O día 28 de novembro, os alumnos de 6º de primaria fixemos
unha saída cultural ao parque eólico de Sotavento, na que invertimos a mañá
enteira.
Cando chegamos, despois de sacar unhas fotos por fóra,
recibíronnos uns monitores, dividímonos por clases para facer as visitas por
separado. Nós, os de 6ºA, primeiro vimos a vivenda bioclimática. Explicounos
como eran de anchas as paredes, para aproveitar a temperatura interior, como
reciclaban a auga do lavabo para usala na cisterna; na cociña, explicáronnos os
diferentes tipos de electrodomésticos para menor consumo de enerxía. Apendemos
cousas moi interesantes:
- que temos que desenchufar os cargadores cando non se usen...
- apagar todos os aparatos no botón de apagado...
- que todas as enerxías contaminan, menos o dedo...
- no salón ensináronnos como estaba preparada a casa para abrir
ou cerrar ela soa as persianas para regular a temperatura....
Na entrada tiña un estanque que recollía a auga da chuvia e
no que se reflexaba a luz do sol, logo esa auga úsase para o riego do xardín no verán.
Logo, cambiamos co
outro grupo, e tocounos a explicación das distintas fontes de enerxía en
maquetas, as renovables e non renovables (cos efectos que acarrean). Vimos
tamén o funcionamento dos muíños de vento, estivemos na sala de control dos
muíños. Xa coñeciamos bastante sobre
estas enerxías porque estabámo-las a traballar no cole.
Ao final, xuntáronnos as dúas clases para facer un examen
competitivo entre clases como se fose o xogo da oca, pero con preguntas sobre
as enerxías, e cando millor o estabamos pasando ... chegou a hora de marchar!, e quedou o xogo sen saber o gañador.
Hai que repetilo!
Paula, Ismael
Castro, Marta e Silvia (6ºA)