Viaxe dos alumnos de 6º ao parque de Cabárceno (Santander) contada por unha alumna.
Excursión a Cantabria
O
mércores 12 saímos de viaxe todos os nenos e nenas de 6º coas
nosas profes Mª José e Teresa. Antes de saír do cole gardamos as
maletas no bus e logo despedímonos de nosos pais. Comezamos a viaxe
collendo a autopista en Miño. A primeira parada que fixemos foi de
alí a hora e media, e compramos algo de comer, os que quixeron. Ao
cabo de media hora seguimos coa viaxe e fomos cantando no bus
cancións coas profes. A seguinte parada que fixemos foi para comer,
cada un levaba a súa comida da casa. Cando acabamos, as profes
compráronnos un helado a cada un e...¡estaba moi rico! Cando
acabamos volvemos ao bus. Antes de chegar ao albergue no que iamos
durmir os tres días, paramos na Cova do Soplao. Primeiro deixáronnos
un anaquiño para ir mercar algo á tenda. Despois unha rapaza que se
chamaba Raquel explicounos parte da cova, por dentro. Entramos nun
pequeno tren e antes de subirnos, á titora Teresa fixéronlle unha
entrevista os da TV1. Raquel explicounos o que eran as estalactitas,
as columnas, as orellas de burro..., que se formaban coas gotas de
auga. Tamén nos ensinou como traballaban os mineiros. Cando saímos
da cova despedímonos de Raquel e fomos para o bus e de alí a un
pouco chegamos ao albergue de Cabárceno. Presentáronnos a nosa
monitora que ía estar con nós nesa viaxe, chamábase Vanesa. Ela
ensinounos as habitacións, primeiro ás nenas e logo aos nenos.
Cando xa estabamos nas habitacións deixáronnos ir bañarnos á
piscina, os que non quixeran xogaban ao fútbol , ou a outra cousa.
Despois ás 9.00h fomos cear todos os nenos do albergue, logo
deixáronnos un anaquiño para estar na habitación e ás 10.20 h
fomos ao patio facer xogos todos xuntos. E cando acabamos de xogar as
11.30 h subimos á habitación, puxemos o pixama, preparamos a
cama... Ás 12.00 h tivemos que apagar as luces pero antes de
apagalas fixémonos amigos duns nenos que eran de Asturias, eran moi
bos conosco.
Ao
día seguinte levantámonos ás 8.15 h, vestímonos e ás nove
baixamos a almorzar. Ás nove e mediaveu o bus recollernos e fomos
ao Parque da Natureza de Cabárceno. Fomos vendo os animais un a un:
leóns, gorilas, elefantes, xirafas, cebras, leóns mariños... O que
máis me gustou foron os leóns mariños. Cando chegou a hora de
comer volvemos ao albergue. Cando acabamos de comer volvemos un pouco
para a habitación e ás 3.30h fomos para o bus e iamos ir a
Cabárceno acabar a visita, pero como chovía moito fomos a
Santander. Alí demos unha volta nun tren de paseo, fomos dar unha
volta polo palacio da Magdalena, donde se roda unha serie de
televisión. Cando nos baixamos fomos visitar uns pingüinos, focas e
leóns mariños. Cando acabamos subimos ao bus ata o concello de
Santander. Alí as profes deixáronnos un pouco solos para comprar
algo e dar un paseo. Ás 7.00 h regresamos ao albergue, fomos á
habitación e antes de cear baixamos un pouco ao patio. E por suposto
pasámolo moi ben xogando. Máis tarde fomos cear e cando acabamos
subimos para a habitación. Ás 10.30 h baixamos para a discoteca,
alí bailamos moito nós e os do cole de Asturias. Cando se acabou
fomos todos á habitación e ás doce a durmir.
Ao día seguinte cando nos levantamos fomos almorzar a ás nove e media veu o bus e saímos cara a Miño. Paramos en Santillana del Mar, andivemos un pouco por alí e fómonos, logo subimos ao bus e fomos á neocueva de Altamira e despois cara a Miño. Paramos a comer nunha estación de servizo e máis tarde paramos nun bar: O rei das Tartas. Nun pouco chegamos a Miño a alí recibíronnos nosos pais con moito cariño.
Ao día seguinte cando nos levantamos fomos almorzar a ás nove e media veu o bus e saímos cara a Miño. Paramos en Santillana del Mar, andivemos un pouco por alí e fómonos, logo subimos ao bus e fomos á neocueva de Altamira e despois cara a Miño. Paramos a comer nunha estación de servizo e máis tarde paramos nun bar: O rei das Tartas. Nun pouco chegamos a Miño a alí recibíronnos nosos pais con moito cariño.
Foi
xenial, grazas ás profes por levarnos!! A mellor saída para fin de
etapa!!
MARTA
6º
3 comentarios:
foi moi bonito jejejejej
Los del campamento de inglés nos vamos a CUENCA.Tiene que molar ir de vacaciones sin papá y mamá.
siiiiiiiiiiiiii estuvo super chulo y gratis emporencima
Publicar un comentario