18 jun 2012

BUSCA AS DIFERENZAS

Os alumnos de 6ºA, como despedida de curso e de etapa, convidámosvos a atopar as diferenzas nestas fotos. 
¡Ata outra, compañeiros! 












17 jun 2012

MICRORRELATOS ENCADEADOS


Os alumnos de 6ºA  encheron esta entrada pouquiño a pouco con microrrelatos encadeados: cada relato empeza coa última frase ou oración do anterior. Pero son totalmente independentes, non son capítulos da mesma historia, senón historias diferentes. Picade aquí se queredes saber o que é un microrrelato. 


¡SORPRESA! Xa se poden escoitar os microrrelatos na voz dos autores: aquí, encadeados con música de fondo; aquí, encadeados sen música; e picando no título de cada relato, un a un, por separado. 


(Imaxe baixada de internet)


Unha nena encontrou unha boneca que lle parecía fermosa e levouna para a casa. Un día a boneca empezou a moverse e a parolar. A nena alegrouse moito porque tiña con quen falar. 
INÉS



(Imaxe baixada de internet)
A nena alegrouse moito porque tiña con quen falar. Foron dar un paseo, mentres coñecían un pouco máis da vida de cada unha delas. A nena invitou á súa amiga a merendar na súa casa. Era a primeira vez que alguén ía ao seu fogar. Aquela vivenza só a experimentara na súa imaxinación. Por fin entendía o que significa a amizade.          
ALEJANDRO



(Imaxe baixada de internet)

Por fin entendía o que significa a amizade. Despois de coñecer a eses nenos tan bos e simpáticos no colexio, sabía que a súa relación duraría para sempre. Ademais, desde que Laura ten amigos, xa non é tan tímida e relaciónase cada vez máis cos rapaces da clase.
DAVID


(Imaxe baixada de internet)
O NENO NOVO
Relaciónase cada vez máis cos rapaces da clase. Eddy non se levaba ben con el porque lle quitara a noiva. Pero entón vingouse del lanzándolle un cubo á cabeza, e todos quedaron en paz.
MARTÍN



(Imaxe baixada de internet)
Todos quedaron en paz dende que acabou a guerra de bólas de neve. Consistía en que, mentres houbese neve, un equipo loitaría conta outro. Pero decidiron acabar a batalla porque se decataron  de que ¡o inverno é para xogar
MARCOS



(Imaxe baixada de internet) 
O inverno é para xogar”. Así se titulaba o libro de medo que Adrián estaba lendo unha tarde no seu cuarto, ata que oíu un ruído estraño que viña do faiado. Subiu moi asustado mirar o que pasaba e, ante el, alzouse unha sombra terrorífica. ¡Case se mata polas escaleiras abaixo! Cando chegou ao fondo, sentiu unha gargallada coñecida. Fora unha broma da súa nai.
ADRIÁN



(Imaxe baixada de internet)
Fora unha broma da súa nai. Ainda lle tremaban as pernas ao recordar aquela rúa escura e sombría que tiña que percorrer cada tarde ao volver da escola. De repente alguén tocoulle por detrás. Era a mamá meténdolle o maior susto que levara na súa vida.
PABLO



(Imaxe baixada de internet) 
O maior susto que levara na súa vida fora cando se lle escapara o camión por aquela costa tan grande. Contoume que, para paralo, tivo que meterse debaixo del. Eu sei que Xosé é bastante bromista, espero que non fora de verdade…
JOSE



(Imaxe baixada de internet)

Espero que non fora de verdade o que dixo o meu pai de irnos para Madrid. Eu botaría de menos os meus amigos. A miña irmá o mesmo, que ten moitos e máis un noivo moi guapo. O noso gato tamén estaría triste. Por iso non nos queremos ir. 
                                                               RUBÉN


                                        
(Imaxe baixada de internet)

Non nos queremos ir con papá. Estabamos xogando na pista cando chegou el. Xa nos comentara que quería ir dar un paseo pero nós non queriamos. Cando miramos para el, vímoslle a cara de enfado e Mariña e eu saimos correndo cara a mamá. ¡Daba medo!
RAÚL



(Imaxe baixada de internet)
Daba medo oír chorar aquel neno sen parar de patear, e todo porque María Xosé, a pediatra, o quería vacinar. A súa nai explicáballe a María Xosé que era un neno moi inquieto e difícil de controlar. Nada máis rematar a frase, Lois, que así se chamaba o neno, pegoulle tal patada coa punta do zapato ao brazo da pediatra, que o envase da vacina foise estampar contra o flexo de iluminarche a gorxa e quedou  feito anacos.
MIGUEL



(Imaxe baixada de internet)
Quedou feito anacos aquel xarrón de cinco mil euros. Eu, como non sabía que facer, mirei en internet e conseguín que me mandaran unha copia de plástico. Meus pais volveron de facer os recados, tocárono e viron que non pesaba nada. Descubríronme! Entón aprendín que non se debe mentir e sempre hai que dicir a verdade.
IVÁN



(Imaxe baixada de internet)
Sempre hai que decir a verdade, porque as mentiras soen descubrirse. Eu tiña un cadeliño que un día desapareceu. Miña nai contoume que marchara e eu chorei moito. Ao día seguinte entereime pola veciña que o atropelara un coche. Aínda chorei máis e enfadeime moito con miña nai, por contarme unha mentira.
SUSI


(Imaxe baixada de internet)
Por contarme unha mentira que eu crin, escapei da casa. Cando pasaron dous días e non tiña onde durmir, nin comida, nin bebida, nin roupa limpa, decidín volver á casa. Unha vez alí, aínda seguía enfadada pola mentira, pero enfadeime moito máis cando me enterei de que esa bóla era todo unha broma de miña nai, e todos quedaron ríndose de min.
ESTHER





(Imaxe baixada de internet)
Todos quedaron ríndose de min cando o neno máis malo do colexo me tirou nunha poza de lama que había no xardín. Pero a el castigárono facendo copias e a min deixáronme xogar.
NACHO





              CANDO ME MUDEI A MIÑO
(Imaxe baixada de internet)
          A min deixáronme xogar a primeira vez que estiven na praza de Miño. Meus pais viñeran vivir aquí e eu non coñecía a ninguén. Deume moita alegría ver que axiña tiven amigos con quen enredar. Ademais, aquí hai moitas persoas ás que lles apaixona o fútbol. E a min é o que máis me gusta. 
              ¡Encántame vivir nesta vila!
                   DANIEL



(Imaxe baixada de internet) 
Encántame vivir nesta vila. Antes, na cidade, non me deixaban ter unha mascota. Agora podo enredar coa miña cadela todos os días. O malo é que é moi rebuldeira e nunca se cansa de brincar. Hoxe pola mañá cando lle fun dar de comer, desaparecera do seu cuarto. Estívena buscando por toda a casa. Cando a encontrei, vin que estaba xogando ás agochadas. ¡Que traste é!
CARMEN



(Imaxe baixada de internet)  
¡Que traste é o meu primo pequeno! Un día que estaba na miña casa, ía coa súa moto de xoguete e deu coa cabeza contra a barra da cociña de ferro. Como lle gustou, empezou a bater nela moitas veces seguidas. Cando nos decatamos, tivemos que apartalo para que non se fixera dano. Agora, cada vez que vén á nosa casa, vai dereito á cociña.
LUCÍA