O
pasado catro de outubro, os nenos e nenas de sexto de primaria, xunto
coas profesoras Edita e Olga, fomos de excursión ao Parque Eólico
Experimental de Sotavento no concello de Xermade (Lugo).
Saímos
do colexio arredor das nove e chegamos alí sobre as dez; pero valeu
a pena a hora de viaxe porque aprendemos moito, por exemplo, a non
derrochar a enerxía, como a electricidade ou a auga. Dende o autobús
podíamos contemplar todos os muíños eólicos que había ao noso
arredor. Parecíannos espectaculares e xa pensabamos o ben que o
iamos pasar nesta excursión, e iso que aínda non chegaramos.
Ao
chegar alí, vimos un montón de cataventos e unha silueta metálica
de Don Quijote e Sancho Panza. Recibíronnos dous homes moi amables e
simpáticos, Miguel e David, que nos levaron ao edificio central para
deixar as nosas cousas no comedor. A continuación, sentamos todos
xuntos nunhas escaleiras mentres nos explicaban o que iamos facer.
David sería o encargado de ensinarnos a casa bioclimática, e Miguel
ensinaríanos o edificio de control. Dividíronnos Segundo a nosa clase
(A e B). Os nenos e as nenas de 6ºA fomos primeiro con David e os de
6ºB, con Miguel.
A
casa bioclimática, que foi o que máis nos gustou, é a envexa dos
visitantes: ten varios cuartos e dous baños (un deles sen paredes
nin porta); case todos os aparellos electrónicos funcionan cun PDA;
usa a auga da chuvia e recicla a da ducha; as paredes abren e cerran
e pódese ver todas as habitacións desde un punto... Como vedes, a
casa non só é unha vivenda ecolóxica que utiliza case todas as
enerxías renovables, que aproveita ao máximo o clima que haxa, que
reutiliza a auga..., senón que é supermoderna. Só ten un
inconveniente, que custa uns 500.000 €.
No
pequeno paseo entre o edificio central e a casa, vimos de cerca
moitos aeroxeradores. ¡Unha pasada!
No
edificio central, na aula divulgativa, faláronnos das enerxías renovables (eólica,
solar, hidráulica, biomasa, xeotérmica e maremotriz); tamén
puidemos ver a sala de control con moitos ordenadores e as partes e o
funcionamento dun aeroxerador: o vento fai xirar as hélices, que á
súa vez fan xirar unhas turbinas que son as encargadas de producir a
electricidade. Ademais explicáronnos o funcionamento doutras
centrais eléctricas e vimos como unha pequena placa solar prendía
unha bombilla, aínda que custou traballo porque as nubes tapaban o
Sol.
Despois
merendamos na sala onde deixaramos as mochilas, compramos obxectos
de recordo na tenda e intercambiamos os postos para que cada grupo
puidese ver a parte que lle faltaba. Pero antes, ensináronnos un
coche eléctrico que consume moi pouco e non fai ruído.
Por
último, fixemos un pasapalabra con preguntas sobre Sotavento;
repartíronnos agasallos aos que fomos dando respostas interesantes durante
a visita; sacáronnos esta foto colectiva; algúns aínda compramos
algo máis na tenda ou na máquina e subimos ao autobús, onde
cantamos, falamos, xogamos...
Chegamos
ao colexio ás dúas, xusto a tempo para marchar para a casa. ¡Foi
unha viaxe xenial!
ALUMNOS DE 6º a
7 comentarios:
Nosotros hace mucho
que no publicamos nada.Íbamos a publicar
unos cómic y aún no están
aquí a la vista.
Ya la verdad es que tenemos que publicar algo cuanto antes mejor porque hace mucho que no publicamos nada
es que nosotros casi nunca hacemos nada en el blog
Entrar en:fichasfichitas.blogspot.com
en esta web hay fichas, examenes, juegos etc.
no aparece en google pone que no existe el blog
si que aparece.Si no probar en juegoscastrorico.blogspot.com escribirlo igual si no no aparece
¿Quien eres?
Publicar un comentario