16 ene 2011

O ESCARAVELLO QUISQUE (diálogo)

             
(Imaxe baixada de internet)
           O escaravello Quisque non tiña amigos e sentíase moi só. Un día decidiu que iso tiña que acabar.
          Quisque empezou a camiñar en dirección ao bosque para falar cos demais animais e encontrar un amigo.
          Primeiro encontrou a unha bolboreta e Quisque preguntoulle:
          -¡Ola! ¿Como te chamas? Eu Quisque.
          -¡Ola! Chámome Marila -díxolle a bolboreta-. ¿A que son fermosa?
        -Si, es moi fermosa -respondeu Quisque pensando que era demasiado presumida para ser a súa amiga-. Adeus.
          -Adeus -dixo tamén a bolboreta.
          Quisque seguiu camiñando e atopouse cun verme.
          -¡Ola! -dixo Quisque-. ¿Como te chamas? Eu Quisque.
          -¡Ola! Chámome Xoré -contestou o verme-. ¿Queres vir á miña casa? Está no outro lado do bosque.
          A Quisque non lle gustaba camiñar moito e dixolle:
          -Outro día -e foise.
          Quisque esta vez encontrouse con outro escaravello e preguntoulle:
          -¡Ola! ¿Cómo te chamas? Eu Quisque.
         -¡Ola! Chámome Petro -contestoulle o outro escaravello-. ¿Gústache ver a tele? A min si.
          -Si, gústame moito -contestou Quisque-. ¿Gústache correr? A min non.
          -Non, non me gusta nada.
          Así Quisque encontrou un amigo de verdade.                                                           
                                                                                                                 Inés

11 comentarios:

mamita dijo...

Moi interesantes todos os traballos dos nenos.A seguir asi o resto do curso!!!!

Tú osita:) dijo...

Non me gusta moito eso do "Escarabello Quique"pareceme de mal gusto peterse con os escarabellos...
Lo siento Inés pero no me gusta:(

mestra-e dijo...

Pois a min non me gusta que te metas co pobre escaravello Quisque escribindo o seu nome con faltas; e non foi Inés quen escolleu o animaliño, era unha actividade da clase que mandou a mestra.

mamita dijo...

Pois a min este traballo en particular pareceme que está moi ben. Temos que animar aos nenos a que fagan mais cousas creativas que desenrolen a imaxinación e aprendan a escribir correctamente.

mestra-e dijo...

Na miña intervención anterior, referíame a Tú osita. Non sei se quedara claro...

Gatita dijo...

El diálogo do escaravello quique mola mucho:)
BESITOSS:)

girl dijo...

Felicito a Inés por su buen trabajito.Es muy interesante y a la vez muy divertidito

TE FELICITO

Amante dijo...

Me encanta , es muy bonito :)

Anele dijo...

Pareceme moi boa idea que fagades diálogos,pois así cada vez salirán mellor.

Tizzia dijo...

Está bien el diálogo de Inés.Puestos a analizar ,tiene un final feliz porque Quisque por fin encuentra un amigo pero,¿no os parece que era un poco exigente?.Para que alguién sea tu amigo hay que aceptar también sus defectos.Bueno,animaros a hacer más y dejar volar vuestra imaginación.

luzzy dijo...

Gustanme moito os contos de animaliños.
SON TAN TERNOS:)