![]() |
(Imaxe baixada de internet) |
Os alumnos de 5ºA quixemos facer a nosa aportación de outono, recopilando receitas que se fixesen nas nosas casas con produtos desta estación. Preguntamos ás avoas, nais, tías...
TARTA DE CABAZA
Ingredientes:
¼ de cunca de leite. 1 cunca de puré de cabaza. ½ cunca de azucre moreno. 2 ovos. 2 cuncas de fariña. 1 sobre de lévedo. 2 culleiradas de canela.
Elaboración do puré:
Cocer en auga fervendo a pulpa da cabaza unos 10 minutos, despois quitamos o caldo e pasámolo pola batedeira ata que quede o puré.
Elaboración:
Remexer o leite, o puré, o azucre e os ovos. Remexer a fariña, o lévedo e a canela. Xúntase as duas mezclas e bótanse nun molde engraxado. Métese o forno 150º - 160º o redor de 60 min.
Marta 5ºA
PAPAS DE MELÓN
Ingredientes:
- Cabaza coa cortiza ben alaranxada e encoirada - Pela de limón - Rama de canela - Leite - Unha cullerada de manteiga - Azucre - Fariña - Auga
Elaboración:
Necesítase un melón maduro, coa cortiza ben alaranxada e encoirada, hai que pelalo e cortalo en pedaciños como se fosen patacas para o caldo. Ponse a cocer, en auga a cubrir, cunha pela de limón e unha rama de canela. Deixase cocer ben e vaise esmagando cunha ferrada ou similar. Bótaselle leite e unha cullerada de manteiga e azucre a gusto do lambón. Cando queira volver a ferver váiselle botando a fariña pouco a pouco, ata conseguir unhas papas que non queden "nin moi duras,nin moi escangarriñadas".
Diego González 5º A
TORTA DE NOCES
Ingredientes:
1 iogur natural ou de limón. 1 vaso de aceite de xirasol (medida do iogur). 2 vasos de azucre. 3 vasos de fariña. 1 sobre de royal. 4 ovos. 300 gramos de noces. Unha pizca de sal.
Elaboración:
Elaboración:
Dos 300 gramos de noces 150 gramos sepáranse e córtanse en anacos coma garavanzos, o resto métense nun bol co resto dos ingredientes, batemos todo xunto, cas aspas do batedor ata que teñamos unha masa homoxénea . Botamos o resto das noces e metemos todo nun molde desmontable untado con manteca e fariña. Metémolo no forno a 180º C 50 minutos.Desmoldeamos e deixamos enfriar.
Samuel Sánchez Lago 5ºA
PASTEL DE CHOCOLATE CON NOCES
Ingredientes:
125 gr. de chocolate 125 gr. de manteiga 125 gr. de azúcar 3 cucharadas de leite 3 ovos 80 gr. fariña 50 gr. de noces peladas 1 cucharadiña de levadura Royal Manteiga para o molde
Elaboración:
Untar un molde con manteiga, fundir o chocolate no microondas, añadir a manteiga branda, mezclar cas noces. Noutro recipiente mezclar os ovos, o azúcar, o leite, a fariña e a levadura, batir todo e mezclalo co anterior. Meter no microondas 6 minutos Bo proveito!
ARROZ DE OUTONO CON AMEIXASIngredientes:
400 g de arroz 8 ameixas 50 g de níscalos 50 g de linguas de boi 50 g de boletus 50 g de chantaletus 2 dentes de allo ½ cebola ½ cucharada de pementón doce Caldo de peixe Aceite de oliva virxe extra Sal
Elaboración:
A fogo lento, nunha paelleira con aceite de oliva, sofritir a cebola cortada en xuliana e os cogomelos limpos e troceados.Entón añadese o arroz. Unha vez dourado, incorporase o caldo de peixe fervendo, as ameixas e a sal. Cocese durante 20 minutos. Nunha sartén aparte sofriense os allos picados miudos con aceite de oliva, añadese ao guiso de arroz e deixase ferver uns minutos máis. Para terminar, unha vez cocido o arroz agregase un pouco de pimentón doce frito no aceite de oliva.
Adrián (5A)
ARROZ DE OUTONO CON AMEIXAS

Patricia (5º A)