 |
(Imaxe baixada de internet) |
MEDRA CORNOS ¿QUE É E PARA QUE SERVE?
É un medicamento que se administra por vía cutánea. Úsase para que che medren cornos de diferentes cores e tamaños na cabeza.
¿COMO TOMAR MEDRA CORNOS?
Débese aplicar o medicamento na testa unha vez ao día.
PRECAUCIÓNS
Antes de botar este medicamento cómpre ter en conta o seguinte:
-Non o poden botar as embarazadas porque o bebé pode nacer tamén con cornos.
-Non traballe de obreiro porque provoca mareos.
-Non se acerque moito ás cousas porque pode chocar.
POSIBLES EFECTOS ADVERSOS
Medra Cornos pode producir mareos e a aparición de grans molestos. Se deixa de aplicalo, estes síntomas e os cornos desaparecen.
Inés
.........................................................................................................................
ANTICEBOLA
¿QUE É E PARA QUE SERVE?
É una cebola máxica que en vez de facer chorar faite rir e, se a cortas pola metade, lanza unha bola que che cumple dous desexos.
¿COMO TOMAR ANTICEBOLA?
Os maiores de 20 anos deben tomala cada semana e os menores de 20 anos, cada 5 dias. Non a deben tomar os nenos de 4 anos para abaixo. Os animais, media cebola.
PRECAUCIÓNS
-Se tomas de mais, poden medrarche pelos nos ollos ou na lingua.
-Se estudas mentres tomas o medicamento, esplotaranche os pés e o nariz.
POSIBLES EFECTOS ADVERSOS
Anticebola pode producir amnesia, diarrea, inchazóns e sono.
Marcos
..............................................................................................................................
NAMORADO AO INSTANTE
¿QUE É E PARA QUE SERVE?
É unha pomada que se administra por vía cútanea. Emprégase para
quedar namorado ao instante.
¿COMO TOMAR NAMORADO AO INSTANTE?
Débese tomar tres veces ao día, despois de cada comida.
PRECAUCIÓNS
Pódese namorar da primeira muller que vexa aínda que non lle guste. O efecto durará un mes.
Non recomendado pra maiores de 60 anos.
POSIBLES EFETOS ADVERSOS
Pode producir diarrea, vómitos, somnolencia, náuseas... e dar ganas
de prender lume á casa.
Álex
...........................................................................................................................
CAMBIACOLOR
¿Que é e para que serve?
É un medicamento que se administra por vía oral, que é como un xarope que che cambia toda a pel segundo a cor que penses.
Cómo tomar CAMIBACOLOR
Os adultos deben tomar tres culleradas todos os domingos despois do almorzo. Aos nenos menores de trece anos hailles que dar unha cada luns. Aos nenos menores de catro anos non llelo administrar.
Precaucións
Antes de tomalo hai que ter en conta que:
-Non se pode comer ata que pase unha hora despois de tomalo.
-Non se pode bailar nin falar antes de dúas horas despois de tomalo.
Posibles efectos adversos
CAMBIACOLOR pode producir somnolencia e ganas de bailar. Estes efectos desaparecen tras a suspensión da toma do medicamento.
Susi
.............................................................................................................................
SEN MICHELÍN
¿QUE É E PARA QUE SERVE?
É un medicamento que se introduce por vía subcutánea. Úsase para ter un corpo perfecto.
¿COMO TOMAR SEN MICHELÍN?
Debe administrarse unha inxección 5 veces ao día cunha xiringa limpa, e non debe prestarse.
PRECAUCIÓNS.
. Non recomendado para menores de 18 anos.
. Non acto para xente con problemas cardíacos.
POSIBLES EFECTOS ADBERSOS
Nauseas, vómitos, somnolencia, adicción excesiva, agresividade e diarrea. Pode causar dopaxe.
David
...................................................................................................................................
SUPEROURO
¿Qué é e para que serve ?
É un medicamento máxico que serve para evitar ser de cara fea. Tamén, se o botas nalgún obxeto, este convírtese en ouro.
Adminístrase por vía cutánea.
¿Cómo tomar SUPEROURO?
Superouro só o poden tomar as persoas maiores de12 anos, aplicándoo unha vez ao día pola mañá.
Precaucións
Antes de tomar este medicamento cómpre ter en conta o seguinte:
-Non bote ou tome outro medicamento antes.
-Non bote maquillaxe por onde está aplicada a crema.
-Mantéñaa lonxe dos nenos.
Posibles efectos adversos
SUPEROURO pode producir algúns grans e picor na parte onde se aplicou. Cando xa sexa guapo ou guapa e pare de tomalo, isto xa desaparece.
Andrea