23 nov 2011

RECEITAS DO OUTONO (5º A)


(Imaxe baixada de internet)



Os alumnos de 5ºA quixemos facer a nosa aportación de outono, recopilando receitas que se fixesen nas nosas casas con produtos desta estación. Preguntamos ás avoas, nais, tías...






TARTA DE CABAZA 
Ingredientes
¼ de cunca de leite. 1 cunca de puré de cabaza. ½ cunca de azucre moreno. 2 ovos. 2 cuncas de fariña. 1 sobre de lévedo. 2 culleiradas de canela.   
Elaboración do puré
Cocer en auga fervendo a pulpa da cabaza unos 10 minutos, despois quitamos o caldo e pasámolo pola batedeira ata que quede o puré. 
Elaboración
Remexer o leite, o puré, o azucre e os ovos. Remexer a fariña, o lévedo e a canela. Xúntase as duas mezclas e bótanse nun molde engraxado. Métese o forno 150º - 160º o redor de 60 min.     
Marta 5ºA  
   

PAPAS DE MELÓN 
 Ingredientes:
- Cabaza coa cortiza ben alaranxada e encoirada - Pela de limón - Rama de canela - Leite - Unha cullerada de manteiga - Azucre - Fariña - Auga 
Elaboración
Necesítase un melón maduro, coa cortiza ben alaranxada e encoirada, hai que pelalo e cortalo en pedaciños como se fosen patacas para o caldo. Ponse a cocer, en auga a cubrir, cunha pela de limón e unha rama de canela. Deixase cocer ben e vaise esmagando cunha ferrada ou similar. Bótaselle leite e unha cullerada de manteiga e azucre a gusto do lambón. Cando queira volver a ferver váiselle botando a fariña pouco a pouco, ata conseguir unhas papas que non queden "nin moi duras,nin moi escangarriñadas". 
Diego González 5º A 



TORTA DE NOCES 
Ingredientes
1 iogur natural ou de limón. 1 vaso de aceite de xirasol (medida do iogur). 2 vasos de azucre. 3 vasos de fariña. 1 sobre de royal. 4 ovos. 300 gramos de noces. Unha pizca de sal.
Elaboración
Dos 300 gramos de noces 150 gramos sepáranse e córtanse en anacos coma garavanzos, o resto métense nun bol co resto dos ingredientes, batemos todo xunto, cas aspas do batedor ata que teñamos unha masa homoxénea . Botamos o resto das noces e metemos todo nun molde desmontable untado con manteca e fariña. Metémolo no forno a 180º C 50 minutos.Desmoldeamos e deixamos enfriar. 
Samuel Sánchez Lago 5ºA



PASTEL DE CHOCOLATE CON NOCES
Ingredientes
125 gr. de chocolate 125 gr. de manteiga 125 gr. de azúcar 3 cucharadas de leite 3 ovos 80 gr. fariña 50 gr. de noces peladas 1 cucharadiña de levadura Royal Manteiga para o molde 
Elaboración: 
Untar un molde con manteiga, fundir o chocolate no microondas, añadir a manteiga branda, mezclar cas noces. Noutro recipiente mezclar os ovos, o azúcar, o leite, a fariña e a levadura, batir todo e mezclalo co anterior. Meter no microondas 6 minutos Bo proveito!
Adrián (5A)



ARROZ DE OUTONO CON AMEIXAS   
Ingredientes:
400 g de arroz 8 ameixas 50 g de níscalos 50 g de linguas de boi 50 g de boletus 50 g de chantaletus 2 dentes de allo ½ cebola ½ cucharada de pementón doce Caldo de peixe Aceite de oliva virxe extra Sal
Elaboración:
A fogo lento, nunha paelleira con aceite de oliva, sofritir a cebola cortada en xuliana e os cogomelos limpos e troceados.Entón añadese o arroz. Unha vez dourado, incorporase o caldo de peixe fervendo, as ameixas e a sal. Cocese durante 20 minutos. Nunha sartén aparte sofriense os allos picados miudos con aceite de oliva, añadese ao guiso de arroz e deixase ferver uns minutos máis. Para terminar, unha vez cocido o arroz agregase un pouco de pimentón doce frito no aceite de oliva. 
 Patricia (5º A) 

15 comentarios:

♥Love Music♫ dijo...

Que ben que puxeran receitas. Bou facelas, seguro que todo está rico.

andrea 5ºB dijo...

Que ricas teñen que estar as receitas.

Samuel5ºB dijo...

Todo isto debe estar exquisito.

zaira 5º B dijo...

Que boa pinta teñen as receitas.

Silvia 5ºA dijo...

Por fin xa as subiron todas,que boa pinta teñen.

majodogo dijo...

Non se subiron todas,xa sabes que tedes máis, pero nas teño no meu poder.

Doraniño dijo...

Gracias 5ºA por estas deliciosas receitas.

Ana y Zaira 5ºB dijo...

Que boa pinta teñen, seguro que estan riquísimas.

Samu ;) 5ºA dijo...

Jajajajaja que ben que vos guste.




Un saludo
Samuel

Silvia 5ºA dijo...

De nada Doraniño

Anónimo dijo...

A de Patricia está boisima.

Un saludo.

Anonimo.

ivan 5ºB dijo...

Estan guapas .

andrea 5ºB dijo...

Están todas moi boas .Pero as papas de melón.

Marta 5ºA. dijo...

Probadeas que seguro qe estan moi ricas a miña xa vos digo eu que si.

eStEfAnÍa dijo...

esa torta de cabaza nunca a probei pero debe estar boa.