5 abr 2011

NOTICIAS FUTURAS (5ºA para DTODO)

(Imaxe baixada de internet)

¡CAMPIÓNS DO MUNDO!
No minuto 85, un gol de Aranzubía deunos o segundo mundial.

España gañou o mundial do 2.014 grazas a un gol do novo porteiro da selección, o avoíño Aranzubía. No minuto 85, un córner forzado por Fábregas, que centrou Xavi, foi directamente á cabeza do gardameta deportivista que subiu desde a súa portería coma un tolo para probar sorte e, grazas a ese intento, conseguiu marcarlle ao porteiro brasileiro Julio César.
Nen@s Noticieir@s, 7 de Xuño de 2.014
(Martín, Álex e David)

AVIÓN PARA UNHA NENA
A unha nena que vive en EEUU regaláronlle un avión feito de ouro puro no seu aniversario.

Unha nena de dez anos chamada Alexia ten un avión feito de ouro puro. O avión regaloullo o seu padriño, e ía acompañado dun piloto privado. Segundo os seus pais, Alexia está seguido no seu avión, non sae nin para comer.
Nen@s Noticieir@s, 2 de Xuño de 2.020.
(Lucía, Susi e Andrea)

UN DESASTRE PARA OS FAMOSOS
No corte inglés naceu unha árbore de 1 km e engancháronse nela 4 famosos que foron rescatados por tres nenas de C.P.I Castro Baxoi.

Naceu unha árbore xigante no solo do Corte Inglés. Un home chamou aos bombeiros porque viu a Paris Hilton enganchada nunha póla polo tanga. Os bombeiros viron a árbore, pero tiveron medo e fóronse correndo. A xente asombrouse e correu tras os bombeiros e Paris Hilton enfadouse. Despois chegou Justin Bieber e riuse, dou 3 pasos e enganchouse. De súpeto chegou Shakira que quería salvar a Justin Bieber e enganchouse tamén. Chegou toda disposta Lady Gaga a salvar aos 3, acercouse a árbore e quedou enganchada. E por último apareceron Esther, Carmen e Inés, foron sensatas, cortaron a árbore e salvaron aos catro. Os famosos déronlles 15.000€ a cada unha. Cando saíron, uns periodistas entrevistáronas e dixeron que se ían moi felices.
Nen@s Noticieir@s, 31 de marzo de 2.025
(Inés, Carme e Esther)


O PORCO DE METAL
Un vendedor da feira decidiu crear un porco de metal para utilizalo como axuda ó concello.

En Cádiz, un home chamado Milka J.T. decidiu construír un porco de metal para facer os traballos do xardín municipal a cambio de diñeiro, porque na feira non gañaba nin un euro. O concello deulle as grazas e moito diñeiro, pero quedou arruinado.
Nen@s Noticieir@s, 20 de xullo do 2.034.
(Nacho, Daniel e Miguel)

DESCÓBRESE A TEMUS
Atópase unha nova enfermidade capaz de deformar as pernas.

Un laboratorio galego descubre unha nova enfermidade chamada Temus. Esta enfermidade produce deformación nas pernas e problemas cardíacos. Moitos laboratorios do mundo están investigando con bacterias da enfermidade para crear unha vacina que a poida curar. Pero, de momento, é demasiado forte para os humanos.
Nen@s Noticieir@s, 21 de Novembro do 2.060
(Raúl, Rubén e Pablo)


 MULTA ESPACIAL
Extraterrestres dun autobús espacial son multados por lanzar un meteorito ao planeta Marte.

Un autobús espacial, que levaba dez nenos e oito nenas extraterrestres, lanzou un meteorito ao planeta Marte. Baixaron un momento do autobús e déronlle unha patada. Un garda espacial multou o condutor extraterrestre cunha multa de trece céntimos, traballar gratis oito anos, ser amistoso cos extraterrestres de Marte e non chamarlles vermexudos nin marxinados.
Nen@s Noticieir@s, 31-12-30.182
(Marcos, Iván, Jose e Adrián)

4 comentarios:

The girls dijo...

As noticias son moi divertidas, entre elas moitas son excelentes e graciosas.A nos a que maís nos gustou foi UN DESASTRE PARA OS FAMOSOS.

One girl dijo...

Como molan todas as noticias, son fantásticas, os nenos e nenas de 5ºA, fixeron un bo traballo.

Anónimo dijo...

As noticias son fantasticas sobre todo un desastre para os famosos...
BESITOSS:)

Anele dijo...

As noticias futuristas están moi ben. Só unha delas se pode cumprir e gustaríame moito que así fora.Aranzubía pódenos dar esa alegría.¡FORZA DEPOR!¡VIVA ESPAÑA!e como non ...¡VIVAN OS NEN@S NOTICIEI@S!