7 may 2011

POESÍA DIRIXIDA (5ºA)

(Imaxe propiedade de ite)
Vento, ¿de onde vés?
Veño desde o ceo
e baixei polo Everest.

Vento, ¿a onde vas?
Vou recorrer o mundo
para as castañas asar.

Vento, ¿por que o fas?
Porque así os nenos
felices están.

-------------------------------------------------------------------------

Onte fun de excursión
e paseino moi ben.
Tamén vin un cabalo
polas vías do tren.

Hoxe vou de paseo
pola beira do monte
e se quero beber
podo ir a unha fonte.

Mañá irei á taberna do lado
e comerei camaróns.
¡Haberá que estar atentos,
que non os leven os ladróns!

(Imaxe baixada de internet)

Onte fun xogar ao fútbol
un partido.
E o árbitro expulsoume
cun asubío.

Hoxe é luns
e fun á escola.
Metinme nun lío
que vai traer cola.

Mañá irei á casa dos avós.
Xogarei co meu can
e despois comerei
un cacho de pan.

----------------------------------------------------------------------------------------------

Anque vaia moito frío
nunca para o granxeiro.

Anque teña que ir ao río
nunca se detén o peixeiro.

Anque o día non sexa sombrío
sempre traballa o faroleiro.


(Imaxe propiedade de ite)


Anque vaia moito frío
nunca poño o meu abrigo.

Anque teña que ir á escola
nunca o paraugas me amola.

Anque castigada estea
sempre mirarei as estrelas.

------------------------------------------------------------------------------------------------

(Imaxe propiedade de ite)




O Sol é como unha esfera,
como unha pelota rodando,
como Xúpiter xigante,
como a Lúa ardente.






------------------------------------------------------------------------------------------------


(Imaxe propiedade de ite)



A cidade ten casas,
nas casas hai persoas,
as persoas poñen roupa,
a roupa é de cores
e as cores son bonitas.




9 comentarios:

One girl dijo...

Son moi bonitas as poesias que fixeron os nenos e nenas de 5ºA.

luzzy dijo...

Gustanme moito todas son fermosas

Anónimo dijo...

o meu poema e preciosisimo jajajajajajaj:)

Tú Osita dijo...

NO TODOS LOS POEMAS SON BONITOS EL DEL DÍA SOMBRIO NO ES MUY BONITO QUE SE DIGA...
BeSiToSs:)

new star dijo...

Son moi chulos canta imaxinacion teñen as nenas e nenos do 3ºciclo de primaria.=)

One girl dijo...

Gustanme moito estas poesias, son todas preciosas:]

RoXy:) dijo...

Que creativos son os de 5ºA.

Anónimo dijo...

son todos moi chulo¡¡¡¡¡
xdddddddd¡¡¡¡¡¡

andrea 5ºB dijo...

Gustanme todas un monton.