5 abr 2012

ADIVIÑA ADIVIÑANZA

(Imaxe baixada de internet)

Nesta entrada imos entrenar as neuronas. Preparados... listos...¡xa!

Aparecerán por aquí enigmas sinxelos que teredes que intentar resolver. Non subiremos o seguinte ata que estea resolto o anterior. E non daremos a solución ata que haxa, alomenos, 5 comentarios con respostas razoables ou 1 coa resposta exacta.



Velaí o primeiro:
Hai seis vasos en fila, os tres primeiros están cheos de auga e os outros tres están baleiros. ¿Que debes facer para que, movendo un vaso só, os cheos e os baleiros queden alternos? ( un cheo, un baleiro, un cheo, un baleiro…)

Segundo:
María ten o mesmo número de irmás ca de irmáns; en cambio, seu irmán Daniel ten o dobre de irmás ca de irmáns. ¿Cantos irmáns son en total, contando a María e Daniel?

Terceiro:

Un gato saltou desde o bordo da ventá dun décimo quinto piso, pero non se feriu nada. ¿Como é posible isto?

Cuarto
Debes construír unha frase poñendo en orde as 6 palabras que consiguirás respondendo ás seguintes cuestións.

1.- Os que non son invidentes, realizan esta acción.
2.- Palabra formada por dúas letras: a primerira é a terceira e a segunda é a primeira.
3.- A palabra é o resultado destas operacións encadeadas: (12x3) + (5x2) - (6x7) =........
4.- Continúa a serie: MENOS-TANTO-........
5.- A palabra é o resto desta división menos un.  139 : 68=
6.- Órganos dos sentidos con estores.

Quinto
Antes de que os exploradores descubriran o Everest, ¿cal era a montaña máis alta da Terra?

Sexto
¿Cómo dividirías un reloxo de agullas en 6 partes de manera que a suma dos números que queden dentro de cada parte sexa sempre a mesma?

Séptimo
Un home que ten un lobo, unha cabuxa e unha col quere cruzar o río cunha barca na que só caben el máis outro elemento. Non pode deixar o lobo coa cabuxa porque a comerá, nin a cabuxa coa col. ¿Cómo terá que facer para para cruzar o río sen perder nada do que leva?

Oitavo
Completa as frases seguintes de maneira que sexan certas:

“Esta frase tiene ………………. palabras.”
¿Era faciliña, non?
“Esta frase tiene …….................. letras.”
¡Esta última xa non é tan fácil, eh!

Noveno
¿Como podemos colocar 24 rapaces en 6 filas de maneira que en cada fila haxa 5 rapaces?

Décimo
Un caracol vai subindo por un muro de 8 metros de alto. Durante o día sobe 2 metros pero pola noite, mentres dorme, cae 1 metro. ¿Cantos días tarda en subir a parede?

Undécimo
Se dúas moedas suman 15 céntimos e unha delas non é de 5 céntimos, ¿de que moedas falamos?

Duodécimo
No deserto hai un oasis vixiado por un garda. Quen queira beber nel, ten que facer xustamente o que o garda lle di: “Debes medir exactamente un litro de auga coa axuda deste cacharro de 3 litros e estoutro de  5 litros” ¿Saberíalo facer ti?


Décimo terceiro
1.- O profesor de matemáticas demostroulles na pizarra aos seus alumnos que a metade de oito é igual a tres. ¿Como fixo?
2.- Como lles pareceu fácil, fíxolles outra demostración: a metade de nove é igual a catro. ¿Como fixo?

Décimo cuarto
Varias persoas celebran un aniversario. Son 8 e teñen que repartir unha tarta redonda de maneira que lle toque un chacho igual a cada un. Entre elas hai un ao que lle chaman Pitagorín e di que el é capaz de facelo con só 3 cortes? ¿Como o fará?


Décimo quinto
Hai moitos anos, cando as cousas custaban moito menos ca agora, Roi e Xosé foron á libraría mercar un caderno. Os dous levaban cartos, pero non lles chegaron. A Roi faltábanlle 2 céntimos para poder compralo e a Xosé, 24 céntimos. Xuntaron os cartos dos dous e tampouco eran suficientes para comprar un caderno. ¿Canto custaba o caderno?