 |
(Imaxe baixada de internet) |
O escaravello Quisque non tiña amigos e sentíase moi só. Un día decidiu que iso tiña que acabar.
Quisque empezou a camiñar en dirección ao bosque para falar cos demais animais e encontrar un amigo.
Primeiro encontrou a unha bolboreta e Quisque preguntoulle:
-¡Ola! ¿Como te chamas? Eu Quisque.
-¡Ola! Chámome Marila -díxolle a bolboreta-. ¿A que son fermosa?
-Si, es moi fermosa -respondeu Quisque pensando que era demasiado presumida para ser a súa amiga-. Adeus.
-Adeus -dixo tamén a bolboreta.
Quisque seguiu camiñando e atopouse cun verme.
-¡Ola! -dixo Quisque-. ¿Como te chamas? Eu Quisque.
-¡Ola! Chámome Xoré -contestou o verme-. ¿Queres vir á miña casa? Está no outro lado do bosque.
A Quisque non lle gustaba camiñar moito e dixolle:
-Outro día -e foise.
Quisque esta vez encontrouse con outro escaravello e preguntoulle:
-¡Ola! ¿Cómo te chamas? Eu Quisque.
-¡Ola! Chámome Petro -contestoulle o outro escaravello-. ¿Gústache ver a tele? A min si.
-Si, gústame moito -contestou Quisque-. ¿Gústache correr? A min non.
-Non, non me gusta nada.
Así Quisque encontrou un amigo de verdade.
Inés