a muralla romana. Tamén nos gustou a casa romana, a rúa romana e… bueno, encantounos todo! O que menos nos gustou foi ter que esperar no instituto. Que aburrido! Polo demais foi moi bonito, e tamén estivo moi ben o bus urbano, creo que a todos nos encantou!
(Imaxe baixada de internet) |
A muralla era coma a de China, que pena que fixera mal tempo e non poder percorrela toda.
O do centro comercial foi incrible, a nós sorprendeunos moito que nos deixaran dar unha volta por alí sós!
Adrián, Alba e Hugo (5º B)
EXCURSIÓN A LUGO
O 14 de febreiro os alumnos do terceiro ciclo fomos a ver a exposición da Caixa Romanorum –Vita .
Os alumnos de 5ºA foron os primeiros en entrar. Mentres que os alumnos de 5ºB e 6ºA foron a ver a Muralla e a Catedral, nós os nenos de 6ºB quedamos alí esperando, intentando non mollarnos porque chovía. Unha señora moi amable deixounos entrar no portal da súa casa.
Cando nos tocou entrar, pasamos a unha sala escura onde vimos un vídeo. Ao rematar a pantalla levantouse e entramos nunha domus romana. Vimos un baño público, unha lavandería, o guía díxonos que utilizaban ouriña para lavar porque é un gran quitamanchas, unha tenda de telas, unha fonte, un restaurante, unha calzada...
(Imaxe baixada de internet) |
Sentámonos no foro coma si fósemos senadores e proxectaron unha película en 3D sobre a vida nunha cidade romana. Era incrible! Parecía de verdade. De súpeto, abriuse unha porta e entramos nunha domus. Alí aprendemos que os romanos exhibían as súas riquezas nas salas onde recibían as súas visitas. Vimos unha habitación, a cociña, o escritorio ...
Ao saír chovía e refuxiámonos nun instituto cos nenos de 5ºB. Arriscámonos e fomos ata a muralla e logo estivemos un rato dentro da catedral, fóra dela vimos unha piscina romana.
Como chovía moito para comer ao exterior, e gracias á imaxinación das titoras, collemos un autobús urbano para levarnos ao centro comercial As Termas. Que ben o pasamos no autobús! Alguén pode imaxinar a 48 nenos dentro ?
Ao chegar ao centro comercial estábannos esperando os de 6ºA e 5ºA e comemos todos xuntos. Ao rematar tivemos tempo libre para facer compras.
Ás catro xa era hora de volver e collemos o autobús cara o colexio.
Gustounos moito esta excursión porque aprendemos moito sobre a vida romana e foi unha excursión moi divertida.
Ata outra viaxe desde 6ºB
10 comentarios:
Alégrome están moi ben pero a meu tamen estaba moi ben ¡foi moi divertida!
Moi bos resumenes da excursión a Lugo. Encantoume aquela excursión e aprendín un montón de cousas.
É verdade foi impresionante a excursión a Lugo penso que a topdos nos gustou.
Lugo é unha cidade moi fermosa! Noraboa polo voso blogue, seguides sendo uns rapaces e rapazas moi traballadores!
Apertas para a profe!
Saleta
Grazas, Saleta. Pero voute corrixir: onde dixeches profe, tes que poñer profes, que somos varios os que andamos por aquí... jajaja.
Creo que no de 6ºB hai un fallo porque os grupos eran: Case todos os de 5º nun grupo, noutro todos os de 6ºA e so uns poucos de 5º e no que falta todos os de 6ºB.
Pero está moi ben feito igualmente.
E MOY BONITO
É verdade esta excursión foi preciosa e coñecimos moitas cousas como a muralla de Lugo,a esposición foi moi bonito pasamos toda a tarde.
Aprendín moitisimas cousas na excursión paraceme que sumerxinme en Roma.
A excursión qusee fixemos os de5ºe 6º foi divertidísima , espero facer outra igual.
Publicar un comentario