20 nov 2012

OS COGOMELOS DO SAN PEDRO






Pica  aquí 
para ver tódalas imaxes.






Saída  campestre 
            
          O 19 de novembro, os alumnos de 5º saímos a buscar cogomelos ao monte  San Pedro.
       Primeiro subimos pola rampa ata chegar arriba, alí vimos moitos cogomelos. Algúns velenosos pero moi bonitos, outros comestibles e todos de cores e formas diferentes.
        Baixamos, e por fóra do colexio, entramos no monte por outro lugar. Estaba o terreo sen limpar e foi máis difícil atopalos, aínda así, vimos máis amanitas muscaria.
            Ao final, volvemos á clase sabendo un pouco máis de cogomelos.
            Un consello:
            Se non coñecedes moi ben os cogomelos, non os collades.                                                                                                                                                                                                                            5º B   
                                                                                                                                                                                    


                                                                                                                   
       Onte, despois do recreo, as clases de 5ºA e 5ºB e os profesores Ricardo, Olga e Edita fomos ao Monte de San Pedro a ver cogomelos. Este monte atópase moi preto do colexio e é grandiño, pero ten tanta costa que ata se pode romper un nocello.
         Cando chegamos ó monte, empezamos a sacarlles fotos ós cogomelos. Vimos unha gran variedade deles; o malo é que algúns nenos pisábanos. Atopamos un cogomelo moi velenoso (o que máis mortes produce en Galicia), chamado Amanita phalloides; e outro da súa familia, a amanita muscaria, que alguén case o confunde cun tomatiño. Había cogomelos feos pero comestibles, e bonitos pero moi perigosos. Hai que ter moito coidado con eles.
        Pasámolo moi ben e aprendemos que o mundo dos cogomelos é impresionante, pero tamén perigoso. Foi unha exploración moi divertida, espero que fagamos outra axiña.


                                                                                                                                                       
                          5ºA                                                                                                  
                                                                                                              


19 nov 2012

CABACIÑAS VIVENTES, CAVEIRAS COLGANTES E OUTROS ÓSOS

                                                                                                                                                   5º A


5ºB
5ºB


                                                                                                                                             







                                                         5º B


8 nov 2012

PALABRAS DADAS

Os alumnos de 5º A colleron ao chou dúas palabras galegas que xuntaran previamente entre todos. Cada un irá inventando un texto no que aparezan, dalgunha maneira, esas dúas palabras dadas. Iremos poñendo as súas creacións nesta entrada, segundo as vaian elaborando, acompañadas dun debuxiño axeitado, tamén feito por eles.



¡POR FIN LIBRE!

Había un cadeliño moi pequeno ao que levaron onda unha familia moi rica polo capricho dun neno pequeno que sempre desexara ter un.

O cadeliño pasábase as horas xogando co neniño, pero cada noite antes de durmir, recordaba con morriña o seu antigo fogar. Era o bosque. O cadelo amábao, alí revolcábase na herba e nas follas caídas que levaba o vento.

O cadeliño cansado da súa vida, decidiu escapar. Aquela mesma noite, xa marchou; aproveitando que a cancela estaba aberta, fuxiu cara ao monte. Á mañá seguinte, xa estaba no bosque.¡Por fin libre!
LUIS




  A ABELLA
A abella é un insecto é os insectos son animais. Pode voar. Ten un aguillón. É de cor amarela e negra. Fabrica o mel. Axuda á polinización das flores. 
DIEGO





                                       
A BOLBORETA E O COELLO
Un coello gastoulle unha broma á señora bolboreta. A bolboreta foi chamar á araña. A araña pensou e pensou e tivo unha idea. Chamou aos seus fillos e teceron unha arañeira. O coello quedou enredado e a bolboreta non paraba de rir. O coello e a bolboreta foron máis amigos desde aquela.
MEHDI



A FONTE MÁXICA
Un día na praza de Pontedeume, un rapaz chamado Carlos lanzou unha moeda á fonte e pediu un desexo. Unha hora máis tarde, aquel desexo fíxose realidade, e o rumor da fonte máxica esparexeuse coma o vento. Houbo unha persoa que quixo desexar ser o rei, pero a fonte non o fixo realidade porque lle vía moi malas intencións. Entón intentou destruila cunha bomba, pero os axentes conseguiron parar a conta atrás. Despois duns días, atoparon ao que puxo a bomba e detérono. E todos viviron felices e comeron perdices.
ROI


O GOLFIÑO
Había unha vez un golfiño que vivía moi feliz no mar. Un día pasou por alí un barco pesqueiro e o golfiño enredouse na rede. Caeu un lóstrego e comezou a chover. O golfiño pensou que era o seu fin. Pero, por sorte, un neno liberouno.

Uns días despois, unha gran balea golpeou o barco e empezou a facer auga. O golfiño, como mostra de agradecemento, chamou aos seus amigos e rescataron as persoas. E así conseguiron salvalas.
DANIEL
               



A ROUPA VELLA
O domingo despertoume unha chamada de Manoliño, dicía que fora á súa casa. Cando cheguei, díxome que tiña unha sorpresa para min: que me invitaba a cear roupa vella. Pasoume pola cabeza comer calcetíns rotos. Manoliño contoume que a súa avoa cociñaba comida coa carne que sobraba do cocido. Despois de cear fun para a casa.

Cando cheguei á casa, dixenlle á miña nai que ao día seguinte eu quería roupa vella; pero non me entendeu, e o luns fun ao colexio con zapatos furados, camiseta rachada e pantalóns moi rotos. ¡Foi un día penoso! Cheguei á casa e para comer... roupa vella. ¡Que delicia!
                                                                                                                                                  SANTI




O REI DOS MONOS
Érase unha vez un rei mono que desexaba un trono de ouro puro, pero os seus súbditos non sabían onde atopalo. Así que o rei cansouse de esperar e dixo:
                            
-Quero que vaiades a unha mina, e dáme igual o que tardedes, e se non encontrades ouro, ide a outras minas ata que o atopedes.                           

E así se fixo: trinta e catro súbditos saíron en busca dunha mina. Pasou un ano sen ter noticias deles e o rei, pouco satisfeito, agarrou polo pescozo a un súbdito e preguntoulle:

-Como é que tardan tanto en vir?
  
E o súbdito respondeulle: 
  
-É que as minas son moi inestables e poden derrubarse con facilidade. 

Pasou outro ano e volveron, pero sen ouro. Cansos e enfadados, colleron ao rei mono e botáromo fóra do reino. E todo por ser egoísta, mandón e por pensar nas riquezas en vez de preocuparse polos súbditos.
                                                                                                    DAVID CORTÉS                 
                                                                                                 

CARMIÑA, A XOANIÑA
         A xoaniña máis pobre do reino chamábase Carmiña.
         Un día normal e corrente, Carmiña decidiu ir a xunto do rei a pedirlle axuda financieira. Pero o rei, negandose, díxolle a Carmiña:
          -Se es pobre como ti dis, ¿como é que es tan educada sen recibir educación ningunha?
          Carmiña contestoulle:
          -Señor, é que eu son moi lista.
          -Se es tan lista como dis, dime: ¿que tempo fará maña?
          -Choiva, señor, mañá choverá.
          Ao día seguinte, tal e como dixera Carmiña, choveu. O rei chamou a Carmiña e díxolle:
          -Ti casarás co meu fillo.
          E así foi como Carmiña casou co príncipe Bolboreta e todos foron felices.
EVA


O COGOMELO FURIOSO 

Un día, dous amigos decidiron ir ao bosque para coller cogomelos. Un deles chamábase Marcos e sempre estaba rindo. Tiña dez anos. O outro, Pedro, tiña sete anos.         
Cando Marcos ía coller un cogomelo, sen querer tropezou nun pau e caeu encima del. O cogomelo empezou a medrar e tamén lle saíu unha boca enorme cuns dentes moi grandes, uns ollos pequenos de cor vermello, dous brazos xigantes e unhas pernas moi longas.
Os dous amigos cando viron iso, empezaron a correr do medo que tiñan. A Marcos borróuselle o sorriso da cara. Pedro tropezou nunha pedra e caeu de fuciños e Marcos intentouno levantar do chan. O cogomelo estaba detrás deles para intentar comelos. De súpeto,o cogomelo esvarou nun charco e foi parar contra unha árbore que tiña espiñas. Os dous amigos non deixaron de correr a todo meter. Marcos virou a cabeza e viu o cogomelo espetado. Pararon para coller alento, e despois seguiron ata as súas casas.
Nunca máis volveron falar dese día. 
SAMUEL


                                               O  CAZADOR  E  O XABARÍN
      Un día un xabarín foi comprar cenoiras, pero non había. Quixo comprar peras, pero non había. Entón non puido comer. E pensou:         
        - Que vou comer?
       Entón viu un señor que tiña uns chourizos, pero era un cazador. E dixo:
        - Vou matar ese xabarín.
       O xabarín correu ata un monte e o cazador caeu a un río, e dixo:
        - Xa non vou matar ningún xabarín máis.
                                                                                                         SERGIO


LOLA E A SÚA TIXOLA
Unha caricola
caeu na tixola de Lola 
e a bola da tixola
era para unha merendola
do fillo de Lola
que era unha tola
e sempre falaba sola.  
                                  ADRIÁN ROCHA


AVENTURA NUN VOLCÁN
Érase unha vez un neno chamado Juanjo que foi de vacacións a Xamaica, porque quería coñecer países novos.
Un día xogaba ao fútbol cuns nenos xamaicanos. Como estaban xogando na cima dunha montaña, escapoulles o balón para o outro lado. Juanjo dixo que o collía él. Comenzou a ir cara abaixo polo medio do bosque. E deuse conta de que estaban nun volcán. E o balón quedara nunha roca con forma de cadeira. Juanjo quedou abraiado, pero con medo de que entrara en erupción. Colleu o balón e seguiron xogando. 
ALBERTO


O NENO GORDECHO                                                                        
       HabÍa unha vez, un neno moi gordecho que se chamaba Cosme. El comía moito e o que máis lle gustaba era o xamón. Sempre que ía ao médico, dicíalle:
    -Cosme, tes que comer menos xamón e comer cousas mais saudables combinadas cun pouco exercicio cada día.
       Cosme nunca lle facía caso ao doutor. Pero un día pola noite, decidiu facer o que lle dicía o doutor.
       Ao día seguinte pola mañá, dixo:
      -Como non podo almorzar, xantar nin cear xamón, tomarei un vaso de leite.
      Despois de tomalo, saíu ao xardín para andar na bicicleta.
      Así fixo durante uns dous meses e daquela volveu ao médico e díxolle o doutor:
      -Cosme, moi ben, por fin fixeches o que che dixen. Xa podes volver a comer xamón pero con pouca frecuencia, e xa podes parar de facer exercicio na casa, xa che chega con facelo na escola.
        E Cosme dixo:
      -Non, antes aburríame todo o día no sofá comendo xamón e vendo a tele sen facer nada. Ademais, o xamón xa me cansei del de tanto comelo. Agora síntome moito mellor.
MARIO


                    DOUS XEMELGOS  

Dous xemelgos
ían pola fraga.
Pola fraga,
ían dous xemelgos.

Facía un día moi caloroso,
tanto que se empezaron a cansar.

Pararon nunha árbore,
e empezaron a pensar.
Onde estamos?,
empezáronse a preguntar.

Seguiron andando,
e despois dun cacho,
viron algo ao fondo.

Era a casa da súa avoa,
preto dunha bonita lagoa.

Foron ata á casa da súa avoa,
e vírona por unha ventá,
estaba na cociña,
tomando unha mazá.
ANTÍA



UNHA CADELA MOI LISTA
         Érase unha vez unha cadela que quería agochar un óso para que ningún can llo atopase. Comezou a dar voltas arredor do xardín, buscando onde escondelo.
          - Xa sei – pensou a cadela-. Esta árbore é ideal. Farei un burato e aquí o meterei.
         E así o fixo, gardouno naquel lugar ben agochadiño e ningún can soubo xamáis do seu óso, nin do seu segredo.
UXÍA



                                                         O SENTIMENTO DE PABLO
Érase unha vez un home moi valente chamado Pablo, que ía camiñando por un monte de Xapón chamado Fuji. 

Pablo ía paseando e, de repente, atopou unha serpe, pero non parecía normal. Pechou os ollos e, sen darse conta, mirou cara abaixo e a serpe desapareceu. Pablo impresionouse e saiu do monte, e nunca máis volveu atopar serpes na súa vida.
ELENA



 O DESAPARAFUSADOR INTELIXENTE
      Había unha vez un desaparafusador que, cando o seu dono habría a caixa de ferramentas, preguntaballe: 
        -¿Que traballo me toca facer hoxe?
        Todo o mundo se asombraba, ese desaparafusador falaba, e a xente comezou a pelexar por el. Saía a pasear : uns días o dono deixáballo a un veciño, outro día a outro e así ao longo dos días, ata que ao final o desaparafusador, esgotado de tanto falar, convertiuse nunha ferramenta normal. O cansazo da xente acabou, xa nínguén quería ese desaparafusador.
        E durmindo na caixa de ferramentas quedou, tendo agora unha vida mellor. 
LARA


          O MEU PAXARO                    

Hai moito tempo, unha nena chamada Carla pasou por diante dunha casa moi bonita. Acercouse máis e atopou un paxariño nunha gaiola. O paxariño tiña unha patiña malferida. Cando foi para a súa casa, era de noite. Pensaba no paxariño e dáballe pena. Pola mañá foi pasear polo mesmo sitio da véspera e soubo que os donos da casa foran de vacacións dous anos, deixando o paxariño só. Entón colleuno e levouno. Na súa habitación púxolle unha venda na pata ferida e despois deulle de comer e de beber. Quedou repousando unhas semanas. Deuse conta de que o mal do paxariño non era a súa pata, senón a profunda morriña de non volver onda súa nai e voar libre. Polo que non dubidou nin un momento en abrir a gaiola e deixalo por fin en liberdade.    
LUCAS


¡QUE CABECIÑA!
      Érase unha vez un neno que tiña un problema: non era capaz de aprender os temas dos exames, nunca se acordaba. Un día o seu mellor amigo dixolle: 
-Tes que estudar máis sen distraerte.
Ao outro día empezou a estudar, sentouse na cadeira e preguntouse a si mesmo a lección. Entón puxo a man na testa, estudou máis e deuse conta  de que non se lle esquecía. Ao día seguinte no exame, ao rematalo, a mestra deu as notas, e estudara tanto que sacou un dez.
MARTÍN



O CALZADO QUERE XOGAR
Había unha vez un neno que tiña un calzado moi bonito. Sempre ía xogar con el, pero un día descubriu que os zapatos eran máxicos. Cando xogaba, eles corrían sós.


E desde aquel día empezou a chamar a atención a todo o mundo e gañou moitas medallas.
                                      IVÁN