28 mar 2013

TALLER DE POESÍA


Aínda que chova,
sempre sairá o Sol.
Aínda que neve,
sempre volverá a calor.
(Imaxe baixada de internet)

Aínda que te vaias
sempre te levarei no corazón.
Aínda que me deixes,
sempre aquí estarás.

Aínda que o mar nos separe,
sempre te esperarei.
Aínda que nos separe o océano,
sempre estarei ó teu lado.

Aínda que estea morto,
sempre te quererei.

As rosas son caramelos,
(Imaxe baixada de internet)
as margaridas, coma o mel;
as violetas, coma os teus ollos
que brillan sen querer.

Os teus ollos son coma a terra,
as túas mans, coma o pan;
o teu cabelo é coma a seda,
a túa pel, suave coma unha ovella.

As túas pernas son de algodón,
brancas coma unha noite de xiada.


No mundo hai países,
nos países hai provincias
e nas provincias, cidades.
Nas cidades hai escolas,
(Imaxe baixada de internet)
nas escolas hai clases,
nas clases hai alumnos
esperando o sol do verán.

No encerado hai oracións,
nas oracións hai frases,
nas frases hai palabras
e nas palabras hai letras.
E así sempre...

Nos meus ollos hai bágoas,
nas miñas bágoas hai amor,
no meu amor estás ti
e para ti son os meus ollos.


Non quero traballar na horta,
mancharíame sen parar.
(Imaxe baixada de internet)
Non quero traballar no mar,
mollaríame sen máis.
Non quero ser cociñeira,
cortaríame sen cesar.
Non quero facer nada,
mellor estou deitada.

O paxaro xa non voa
porque ten unha á rota.
O peixe xa non nada
porque o mar quedou sen auga.
A árbore non ten follas,
caéronlle no outono todas.




(Imaxe baixada de internet)
¡Vaia día!
Estou saltando de alegría.
Estou cantando coa miña prima.
¡Vai día!
Estou comendo coa miña tía.
Estou xa farta de sardiñas.
¡Vaia día!






(Imaxe baixada de internet)



Onte había bochorno.
Hoxe xoguei coa neve.
Mañá haberá temporal.
¡Ai que tempo máis rebelde!


O outro día, en Carballo,
vin o arco da vella.
Onte a chuvia aceda
estragou as leiras.
Hoxe non vai bo día,
(Imaxe baixada de internet)
está todo anubrado.
Mañá seguro haberá
unha tormenta no mar.
E a semana que vén,
disque vai orballar.
¡Este tempo está moi mal!

Na praia vai moito sol.
chuvia é auga do mar.
sarabia, cubiños de xeo.
Os lóstregos son moi fermosos
pero tamén perigosos.

Non xoguéi por culpa do trebón.
Un tifón arrasou a casa dos avós.
néboa non nos deixa ver
e os faros do coche temos que acender.


(Imaxe baixada de internet)
O home do tempo
fala de raios e tronos.
Tamén se fala
de que virá a tronada.

En Galicia hai chuvascada.
Haberá calor no resto de España.
Un tornado desfixo Sada.
Vai frío na miña casa.
Non abre a porta coa neviscada
                                           

                                                     ALUMNOS DE 5º A


10 mar 2013

NOTICIAS FANTÁSTICAS

(Imaxe baixada de internet)


¿Xogamos a ser xornalistas?
Os alumnos de 5ºA, en grupos de tres, redactaron noticias de mentira.





STEGOSAURUS ATACA
Os científicos fan que cobre vida un fósil de Stegosaurus, que arrasou toda a cidade.

Onte no laboratorio de MIAMY, uns científicos déronlle vida a un fósil de STEGOSAURUS, que destruiu toda a cidade. Orixinouse por unha radiación química no laboratorio, e a única maneira de detelo era arranxar o raio fosilizador, que converte os seres vivos en fósiles. Pasaron horas e horas e conseguirono, conseguiron fosilizar o STEGOSAURUS.
Hoxe xa están empezando coas reconstruccións de MIAMY e os científicos teñen restrinxido o acceso ó laboratorio.
19 de febreiro do 2013  


UNICORNIOS EN CALIFORNIA
Nun laboratorio de California atópase un medicamento que converte as persoas en unicornios.

Onte, (18 de febreiro de 2.013) os científicos dun laboratorio de California elaboraron un medicamento que converte as persoas en unicornios (animais mitolóxicos). As persoas xa o están empezando a usar, xa que a acción dura tan só tres horas e non ten posibles efectos adversos. Chámase “Unicornio Potion”.
Está tendo moito éxito porque as persoas desexan voar coma unicornios.

LA VOZ DE AME, 19 de febreiro de 2.013.

                                       
ATRACARON DE NOVO
Onte, as 10:00 da noite, os alieníxenas volveron atracar o Banco “Santander” (Miño).

Os alieníxenas atracaron por segunda vez no Banco Santander da turística localidade de Miño. Houbo cinco persoas feridas. Roubaron 9.000.000 €. Tamén intentaron secuestrar a unha nena de tan só 5 meses. A nai da pequena, moi valente, impediuno, pero leváronlle todos os cartos que tiña na carteira. A policía chegou media hora máis tarde, polo que os alieníxenas xa fuxiran.


O COCHE QUE PODE IR POR DEBAIXO DA TERRA
Este tipo de coche do futuro será unha auténtica revolución, porque poderá ir por debaixo da terra ata 200 metros de profundidade.

Un coche, que poderá circular por debaixo do solo, sairá no 2.020. Ten 2.000 cabalos de potencia. Está formado por dous taladros, situados polos lados. Funciona a gasolina. Leva asentos de coiro, cinco portas, dous volantes de pel de corzo e un mp3 incluído, no que cantas unha canción e ponche un ritmo adecuado. Dispón de dez marchas e poderá chegar aos 600 km por hora. 
Será fabricado en China, pola empresa de Terrier. Venderase nos mercados de China, América, Europa e Xapón por 1.000.000 de euros.


ENCONTRO CO DINOSAURO MISTERIOSO
O dinosauro encontrado tiña un tipo de xema no cranio e chamárono RACNOR.

Este dinosauro foi atopado polo arqueólogo Dimondi e o seu equipo Os Cometas. Descubriron un dinosauro cunha xema na cabeza. Cando saíu á superficie, a xema fixo que cobrara vida, e así foi como destruíu a metade de Estados Unidos. Onte pola noite, como non había luz solar, a xema deixou de brillar e o dinosauro volveu a ser un esqueleto. A xema foi destruída, e Dimondi con ese esqueleto farase rico. Hoxe mesmo empezarán as obras de reconstrución do país.
Voz Unida, 21 de febreiro de 2013
(CONTINUARÁ)