23 nov 2011

RECEITAS DO OUTONO (5º A)


(Imaxe baixada de internet)



Os alumnos de 5ºA quixemos facer a nosa aportación de outono, recopilando receitas que se fixesen nas nosas casas con produtos desta estación. Preguntamos ás avoas, nais, tías...






TARTA DE CABAZA 
Ingredientes
¼ de cunca de leite. 1 cunca de puré de cabaza. ½ cunca de azucre moreno. 2 ovos. 2 cuncas de fariña. 1 sobre de lévedo. 2 culleiradas de canela.   
Elaboración do puré
Cocer en auga fervendo a pulpa da cabaza unos 10 minutos, despois quitamos o caldo e pasámolo pola batedeira ata que quede o puré. 
Elaboración
Remexer o leite, o puré, o azucre e os ovos. Remexer a fariña, o lévedo e a canela. Xúntase as duas mezclas e bótanse nun molde engraxado. Métese o forno 150º - 160º o redor de 60 min.     
Marta 5ºA  
   

PAPAS DE MELÓN 
 Ingredientes:
- Cabaza coa cortiza ben alaranxada e encoirada - Pela de limón - Rama de canela - Leite - Unha cullerada de manteiga - Azucre - Fariña - Auga 
Elaboración
Necesítase un melón maduro, coa cortiza ben alaranxada e encoirada, hai que pelalo e cortalo en pedaciños como se fosen patacas para o caldo. Ponse a cocer, en auga a cubrir, cunha pela de limón e unha rama de canela. Deixase cocer ben e vaise esmagando cunha ferrada ou similar. Bótaselle leite e unha cullerada de manteiga e azucre a gusto do lambón. Cando queira volver a ferver váiselle botando a fariña pouco a pouco, ata conseguir unhas papas que non queden "nin moi duras,nin moi escangarriñadas". 
Diego González 5º A 



TORTA DE NOCES 
Ingredientes
1 iogur natural ou de limón. 1 vaso de aceite de xirasol (medida do iogur). 2 vasos de azucre. 3 vasos de fariña. 1 sobre de royal. 4 ovos. 300 gramos de noces. Unha pizca de sal.
Elaboración
Dos 300 gramos de noces 150 gramos sepáranse e córtanse en anacos coma garavanzos, o resto métense nun bol co resto dos ingredientes, batemos todo xunto, cas aspas do batedor ata que teñamos unha masa homoxénea . Botamos o resto das noces e metemos todo nun molde desmontable untado con manteca e fariña. Metémolo no forno a 180º C 50 minutos.Desmoldeamos e deixamos enfriar. 
Samuel Sánchez Lago 5ºA



PASTEL DE CHOCOLATE CON NOCES
Ingredientes
125 gr. de chocolate 125 gr. de manteiga 125 gr. de azúcar 3 cucharadas de leite 3 ovos 80 gr. fariña 50 gr. de noces peladas 1 cucharadiña de levadura Royal Manteiga para o molde 
Elaboración: 
Untar un molde con manteiga, fundir o chocolate no microondas, añadir a manteiga branda, mezclar cas noces. Noutro recipiente mezclar os ovos, o azúcar, o leite, a fariña e a levadura, batir todo e mezclalo co anterior. Meter no microondas 6 minutos Bo proveito!
Adrián (5A)



ARROZ DE OUTONO CON AMEIXAS   
Ingredientes:
400 g de arroz 8 ameixas 50 g de níscalos 50 g de linguas de boi 50 g de boletus 50 g de chantaletus 2 dentes de allo ½ cebola ½ cucharada de pementón doce Caldo de peixe Aceite de oliva virxe extra Sal
Elaboración:
A fogo lento, nunha paelleira con aceite de oliva, sofritir a cebola cortada en xuliana e os cogomelos limpos e troceados.Entón añadese o arroz. Unha vez dourado, incorporase o caldo de peixe fervendo, as ameixas e a sal. Cocese durante 20 minutos. Nunha sartén aparte sofriense os allos picados miudos con aceite de oliva, añadese ao guiso de arroz e deixase ferver uns minutos máis. Para terminar, unha vez cocido o arroz agregase un pouco de pimentón doce frito no aceite de oliva. 
 Patricia (5º A) 

14 nov 2011

COGOMELOS DO OUTONO

En internet atoparedes fotografías moito máis espectaculares ca estas caseiras. Picade aquí para velas ou para buscar información sobre algúns cogomelos. 
¡Coidado cos cogomelos! Son fermosos, pero poden ser perigosos.


AMANITA MUSCARIA












AMANITA MUSCARIA












AMANITA MUSCARIA












AMANITA MUSCARIA












AMANITA SPISSA












AMANITA PANTHERINA












AMANITA CITRINA
















AMANITA RUBESCENS










LACTARIUS DELICIOSUS(níscalos)
LACTARIUS DELICIOSUS (níscalos)










LACTARIUS CONTROVERSUS











LACTARIUS CONTROVERSUS











AGARICUS CAMPESTRIS (champiñón de campo)












AGARICUS











MACROLEPIOTAS                                 (sen abrir)












MACROLEPIOTAS












MACROLEPIOTAS











MACROLEPIOTAS











MACROLEPIOTA VENENATA











MACROLEPIOTA VENENATA












BOLETUS ECABER












ARMILLARIA MELLEA












CALVATIA












GYMNOPILUS JUNONIUS












RAMARIA












SEN IDENTIFICAR












SEN IDENTIFICAR












SEN IDENTIFICAR












SEN IDENTIFICAR












 SEN IDENTIFICAR












BOLETUS ERYTHROPUS












BOLETUS ERYTHROPUS















BOLETUS ERYTHROPUS


11 nov 2011

XA TEMOS BLOG!

(Imaxe baixada de internet)

Xa era hora, pero todo chega, por fin podemos participar no blog do 3º CICLO ``na Marisma´´.

Xa fai uns días que nos puxemos a andar cuns pequenos comentarios. Estamos algo nerviosos, quen non lembra esos primeiros pasos, esa primeira vez...

A partir de agora iremos contando algunhas das nosas experiencias para que todos e todas poidades disfrutar con nós.

Ata pronto.
                                                             Os alumnos de 5ºB   (Foto)