5 abr 2012

ADIVIÑA ADIVIÑANZA

(Imaxe baixada de internet)

Nesta entrada imos entrenar as neuronas. Preparados... listos...¡xa!

Aparecerán por aquí enigmas sinxelos que teredes que intentar resolver. Non subiremos o seguinte ata que estea resolto o anterior. E non daremos a solución ata que haxa, alomenos, 5 comentarios con respostas razoables ou 1 coa resposta exacta.



Velaí o primeiro:
Hai seis vasos en fila, os tres primeiros están cheos de auga e os outros tres están baleiros. ¿Que debes facer para que, movendo un vaso só, os cheos e os baleiros queden alternos? ( un cheo, un baleiro, un cheo, un baleiro…)

Segundo:
María ten o mesmo número de irmás ca de irmáns; en cambio, seu irmán Daniel ten o dobre de irmás ca de irmáns. ¿Cantos irmáns son en total, contando a María e Daniel?

Terceiro:

Un gato saltou desde o bordo da ventá dun décimo quinto piso, pero non se feriu nada. ¿Como é posible isto?

Cuarto
Debes construír unha frase poñendo en orde as 6 palabras que consiguirás respondendo ás seguintes cuestións.

1.- Os que non son invidentes, realizan esta acción.
2.- Palabra formada por dúas letras: a primerira é a terceira e a segunda é a primeira.
3.- A palabra é o resultado destas operacións encadeadas: (12x3) + (5x2) - (6x7) =........
4.- Continúa a serie: MENOS-TANTO-........
5.- A palabra é o resto desta división menos un.  139 : 68=
6.- Órganos dos sentidos con estores.

Quinto
Antes de que os exploradores descubriran o Everest, ¿cal era a montaña máis alta da Terra?

Sexto
¿Cómo dividirías un reloxo de agullas en 6 partes de manera que a suma dos números que queden dentro de cada parte sexa sempre a mesma?

Séptimo
Un home que ten un lobo, unha cabuxa e unha col quere cruzar o río cunha barca na que só caben el máis outro elemento. Non pode deixar o lobo coa cabuxa porque a comerá, nin a cabuxa coa col. ¿Cómo terá que facer para para cruzar o río sen perder nada do que leva?

Oitavo
Completa as frases seguintes de maneira que sexan certas:

“Esta frase tiene ………………. palabras.”
¿Era faciliña, non?
“Esta frase tiene …….................. letras.”
¡Esta última xa non é tan fácil, eh!

Noveno
¿Como podemos colocar 24 rapaces en 6 filas de maneira que en cada fila haxa 5 rapaces?

Décimo
Un caracol vai subindo por un muro de 8 metros de alto. Durante o día sobe 2 metros pero pola noite, mentres dorme, cae 1 metro. ¿Cantos días tarda en subir a parede?

Undécimo
Se dúas moedas suman 15 céntimos e unha delas non é de 5 céntimos, ¿de que moedas falamos?

Duodécimo
No deserto hai un oasis vixiado por un garda. Quen queira beber nel, ten que facer xustamente o que o garda lle di: “Debes medir exactamente un litro de auga coa axuda deste cacharro de 3 litros e estoutro de  5 litros” ¿Saberíalo facer ti?


Décimo terceiro
1.- O profesor de matemáticas demostroulles na pizarra aos seus alumnos que a metade de oito é igual a tres. ¿Como fixo?
2.- Como lles pareceu fácil, fíxolles outra demostración: a metade de nove é igual a catro. ¿Como fixo?

Décimo cuarto
Varias persoas celebran un aniversario. Son 8 e teñen que repartir unha tarta redonda de maneira que lle toque un chacho igual a cada un. Entre elas hai un ao que lle chaman Pitagorín e di que el é capaz de facelo con só 3 cortes? ¿Como o fará?


Décimo quinto
Hai moitos anos, cando as cousas custaban moito menos ca agora, Roi e Xosé foron á libraría mercar un caderno. Os dous levaban cartos, pero non lles chegaron. A Roi faltábanlle 2 céntimos para poder compralo e a Xosé, 24 céntimos. Xuntaron os cartos dos dous e tampouco eran suficientes para comprar un caderno. ¿Canto custaba o caderno?



87 comentarios:

♥Love Music♫ dijo...

¡Que divertido, voy a intentar hacerlas todas, si me salen porque esta tiene pinta de ser difiícil.

♥Love Music♫ dijo...

Creo que hay que llenar el quinto vaso con el agua del segundo vaso para conseguir que queden alternos.

Samuel e Cristian 5ºA dijo...

Intercambiamos o segundo vaso e o quinto vaso.

Silvia y Marta 5ºA dijo...

Collemos o 2º vaso cheo de auga e vaciámolo no 5º vaso.

María e Patri 5º A. dijo...

Hai que coller o segundo vaso cheo e valeiralo todo no segundo valeiro e xa quedan alternos.

Erika 5ºA dijo...

Creo que a resposta axeitada e chear o vaso 5 co a auga do 2º vaso para que quedaran en :cheo,baleiro,cheo,bleiro,cheo e baleiro

Adrian y Diego 5ºA dijo...

Vaciando a auga do segundo vaso no quinto vaso.

DiegoA. Tino 5ºA dijo...

HAY que llenar el quinto vaso con el
agua del segundo para que queden alternos.

ISMA y ISMA dijo...

Echar el segundo vaso lleno en el segundo vacio.

XAVI 5ºA dijo...

EL primero y el segundo y el tercero estan LLenos pues tienes que pasar el segundo para el quinto.

iván de 5ºB dijo...

Eu creo que tes que poñer a auga do segundo vaso no quinto. E listo¡¡

♥Love Music♫ dijo...

♦Segundo enigma:
-Son 4 irmás e 3 irmáns. En total 7 irmáns e irmás.

mestra-e dijo...

Moi ben, acertastes case todos.

SOLUCIÓN DO PRIMEIRO: Hai que encher o 5º vaso co contido do 2º e deixalo outra vez no seu lugar. Quedan así: 1ª, 3º e 5º, cheos; 2º,4º e 6º, baleiros.

Porco Celta dijo...

mola mazo!!!!!!!

Susi y Lucía 6ºA dijo...

PRIMER ENIGMA: Cogemos el tercer vaso lleno y se lo echamos en el quinto vaso vacio.

Raúl y Marcos 6º A dijo...

son 3 irmás e 2 irmans,en total 5

adrian y nacho dijo...

hay 4 irmans

Las Pitufinas dijo...

el segundo enigma se resuelve facil son tres todos .

mestra-e dijo...

SOLUCIÓN DO SEGUNDO: 7 irmáns (4 mulleres e 3 homes)

(Desta vez, só acertou Love Music, como podedes comprobar 7 comentarios máis arriba).

♥Love Music♫ dijo...

Terceiro enigma:
É posible porque o gato non saltou da ventá a rua se non que saltou da venta cara dentro da casa.

Andrea 5ºB dijo...

Porque os gatos teñen sete vidas

hello :) dijo...

por que os gatos sempre caen de pe e teñen sete vidas

Erika 5º dijo...

He posible porque os gatos caen de pé e teñen nas patas unha pel especial que permitelles caer de grandes alturas sen sufrir ghrandes alturas.

Paula y Sabela de 5º A dijo...

TERCEIRO.
É posible isto porque os gatos teñen 7 vidas.

Alex dijo...

Sí porque os gatos sempre caen de pe.

mestra-e dijo...

SOLUCIÓN DO TERCEIRO: Saltou cara ó interior.

Alex dijo...

Ven menos dous ollos ca catro

♥Love Music♫ dijo...

CUARTO ENIGMA
Catro ollos ven mais que dous.

Cacarruta tuyitaa!!! dijo...

Mola mucho espero que ponjais más ;) jajaajajja bikos.

Cherry ♥ dijo...

Cuarto enigma Dous ollos ven menos que catro.

mestra-e dijo...

SOLUCIÓN DO CUARTO: (ven – ca – catro – máis – dous – ollos) Catro ollos ven máis ca dous.

Doraniño dijo...

Moi chulas as adiviñanzas. Intentarei resolvelas sen as respostas, ¡cousa difícil!

Sara 5º B dijo...

A resposta do quinto é:
o Everest.

Adri e Ivi 5ºB dijo...

A máis alta era o Everet.

Doraniño dijo...

A resposta é o Everest, porque aínda que non o descubriran seguía sendo a montaña máis alta porque aínda seguía ahí.

mestra-e dijo...

SOLUCIÓN DO QUINTO: O Everest. Aínda que estivese sen descubrir, xa estaba alí, e era a montaña máis alta, igual ca agora.

♥Love Music♫ dijo...

QUINTO ENIGMA
Seguía sendo o Everest. Porque antes de descubrilo xa estaba alí.

♥Love Music♫ dijo...

Sexto enigma
Lo dividiría así: 12+1, 11+2, 1o+3, 9+4, 8+5, 7+6. Y todas suman 13.

mestra-e dijo...

SOLUCIÓN DO SEXTO. Hai que partir o reloxo en 6 franxas, quedando dentro delas estas parellas de números: 12-1, 11-2, 10-3, 9-4, 8-5 e 7-6. Todas suman 13.

♥Love Music♫ dijo...

SÉPTIMO ENIGMA:
Para facelo primeiro tes que levar a cabuxa ao outro lado do rio. Volves sen nada a onde están o lobo e a col e levas a un deles ao outro lado coa cabuxa. Agora volves coa cabuxa para o outro lado. Levas a col ou a o lobo (o que che quedara nesa orilla) ao outro lado. Volves sen nada a onde está a cabuxa. A colles e lebala a onde están o lobo e a col. E xa cruzaches o rio sen perder nada.

Adrián dijo...

Séptimo:
Primeiro levas a cabuxa, logo levas o lobo e traes a cabuxa e finalmente levas a col, volves e traes a cabuxa.

mestra-e dijo...

SOLUCIÓN DO SÉPTIMO: Pasa o home coa cabuxa. Déixaa alí e volve el só. Pasa o lobo. Déixao e volve coa cabuxa. Deixa a cabuxa e pasa a col. Déixaa co lobo e volve só. Colle a cabuxa e pasa con ela. Xa están todos na outra banda do río.

♥Love Music♫ dijo...

Oitavo:
-Esta frase tiene cinco palabras.
-Esta frase tiene treinta y una letras.

Adrián dijo...

Oitavo:
Esta frase tiene cinco palabras.
Esta frase tiene veintisiete letras.

mestra-e dijo...

SOLUCIÓN DO OITAVO: cinco / treinta y una

♥Love Music♫ dijo...

NOVENO:
Cruzando as filas, que axa rapaces que estean en varias filas a vez. Por exemplo poñer catro filas horizontais e duas verticais aproveitando algúns rapaces das filas horizontais.

Sabela dijo...

A NOVENA É UN POUCO DIFÍCIL NON ENTENDO MOI BEN A ADIVIÑANZA. PERO TODO ISTO QUE ESTADES FACENDO CO BLOG DAS ADIVIÑANZAS,É MOI DIVERTIDO. GRACIAS PROFE.POR MOESTARTE EN FACER COUSAS DIVERTIDAS NO BLOG.

Anónimo dijo...

eu digo: e se formamos dous triángulos equilateros con cinco rapaces en cada lado???. Así teriamos seis filas (que serían os lados dos triángulos) de cinco rapaces en cada fila e ao final so vintecatro rapaces en total.

mestra-e dijo...

SOLUCIÓN DO NOVENO: facendo que as seis filas formen un exágono e poñendo unha persoa en cada vértice e tres máis en cada lado.
Pero tamén é igualmente válida a solución dos dous triángulos que aporta D. Anónimo.

Adri e Ivi 5ºB dijo...

Décimo:
Tarda 8 días.

Carla e Andrea 5ºB dijo...

Décimo:
Nós dicimos que tardará oito días.

rocky y cece dijo...

Creo que para que o caracol suba o muro tardaría 8 días.

Anónimo dijo...

Porque el gato cae para adentro

♥Love Music♫ dijo...

Décimo:
Tarda 8 días en subir.

mestra-e dijo...

Pois non, non son 8 días. Hai que seguir pensando...

♥Love Music♫ dijo...

Noveno:
Tarda catro días en subir, se non se conta que pola noite cae un metro.

mestra-e dijo...

SOLUCIÓN DO DÉCIMO: 7 días. Cada día coa súa noite sobe en total 1 metro, así que ao final da noite do día 6, terá subido 6 m. O día 7, polo día, sobe 2, así que xa conseguíu subir os 8 metros, chegou arriba de todo, esa noite xa non vai esvarar.

♥Love Music♫ dijo...

Una es de 10 céntimos y otra es de 5 céntimos.

Anónimo dijo...

mm
solucion oitava:
la frase tiene 5 palabras
la frase tiene 32 letras

Anónimo dijo...

mm
solucion decima
un metro por dia

Anónimo dijo...

mm
undecima
por din que una non pode ser de cinco pero a outra si

Sara y María 6ºB dijo...

Resposta undécima adiviñanza:
cremos que é unha moeda de 10 cent. e outra de 5 cent.

Sara y María 6ºB dijo...

Resposta a quinta adiviñanza:
Cremos que é o K-2

Anónimo dijo...

Leo Messi y CR7
UNDECIMO UNA NO ES DE 5 CENTIMOS PERO LA OTRA SI LO ES ENTONCES UNA DE 10CENTIMOS Y OTRA DE 5CENTIMOS

Anónimo dijo...

mm
quinta
O everest.Porque sempre seria ela ainda que non a descubriran

lumivacalova dijo...

décimo
ocho días

Anónimo dijo...

mm
Segundo
Son sete

Anónimo dijo...

mm
Primeiro
Cambiar o segundo polo quinto

L.A dijo...

1-Hai que verter a auga do segundo vaso ao 5º.
2-Son 7.
3-Os gatos sempre caen de pé.
5-Seguía siendo o Everest
7-Primeiro leva á cabuxa,despois recolle a col e a leva ata o outro lado do río e nese mesmo lado recolle á cabuxa,leva ao outro lado á cabuxa e a intercambia co lobo,deixa ao lobo no outro lado do río coa col recolle do outro lado á cabuxa e a leva co lobo e a col.
8-"Esta frase tiene cinco palabras." "Esta frase tiene treinta y una letras."
10-Tarda sete días.
11-Unha de 10 e outra de 5 .
Só hemos adiviñado estas .

mestra-e dijo...

A ver..., un avisiño. Acabamos de subir aquí varios comentarios coas respostas de enigmas anteriores, que xa estaban resoltos. Fixádevos ben, cando se pon un enigma novo, quere dicir que os anteriores xa se resolveron. Está ben intentar facelos todos aínda que sean atrasados, pero será mellor mandar respostas só para os que estean sen resolver, non si?. Agora imos poñer a solución do undécimo, así que preparádevos xa para resolver o duodécimo e mandar todos os comentarios que queirades. Graciñas.

mestra-e dijo...

SOLUCIÓN DO UNDÉCIMO: unha delas de 10 céntimos e a outra de 5 céntimos. Dise que UNHA non é de 5 céntimos, pero a OUTRA pode ser, non?

♥Love Music♫ dijo...

Duodécimo:
Para facelo tería que llenar o cacharro de 3 litros e votar esa auga no cacharro de 5 litros. Volver a llenar o de tres litros e votar o que che quepa dos 3 litros no cacharro de cinco litros. Así no cacharro de cinco litros queda lleno e no vaso de 3 litros queda 1 litro.

Anónimo dijo...

Don anónimo di: este é moi fácil ¿NON?, enchemos dúas veces o cacharro de 3 litros, e o baleiramos no de 5 litros, e a segunda vez que o enchemos nos ten que sobrar 1 litro no cacharro de 3 litros.

mestra-e dijo...

SOLUCIÓN DO DUODÉCIMO: a que deron os dous comentaristas anteriores, Love Music e Don Anónimo.

Anónimo dijo...

Don anónimo di: hai que dividir os números con unha liña en vertical, así obtenemos o tres e o catro.

♥Love Music♫ dijo...

Décimo terceiro:
1- O fixo debuxando un 8 na pizarra e vorandolle a metade da esquerda, así queda un 3
2- O fixo debuxando un 9 na pizarra e borrandolle a metade superior, así queda un 4(non queda un catro como o que acabo de poñer, senón dos outros)

es+car+lu dijo...

el ultimo enigma es : el primer caso 3'5 + 3'5 y el segundo caso 4'5 + 4'5

Anónimo dijo...

Anónimo di: Para obter o tres a partir do oito só temos que dividilo cunha liña en vertical pola metade.
Para obter o catro desde o nove, debemos escribir o número nove con números romanos e despois dividilo cunha liña de forma horizontal pola metade. Así obtemos o catro en números romanos.

mestra-e dijo...

SOLUCIÓN DO DÉCIMO TERCEIRO:
1.- Partindo un 8 á metada de arriba abaixo e borrando a metade da esquerda.
2.- Escribindo nove con números romanos (IX) e borrando a metade de abaxo (IV)

Iván e Adri 5ºB dijo...

Non se pode facer.

Anónimo dijo...

Anónimo di: Primeiro cortamos a tarta coma se fósemola a reencher con nata, por exemplo. Despois sen mover os dous anacos, dividimos primeiro en dous partes iguais cun corte en vertical e posteriormente outro corte en horizontal( estos dous cortes formando unha cruz). Así obtemos catro anacos por cada capa, ao final teremos oito anacos iguais.

mestra-e dijo...

Ben pensado, D. Anónimo. Pero, ¿e se a tarta non é igual pola parte de abaixo e pola de arriba? Por exemplo, pode ter un piso de chocolate e outro de amorodo. Daquela, os cachos xa non serían todos iguais... ja ja ja. Sigue pensando.

Anónimo dijo...

Don anónimo intenta mellorar a resposta anterior, a ver si esta é mellor. Dividimos a tarta en catro anacos iguais facendo os seguintes cortes: primeiro, un corte en vertical dividindo a tarta en dous anacos iguais; o segundo, un corte en horizontal formando unha cruz co anterior. Agora vai o terceiro corte e definitivo, pero antes deberemos apilar os catro anacos iguais un encima do outro e cortaremos desde arriba cara abaixo con muchisssssimo coidado pola metade; por fin XA TEMOS OS OITO ANACOS IGUAIS, a condición de que non se nos caia todo. Tamén vale si a tarta é cuadrada, rectangular, exagonal..

mestra-e dijo...

¡Moi ben, D. Anónimo! ¡Canto estudou vostede esta fin de semana! ¡Así se fai!

mestra-e dijo...

SOLUCIÓN DO DÉCIMO CUARTO: Con 2 cortes en cruz, fai 4 pedazos. Despois pon en columna, uns enriba doutros, os 4 cachos, failles 1 corte pola metade aos 4 xuntos e xa ten os 8.

♥Love Music♫ dijo...

Un caderno custaba 25 centimos.

mestra-e dijo...

SOLUCIÓN DO DÉCIMO QUINTO: 25 céntimos. Roi levaba 23 céntimos e Xosé, 1 céntimo.