17 feb 2012

SELECCIÓN DE RELATOS BREVES (6º A)


(Imaxe baixada de interenet)
A TENDA ENCANTADA
Na miña cidade hai unha tenda moi famosa.Todo é moi agradable, dende os empleados ata a publicidade, pero... un neno contoume que pola noite aparecían pantasmas. As pantasmas destrozan e rouban cousas. Cando chegan os empleados, recollen todo. ¡Pero non ten por que ser verdade!
MARCOS




(Imaxe baixada de internet)
O OUTONO E AS CASTAÑAS
      Dende a casa dos meus avós, vexo pasar o outono. Chegou o frío e o vento, e unha manta de follas secas cobre o chan.
           Sentados na lareira, arredor da estufa de leña, poñemos as castañas a asar mentres vemos como arde o lume a través da porta de cristal, para despois comelas quentiñas.
ALEJANDRO


(Imaxe baixada de internet)
A COMPLICACIÓN DE TER NENOS
          A miña tía pasouno moi mal para conseguir ter a miña prima: estivo internada no hospital moito tempo e despois tivo que estar en repouso na súa casa sen facer nada.
          E con todo iso, a nena naceu antes de tempo e moi pequeniña. Estivo un mes na incubadora, pero é unha nena preciosa. Aínda que o pasaron moi mal, agora están encantados.
SUSI


(Imaxe baixada de internet)
UN DÍA DESASTROSO
         Un neno foi pescar ao río co seu pai. Estaba moi ilusionado porque nunca fora de pesca . 
          Cando chegaron  ao río, o seu pai explicoulle como se pescaba un peixe .
          O neno estaba moi nervioso e cando se moveu un pouco a cana, empezou a recoller coma si estivese tolo. Pero ao final  só traía unha morea de paus e follas. Volveu lanzar e enganchou unha póla dunha árbore.
       O neno estaba moi desilusionado. De repente, esvarou e caeu ao río. Cando se levantou, foi correndo ao coche chorando, pero volveu caer, esta vez na lama, e ao final tiveron que marchar.
DANIEL


(Imaxe baixada de interenet)
GATIÑO PERDIDO
        Cando vin ese gato na beira do río, preocupeime e decidín levalo para a casa.
        Ao chegar, miña nai díxome que vira os anuncios de perdido, e...como debía ser, entregueino ao seu dono ao día seguinte. 
        ¡Qué ben me sentín !
DAVID


(Imaxe baixada de internet)

A PANTASMA
A nena alegrouse moito porque tiña con quen falar. Falaba coa sua amiga pantasma, Rosa. Cooñecéraa un día pola noite cando estaba na casa da súa avoa. Ao principio tivo medo pero despois fixéronse amigas.  
INÉS



(Imaxe baixada de internet)

A VERDADEIRA AMIZADE
          Por fin entendía o que significaba a amizade. Había pouco que se coñeceran e tiñan cousas en común. Para elas a amizade era un estado de completa felicidade. Entre elas contábanse as súas vivenzas, apoiábanse, axudábanse, sentíanse respaldadas unha ó lado da outra.
          Era verdadeira amizade, algo que non se pode expresar con palabras, porque é un sentimento moi especial.
ALEJANDRO


(Imaxe baixada de internet)


O DESEXO DO NENO
          Relaciónase cada vez máis cos nenos da clase dende que pediu o desexo  á fada. Pediuno un día cando encontrou unha variña máxica no bosque. Viu unha fada e pensou que a variña máxica era dela. Por devolverlle a variña, a fada fixo realidade o desexo do neno de ser  máis popular.
INÉS


(Imaxe baixada de internet)

¡UN XOGO MARABILLOSO!
          Relaciónase cada vez máis cos nenos da clase porque ao fin encontrou algo que lles gusta a todos: ¡xogar ao fútbol! Dende entón sempre xogan todos xuntos.
MARCOS


                                                           

(Imaxe baixada de internet)


O NENO MAGO
Todos quedaron en paz cando a guerra acabou grazas a un neno moi bo. Ese neno era un mago que odiaba as pelexas e que, cun feitizo, conseguiu que parara. Dende entón non se fixeron mais guerras nese país.
INÉS





               UN DÍA NOS KARTS
(Imaxe baixada de internet)
          Un día fun ao circuíto de karts de Ourense con meu irmán David. Cando nos subimos aos karts, os dous decidimos botar unha carreira. Quen perdese tiña que invitar ao outro a unha comida. A carreira era de tres voltas e os dous queriamos gañar, pero eu tiña un coche algo máis rápido e el non o sabía. 
          Deron o sinal e eu saín primeiro, anque a poucos metros. O que tiña pensado era coller as curvas pechadas para conseguir máis distancia. Ao final gañei, e deime un bo festín.  
DANIEL



(Imaxe baixada de internet)
A CASA ENCANTADA

Fora unha broma da súa nai o de poñer os fantasmas qe se moven para asustar ao seu fillo. Cando o neno os veu, botou a correr pola casa, e ía dicindo qe a casa estaba encantada, ata qe descubriu que a súa nai  fora a culpable.
LUCÍA




(Imaxe baixada de internet)
O HOME DO SACO
Daba medo a historia que me contou o meu tío. Trataba dun home que ía cun saco recollendo nenos pola rúa. Unha vez colleu un neno con moitos cartos encima, pero a cousa é que deixou os cartos no chan. O que facía cos nenos era levalos para outro país.
NACHO





(Imaxe baixada de internet)

MALA SORTE
Quedou feito anacos o xarrón que lle regalaron a miña nai cando casou. Está moi triste. O meu pai intentou comprar outro pero non había un igual. O da miña nai  era con flores, e o que ía mercar el tiña cadrados. Agora temos que poñer, en vez dun xarrón, unha cunca chea de adornos.
NACHO




(Imaxe baixada de internet) 
A BROMA DA NAI
          - ¡O inverno é para xogar! – dixo un neno aos seus amigos.
          Era inverno e estaban xogando coa neve. Os rapaces pasábano xenial. De repente, un boneco de neve, que acababan de facer, empezou a moverse. Os nenos fuxiron, pero volveron e déronse conta de que fora unha broma da súa nai.  




(Imaxe baixada de internet)  
¡QUE SUSTO!
O maior susto que levara na súa vida ata agora fora cando o seu amigo Xosé lle gastou unha broma. Un día de noite levantouse e foi ao faiado porque oíu uns ruídos raros. Xosé puxera unhas pantasmas e uns esqueletos de mentira. Saíu correndo de alí aterrorizado. Pero onte, na rúa, aínda se asustou máis porque viu un home lobo. Espero que non fora de verdade.
INÉS



7 feb 2012

CULTURA CLÁSICA

(Templo de Apolo, en Delfos (Grecia)


Aproveitando que o tema da nosa biblioteca neste curso 2.011 - 2.012  vai das antigas ROMA e GRECIA, aquí tendes unha unidade didáctica (elaborada por María Méndez, profesora de secundaria do noso colexio); unha Webquest sobre Grecia (elaborada por Bibliorubians) para traballar en equipo e tamén de forma individual; e unhas actividades interactivas Lim (do CEIP de Rubiáns).