25 ene 2011

PREPARÁNDONOS PARA A PAZ

(Imaxe baixada de internet)
Esta semana andamos a voltas cos preparativos da celebración do DÍA DA PAZ.
Aquí tedes dous enlaces con información e actividades relacionadas con este tema:

"Entre todos construimos a paz" (Ana Martínez Rey)
 "A PAZ" (elaborada por Belén Junquera)

18 ene 2011

¡MÚSICA, MAESTRO!

(Imaxe baixada de internet)



Nesta entrada podedes escoitar música clásica variada, fermosa e ata divertida, seleccionada por Rafa, o mestre de música. Só tedes que picar no enlace do título e xa vos leva á peza escollida.

Tamén podedes disfrutar dela como música de fondo picando nos títulos das outras entradas.





SINFONÍA Nº 9 (Himno a la alegría). Beethoven
PARA ELISA. Beethoven
LAS CUATRO ESTACIONES (La Primavera). Vivaldi
MARCHA TURCA. Mozart
CASCANUECES (Danza Rusa). Tchaikovsky
MARCHA RADETZKY. Strauss (Pai)
EN UN MERCADO PERSA. Ketelbey
TRITSCH-TRATSCH (Polka). Strauss (Fillo)
ESCENAS DE NIÑOS. Schumann
SINFONÍA Nº 101 (El Reloj). Haydn
MOMENTO MUSICAL Nº 3. Shcubert
MINUETO DEL QUINTETO PARA CUERDA. Boccherini
GUILLERMO TELL. Rossini
SUEÑO DE UNA NOCHE DE VERANO. Mendelssohn
SINFONÍA Nº 1 (Gavotta). Prokofiev
LA MÁQUINA DE ESCRIBIR. Leroy Anderson
RELOJ SIMCOPADO. Leroy Anderson
EL CARNAVAL DE LOS ANIMALES (El elefante). Saint-Saëns
LA BELLA DURMIENTE (Vals). Tchaikovsky

16 ene 2011

O ESCARAVELLO QUISQUE (diálogo)

             
(Imaxe baixada de internet)
           O escaravello Quisque non tiña amigos e sentíase moi só. Un día decidiu que iso tiña que acabar.
          Quisque empezou a camiñar en dirección ao bosque para falar cos demais animais e encontrar un amigo.
          Primeiro encontrou a unha bolboreta e Quisque preguntoulle:
          -¡Ola! ¿Como te chamas? Eu Quisque.
          -¡Ola! Chámome Marila -díxolle a bolboreta-. ¿A que son fermosa?
        -Si, es moi fermosa -respondeu Quisque pensando que era demasiado presumida para ser a súa amiga-. Adeus.
          -Adeus -dixo tamén a bolboreta.
          Quisque seguiu camiñando e atopouse cun verme.
          -¡Ola! -dixo Quisque-. ¿Como te chamas? Eu Quisque.
          -¡Ola! Chámome Xoré -contestou o verme-. ¿Queres vir á miña casa? Está no outro lado do bosque.
          A Quisque non lle gustaba camiñar moito e dixolle:
          -Outro día -e foise.
          Quisque esta vez encontrouse con outro escaravello e preguntoulle:
          -¡Ola! ¿Cómo te chamas? Eu Quisque.
         -¡Ola! Chámome Petro -contestoulle o outro escaravello-. ¿Gústache ver a tele? A min si.
          -Si, gústame moito -contestou Quisque-. ¿Gústache correr? A min non.
          -Non, non me gusta nada.
          Así Quisque encontrou un amigo de verdade.                                                           
                                                                                                                 Inés