14 may 2014

¡DE FÁBULA!


A LISTURA NON VAI POR TAMAÑO

(Imaxe baixada de internet)
          Unha mañá, o elefante dou o seu paseo matutino. Encontrou un sapo e empezaron unha conversa:
          -Ola, que tal, don Elefante?
          -Non che vou falar, don Sapo. A miña mente non quere falar con persoas parvas.
          -Eu non son parvo! Demóstrocho?
          -Como queiras. A ver... xa sei! A ver quen conta antes cantos nenúfares hai no lago. Veña xa!
          -Xa o sei, 125 -dixo rapidamente o sapo.
          -Vale..., és listo.

Non é máis listo o máis grande, senón o máis áxil.
Antía


            O SAPO E O ELEFANTE
(Imaxe baixada de internet)
Un día, nunha selva Africana, paseaba un sapo moi presumido. O sapo estaba alegre, pero non ía tranquilo xa que lle tiña moitísimo medo aos elefantes. Sin coñecelos, pensaba que eran moi malos animais. Con tan mala sorte, que o sapo pisou un formigueiro, e pegou tal salto, que acabou no lombo dun elefante que andaba por alí.

       O sapo, morto de medo, non sabía como baixar. Pero o elefante, moi amable, estirou a súa trompa, colleu con ela ao sapo e baixouno ao chan sen facerlle mal ningún. ¡Que medo máis tonto pasei! Pensando que me aplastaría e axudoume sen facerme dano.

En moitas ocasións, pensamos mal das persoas sen coñecelas, e
para pensar mal de alguén, hai que coñecelo ben.
Lara


UN RAPOSO E UNHA GALIÑA

Hai moitos anos, nunha granxa había moitas galiña e cada noite, desaparecía unha. O dono non se daba
(Imaxe baixada de internet)
conta de que faltaban porque había moitas.

Co paso dos días, o dono deuse conta de que lle faltaba a súa galiña favorita, e pola noite estivo vixiando, pola ventá, cunha escopeta de balas. Viu un movemento nun arbusto e pensou que era o raposo; ía disparar, pero do arbusto... saiu o seu can, e deuse conta de que por pouco o mata.

Logo viu o raposo e deixouno a ver que facía. O raposo foi directo á corte onde estaban as galiñas e comeu unha, pero quedou con fame e cando ía comer outra... zaaaas, o dono pegoulle un tiro na testa, e matouno. Despois comprou máis galiñas.

Hai que andar con coidado, non é bo fiarse de calquera.
Uxía



(Imaxe baixada de internet)
A GALIÑA ASTUTA
Unha vez unha galiña moi vella estaba paseando por fóra do curral. Entón un raposo famento pasou cerquiña dela. Cando a viu, intentou esconderse dentro do curral, porque así podería atrapala cando se fixese de noite. Ao entrar tan apurado, o raposo pisou un ovo. Nese momento a galiña deuse conta de que a estaban observando. Entón ocorréuselle facer unha galiña de mentira sen que o raposo se enterase. Fíxoa de madeira e polo exterior pegoulle plumas tiradas no chan. Cando xa era de noite, o raposo foi pola galiña de mentira. Cando a ía morder... ¡trassss!. Rompéronselle todos os dentes. O raposo ao ver que o enganou, saíu correndo. E a galiña quedou tan contenta polo seu triunfo.

Isto trata de que a astucia vale máis que a forza física.
Samuel



8 may 2014

LETRAS GALEGAS


(Imaxe baixada de internet)


O día 17 de maio é un día especial para os que falamos, escribimos ou amamos a lingua galega. É o día das LETRAS GALEGAS, no que se homenaxea a unha persoa que foi importante para o noso idioma.  Este ano lembramos a Xosé María Díaz Castro. 
Pica aquí para divertirte aprendendo sobre este asunto. (Traballo do CEIP de Mallón).