![]() |
(Imaxe baixada de interenet) |
A TENDA ENCANTADA
Na miña cidade hai unha tenda moi famosa.Todo é moi agradable, dende os empleados ata a publicidade, pero... un neno contoume que pola noite aparecían pantasmas. As pantasmas destrozan e rouban cousas. Cando chegan os empleados, recollen todo. ¡Pero non ten por que ser verdade!
MARCOS
![]() |
(Imaxe baixada de internet) |
O OUTONO E AS CASTAÑAS
Dende a casa dos meus avós, vexo pasar o outono. Chegou o frío e o vento, e unha manta de follas secas cobre o chan.
Sentados na lareira, arredor da estufa de leña, poñemos as castañas a asar mentres vemos como arde o lume a través da porta de cristal, para despois comelas quentiñas.
ALEJANDRO
![]() |
(Imaxe baixada de internet) |
A COMPLICACIÓN DE TER NENOS
A miña tía pasouno moi mal para conseguir ter a miña prima: estivo internada no hospital moito tempo e despois tivo que estar en repouso na súa casa sen facer nada.
E con todo iso, a nena naceu antes de tempo e moi pequeniña. Estivo un mes na incubadora, pero é unha nena preciosa. Aínda que o pasaron moi mal, agora están encantados.
SUSI
![]() |
(Imaxe baixada de internet) |
UN DÍA DESASTROSO
Un neno foi pescar ao río co seu pai. Estaba moi ilusionado porque nunca fora de pesca .
Cando chegaron ao río, o seu pai explicoulle como se pescaba un peixe .
O neno estaba moi nervioso e cando se moveu un pouco a cana, empezou a recoller coma si estivese tolo. Pero ao final só traía unha morea de paus e follas. Volveu lanzar e enganchou unha póla dunha árbore.
O neno estaba moi desilusionado. De repente, esvarou e caeu ao río. Cando se levantou, foi correndo ao coche chorando, pero volveu caer, esta vez na lama, e ao final tiveron que marchar.
DANIEL
![]() |
(Imaxe baixada de interenet) |
GATIÑO PERDIDO
Cando vin ese gato na beira do río, preocupeime e decidín levalo para a casa.
Ao chegar, miña nai díxome que vira os anuncios de perdido, e...como debía ser, entregueino ao seu dono ao día seguinte.
¡Qué ben me sentín !
A VERDADEIRA AMIZADE
Por fin entendía o que significaba a amizade. Había pouco que se coñeceran e tiñan cousas en común. Para elas a amizade era un estado de completa felicidade. Entre elas contábanse as súas vivenzas, apoiábanse, axudábanse, sentíanse respaldadas unha ó lado da outra.
Era verdadeira amizade, algo que non se pode expresar con palabras, porque é un sentimento moi especial.
ALEJANDRO
O DESEXO DO NENO
Relaciónase cada vez máis cos nenos da clase dende que pediu o desexo á fada. Pediuno un día cando encontrou unha variña máxica no bosque. Viu unha fada e pensou que a variña máxica era dela. Por devolverlle a variña, a fada fixo realidade o desexo do neno de ser máis popular.
INÉS
Fora unha broma da súa nai o de poñer os fantasmas qe se moven para asustar ao seu fillo. Cando o neno os veu, botou a correr pola casa, e ía dicindo qe a casa estaba encantada, ata qe descubriu que a súa nai fora a culpable.
![]() |
(Imaxe baixada de internet) |
¡UN XOGO MARABILLOSO!
Relaciónase cada vez máis cos nenos da clase porque ao fin encontrou algo que lles gusta a todos: ¡xogar ao fútbol! Dende entón sempre xogan todos xuntos.
MARCOS
![]() |
(Imaxe baixada de internet) |
O NENO MAGO
Todos quedaron en paz cando a guerra acabou grazas a un neno moi bo. Ese neno era un mago que odiaba as pelexas e que, cun feitizo, conseguiu que parara. Dende entón non se fixeron mais guerras nese país.
INÉS
UN DÍA NOS KARTS
![]() |
(Imaxe baixada de internet) |
Un día fun ao circuíto de karts de Ourense con meu irmán David. Cando nos subimos aos karts, os dous decidimos botar unha carreira. Quen perdese tiña que invitar ao outro a unha comida. A carreira era de tres voltas e os dous queriamos gañar, pero eu tiña un coche algo máis rápido e el non o sabía.
Deron o sinal e eu saín primeiro, anque a poucos metros. O que tiña pensado era coller as curvas pechadas para conseguir máis distancia. Ao final gañei, e deime un bo festín.
DANIEL
![]() |
(Imaxe baixada de internet) |
A CASA ENCANTADA
Fora unha broma da súa nai o de poñer os fantasmas qe se moven para asustar ao seu fillo. Cando o neno os veu, botou a correr pola casa, e ía dicindo qe a casa estaba encantada, ata qe descubriu que a súa nai fora a culpable.
LUCÍA
O HOME DO SACO
![]() |
(Imaxe baixada de internet) |
Daba medo a historia que me contou o meu tío. Trataba dun home que ía cun saco recollendo nenos pola rúa. Unha vez colleu un neno con moitos cartos encima, pero a cousa é que deixou os cartos no chan. O que facía cos nenos era levalos para outro país.
NACHO
![]() |
(Imaxe baixada de internet) |
MALA SORTE
Quedou feito anacos o xarrón que lle regalaron a miña nai cando casou. Está moi triste. O meu pai intentou comprar outro pero non había un igual. O da miña nai era con flores, e o que ía mercar el tiña cadrados. Agora temos que poñer, en vez dun xarrón, unha cunca chea de adornos.
NACHO
![]() |
(Imaxe baixada de internet) |
A BROMA DA NAI
- ¡O inverno é para xogar! – dixo un neno aos seus amigos.
Era inverno e estaban xogando coa neve. Os rapaces pasábano xenial. De repente, un boneco de neve, que acababan de facer, empezou a moverse. Os nenos fuxiron, pero volveron e déronse conta de que fora unha broma da súa nai.
![]() |
(Imaxe baixada de internet) |
¡QUE SUSTO!
O maior susto que levara na súa vida ata agora fora cando o seu amigo Xosé lle gastou unha broma. Un día de noite levantouse e foi ao faiado porque oíu uns ruídos raros. Xosé puxera unhas pantasmas e uns esqueletos de mentira. Saíu correndo de alí aterrorizado. Pero onte, na rúa, aínda se asustou máis porque viu un home lobo. Espero que non fora de verdade.INÉS