22 jun 2014

REGUEIFAS DE DESPEDIDA



Cando ía en parvuliños
todo era moi doado,
despois chegou a primaria,
viña á casa moi cansado.


Logo pasaron seis anos
(Imaxe baixada de internet)
agora xa estou en sexto,
xa se está acabando o curso,
eu non quero ir para a E.S.O.


Xa rematamos primaria
tamén a etapa infantil,
agora quédanos ESO,
para marchar xa de aquí.


Onte empecei infantil
e hoxe termino primaria,
non sei o que nos espera
nos cursos de secundaria.


Lévoche aquí moito tempo,
xa non me acordo de moito.
Viñemos aquí pequenos
e xa sabemos de todo.

(Imaxe baixada de internet)
Xa chegou o fin do curso
xa non somos uns neniños,
e os mestres aínda cren
                  que somos pequerrechiños.


Non paramos de falar
sómosche moi falangueiros,
tamén sabemos ligar
e somos moi trapalleiros.


Cando os profes dan as notas
rematamos xa primaria,
e se aprobamos todiño
imos cara á secundaria.

Xa pasamos para a ESO
moitas máis asignaturas,
a de plástica mandoume
que comprara máis pinturas.


Os profesores da ESO
van padecer máis ca moito
porque os que imos de primaria
somos moitos máis ca oito.


¡Ai miña Edita querida!
Non che era Miss España,
pero para profesora
seica daba ben a talla.


(Imaxe baixada de internet)
A nosa profe Edita,
está farta xa de nós,
quere perdernos de vista
e que nos aguante Dios.

A profe vai xubilar,
nós fixémoslle unha festa
e comprámoslle uns pendentes,
parecía estar contenta.


Parecía estar contenta,
nós fixémoslle unha festa,
grazas a Santi e David
ata tivemos orquestra.


Nós o próximo verán
(Imaxe baixada de internet)


pensamos ir pasear,
quedaremos cos amigos
que temos que disfrutar.

19 jun 2014

¡PREMIO!


Un dos relatos premidados no concurso organizado polo Concello para O Día Das Letras Galegas.

O MISTERIO DAS CATRO PAREDES

Nunha preciosa tarde de verán, Marcos, xunto cós seus amigos María, Roi e Sofía, saíron a facer una merenda nunha finca afastada de todos os males da cidade.
Chegaron alí sobre as catro e media da tarde. Despois de merendar, María e Roi foron bañarse ó río. Marcos e Sofía non foron, xa que o río parecía ter tanta corrente como para arrastralos.
Tempo despois, Sofía e Marcos notaron una estraña sensación nas súas peles. Miraron cara ó ceo con cara desesperada, xa que sabían que o que estaba a pasar non era normal.
O ceo estaba revolto, unas estrañas pero atractivas nubes xurdiron da nada. Sofía e Marcos botaron a correr coa esperanza de poder avisar aos seus amigos a tempo. Os seus esforzos por intentar salvarse e salvar ós seus amigos foron en vano. Sen darse conta, una especie de vento cálido e abrumador caeu sobre eles deixándoos inconscientes.
Horas despois, Marcos despertou nunha especie de lugar onde parecía estar todo o rechazado ao mundo no que vivimos.
Despois, despertou Sofía. Non puido evitar preguntar onde estaban. Marcos, non sabía que decir, nada tiña sentido.
Camiñaron horas por aquel selvático e desolada paixase. Cando parecía que só un pouco de auga podería salvalos, chegaron a un lugar onde encontraron unha pequena poza na que beberon para recobrar a súas forzas. Mentres que Sofía mollaba o corpo coas súas frías e agretadas mans, Marcos exploraba o lugar no que se atopaban facéndose camiño entre as densas e enormes plantas coa a axuda dunha pequena navalla que por sorte levaba no seu peto antes do estraño e terrible suceso.
Chocou cunha forte e silenciosa corrente de aire que semellaba ser una parede. Chamou a Sofía para ensinarlle aquilo. Non sabían que facer, pero tras uns minutos falando, decidiron cruzar aquela parede, por así chamalo. Non perdían nada por inténtalo, xa que sabían que se non facían nada morrerían en pouco tempo.
Puxéronse diante de aquilo, mirándose ós ollos colléronse da man e deron un paso ó frente sen pensar no que podía pasar.
Cando a atravesaron, foron saír a onde estiveran cando chegaran a aquel lugar. Pouco a pouco déronse conta de que aquel lugar era unha especie de cadrado no que cando cruzaban alguna das súas paredes volvían ao centro do mesmo.
Ó dar coa solución dese misterio, apareceu ante eles un pequeno regato e unha pequena árbore de mazás. Non sabían o que pasaba, parecía que aquel lugar quixese algo deles.
Días máis tarde, Sofía comezou a sentirse mal, xa que as escasas mazás que daba a árbore non eran suficientes para alimentar a dúas persoas. A pesar diso Sofía non llo contou a Marcos porque sabía que se o descubría non comería para darlle a ela a comida, e falecería el.
Días máis tarde, Marcos descubriu que Sofía non se encontraba ben, saltaba á vista, era un segredo que a súa pálida pel non deixaba ocultar.
Marcos insistiu en que comera pero xa era tarde, viu como a cabeza de Sofía caía nas súas mans por última vez.
Entón foi cando volveron ó mundo de sempre, como se nada tivera pasado. Máis tarde, cando volveron á cidade, un home cun estraño rostro díxolles:
-Vós convertistes unha escura paixase en iluminada e alegre. Por cada pouco de amor, un pouco de felicidade.
Entón foi cando Sofía e Marcos descubriron o que pasara. Foron enviados alí para transformar o malo en bo.
Comprenderon que o regato e a árbore foi a recompensa por superar xuntos os seus medos, non por descubrir o misterio das catro paredes.
Mario (6º A)



14 may 2014

¡DE FÁBULA!


A LISTURA NON VAI POR TAMAÑO

(Imaxe baixada de internet)
          Unha mañá, o elefante dou o seu paseo matutino. Encontrou un sapo e empezaron unha conversa:
          -Ola, que tal, don Elefante?
          -Non che vou falar, don Sapo. A miña mente non quere falar con persoas parvas.
          -Eu non son parvo! Demóstrocho?
          -Como queiras. A ver... xa sei! A ver quen conta antes cantos nenúfares hai no lago. Veña xa!
          -Xa o sei, 125 -dixo rapidamente o sapo.
          -Vale..., és listo.

Non é máis listo o máis grande, senón o máis áxil.
Antía


            O SAPO E O ELEFANTE
(Imaxe baixada de internet)
Un día, nunha selva Africana, paseaba un sapo moi presumido. O sapo estaba alegre, pero non ía tranquilo xa que lle tiña moitísimo medo aos elefantes. Sin coñecelos, pensaba que eran moi malos animais. Con tan mala sorte, que o sapo pisou un formigueiro, e pegou tal salto, que acabou no lombo dun elefante que andaba por alí.

       O sapo, morto de medo, non sabía como baixar. Pero o elefante, moi amable, estirou a súa trompa, colleu con ela ao sapo e baixouno ao chan sen facerlle mal ningún. ¡Que medo máis tonto pasei! Pensando que me aplastaría e axudoume sen facerme dano.

En moitas ocasións, pensamos mal das persoas sen coñecelas, e
para pensar mal de alguén, hai que coñecelo ben.
Lara


UN RAPOSO E UNHA GALIÑA

Hai moitos anos, nunha granxa había moitas galiña e cada noite, desaparecía unha. O dono non se daba
(Imaxe baixada de internet)
conta de que faltaban porque había moitas.

Co paso dos días, o dono deuse conta de que lle faltaba a súa galiña favorita, e pola noite estivo vixiando, pola ventá, cunha escopeta de balas. Viu un movemento nun arbusto e pensou que era o raposo; ía disparar, pero do arbusto... saiu o seu can, e deuse conta de que por pouco o mata.

Logo viu o raposo e deixouno a ver que facía. O raposo foi directo á corte onde estaban as galiñas e comeu unha, pero quedou con fame e cando ía comer outra... zaaaas, o dono pegoulle un tiro na testa, e matouno. Despois comprou máis galiñas.

Hai que andar con coidado, non é bo fiarse de calquera.
Uxía



(Imaxe baixada de internet)
A GALIÑA ASTUTA
Unha vez unha galiña moi vella estaba paseando por fóra do curral. Entón un raposo famento pasou cerquiña dela. Cando a viu, intentou esconderse dentro do curral, porque así podería atrapala cando se fixese de noite. Ao entrar tan apurado, o raposo pisou un ovo. Nese momento a galiña deuse conta de que a estaban observando. Entón ocorréuselle facer unha galiña de mentira sen que o raposo se enterase. Fíxoa de madeira e polo exterior pegoulle plumas tiradas no chan. Cando xa era de noite, o raposo foi pola galiña de mentira. Cando a ía morder... ¡trassss!. Rompéronselle todos os dentes. O raposo ao ver que o enganou, saíu correndo. E a galiña quedou tan contenta polo seu triunfo.

Isto trata de que a astucia vale máis que a forza física.
Samuel



8 may 2014

LETRAS GALEGAS


(Imaxe baixada de internet)


O día 17 de maio é un día especial para os que falamos, escribimos ou amamos a lingua galega. É o día das LETRAS GALEGAS, no que se homenaxea a unha persoa que foi importante para o noso idioma.  Este ano lembramos a Xosé María Díaz Castro. 
Pica aquí para divertirte aprendendo sobre este asunto. (Traballo do CEIP de Mallón).  







30 abr 2014

¡QUE REBUMBIO!




Un equipo de tres alumnos de 6º participou na fase de zona do concurso REBUMBIO MATEMÁTICO organizado pola asociación AGAPEMA. Podedes picar aquí para ver as imaxes; ou aquí para botar un vistazo ós problemas que tiveron que resolver.


19 mar 2014

ANUNCIOS POR PALABRAS

(Imaxe baixada de internet)



Inspirados no libro de Agustín Fernández Paz, CONTOS POR PALABRAS, que acabamos de ler, elaboramos por grupos estes anuncios, con imaxinación e sentido do humor. 




*Cambio Galicia por Hawai. Non é culpa miña que chova.
*Vendo mina por 100.000 €. Unha ganga. É de lapis.
*Presto profesora. Tranquilizantes incluídos.
*Vendo fermosa pola gorda. Só ten un defecto: non pon ovos.
*Búscase persoa especialista en tinguir roupa. Sobresoldo se se presenta cun calamar xigante.
*Presto bicicleta sen rodas. Única condición: devolver coma nova.
*Vendo coche sen volante para que non te estampes. 100 % seguro, sempre vai recto.
*Ofrezo nada por todo. Por todo o que queiras, non te queixes.
*Vendemos televisor antigo. Como non ten canais, pódesllos poñer ao teu gusto.
*Cambio mono por un plátano de Canarias. Aviso: non se devolve.
*Vendo cinco pavos por cinco pavos.
*Búscase adestrador de salsas bravas. Coidado co tabasco, pode poñerse agresivo.
*Desesperado busca licencia para castigar á mestra. Pásase moito cos deberes.
*Ocasión única. Vendo casa por un euro. Son demasiado nugallán para poñerlle os ceros.
*Presto coches cochos. Limpacristais e trapos incluídos.
*Ofrécese can desde as dúas ás catro da tarde. Importante: traer bolsa para recoller o agasallo diario.
*Cámbiase oso por peluche. Aconséllase sacalo da casa a media mañá. Non me fago responsable dos seus actos.
*Véndese boli de catro cores superespecial: tres deles non van.
*Presto coche asqueroso. Devólvesmo cando estea limpiño.
*Véndese anciá. Coidado que non caia, é de porcelana.
*Ofrezo cabalo. Moi bo de manter, é de pau.
*Cambio tres Monsters por coche de calquera marca, tamaño ou cor. Iso si, non se admiten devolucións.
*Presto medo. Asusta.
*Precísase canguro con experiencia para entreter á mestra.
*Ofrezo xardín abandonado para que practiques xardinaría, ata que estea perfecto.
*Vendo clase. Coidado cos nenos.
*Cambio cabalo por coche. Non intentes botarlle gasolina.
*Vendo pedra como animal de compañía estupendo: non dá ningún traballo e non come.
*Ofrezo libro sen letras, para que o escribas ao teu gusto.
*Véndese ordenador sen memoria. Perfecto para adestrar a túa.
*Ofrécese traballo de limpacristais. Non pagamos seguro médico, pero prestamos muletas usadas.
*Cambio coche por ambulancia para saltar os semáforos.
*Búscase profesor de inglés para Ana Botella. A poder ser, profesional.
ALUMNOS/AS DE 6º A


26 feb 2014

LA INQUISICIÓN ESPAÑOLA

(Imaxe baixada de internet)




No presente curso, os disfraces do noso entroido farán referencia ao tempo histórico do RENACEMENTO e o BARROCO. Os alumnos de 6º (a Santa Compaña do ano pasado) seguimos de "santos", e desta vez disfrazarémonos da Santa Inquisición.


Aquí vos deixamos un resumo, froito dun traballo de recollida de información sobre o tema, que fixemos na clase de 6º B


LA INQUISICIÓN
La Inquisición española comenzó en el año 1.478 (en el siglo XV). Fue creada por los Reyes Católicos con tintes religiosos y políticos, (para acabar con los judíos y conseguir bienes). Su función era mantener el orden civil y religioso del momento. Se fundó para las personas que cometían “el delito de la Herejía” y la Iglesia tenía el derecho de castigarlas y juzgarlas a su conveniencia. Se designó un tribunal para tratar esos casos, después de declararlas culpables porque nunca podían defenderse, los castigaban brutalmente, y a algunos los llegaban a matar.
Sus víctimas fueron las brujas, los judíos, alquimistas, disidentes, homosexuales y cualquier persona que fuera denunciada de forma falsa.

INSTRUMENTOS DE TORTURA
La hoguera: Se utilizó casi en su totalidad para la quema de “brujas”. Se exponía a la bruja a los ojos del pueblo atada a un poste.A su alrededor había preparada , madera para su posterior encendido , quemando así a la persona en vida.
Otros.- La garrucha para dislocar las extremidades, el potro, la toca (ahogamiento)...

FIN DE LA INQUISICIÓN
Aproximadamente después de 1.700 fue una débil sombra de lo que había sido, pero duró unos 100 años más hasta 1.835.



30 ene 2014

¡VIVA A IMAXINACIÓN!

Esta entrada será un caixón de xastre onde iremos gardando escritos onde destaque a imaxinación. Para empezar, unhas MÁQUINAS HUMANIZADAS da clase de Atención Educativa.


LA SILLA DE RUEDAS ASIA
Esta silla de ruedas no es una silla normal, y se llama Asia. Cuando algún ciudadano necesita su ayuda, esta va en su dirección y se coloca de manera que el ciudadano se pueda sentar. Una vez que se haya sentado, Asia le lee la memoria para saber que quiere hacer la persona, y entonces se divierte ayudando a la gente. Tiene un corazón dibujado en el pecho que bombea cuando está feliz. También tiene unos brazos en los que lleva una bolsa para transportar objetos y con unas manos se impulsa para moverse.
Elena (6ºA)



 
                                             EL MICROONDAS ARCE
El microondas Arce no es como un microondas cualquiera. No tiene mando, lleva unos botones; dos de ellos son sus ojos y los otros dos son sus brazos. Su cuerpo es pequeño y rectangular, y su piel es de color márfil. Arce tiene la inteligencia de dectactar a las personas, y saber en que momento necesitan un cáfe, un colacao... Cuando esto sucede, sus botones convertidos en brazos, cogen el tazón y echan el cáfe, el colacao... etc. 
Lara (6ºA)


 
TOMI LA LAVADORA
Tomi la lavadora no es una lavadora cualquiera, es una superlavadora. Tiene un detector que, en cuanto detecta la ropa sucia, va a por ella gracias a sus piernas y sus brazos mecánicos. Así que la ropa está dentro, se pone a funcionar ella sola. Cuando acaba, la plancha, la dobla y la guarda en su sitio. ¡También habla y si le dices que hizo algo mal, se pone triste! Pero siempre hace todo bien y cuando acaba, avisa.
Iván (6ºA)
 





Agora unha descrición dun obxeto inventado.

                                                                 
O CAMBIA TEMPOS 
É un aparato mecánico, feito de metal, parecido a unha máquina de escribir. Coa diferenza de que ten unha pequena antena. Serve para cambiar o tempo que vai. Soen usalo moito os agricultores para cultivar e nos zoolóxicos para recrear uns climas parecidos aos dos hábitats naturais dos animais. Para que funcione tes que escribir no teclado o tempo que queres que faga e o radio de alcance. Por exemplo: (chuvia, dous kilometros cadrados). Pois en dous kilometros cadrados, tendo como centro a máquina, choverá.    
Daniel, 6ºA