24 jul 2010

O NOSO BLOG

(Imaxe baixada de internet)



Este blog pretende ser unha ventá aberta pola que se poida ir coando o aire fresco das TIC; un lugar onde aprender, colaborar e divertirse; un libro novo e un xoguete; un diario electrónico, colectivo, variado... Pero está a medio facer, agardando que o vaiamos construíndo entre todos.

A columna da esquerda é coma un índice, e picando en cada apartado, iremos dar ó sitio que indica (entradas, enlaces...) A columna da dereita, este espazo no que estás lendo, serviranos para ir colocando as entradas (textos, imaxes...), e os comentarios que queiramos facer a cada unha delas.

¿Arrincamos? Pois veña, a ver eses comentarios...

COMENTARIOS

(Imaxe baixada de internet)

Os administradores deste blog "filtrarán" os comentarios que escribades. Así que, se queredes que pasen a “censura”, procurade que sexan decentiños, xa que eles non poden modificalos ou corrixilos, só deciden se soben ó blog ou non. Ou sexa, se escribides con faltas, unha de dúas: ou aparecen cos erros ou non aparecen.