17 ene 2013

A NOSA SANTA COMPAÑA

(Imaxe baixada de internet)



Aquí tedes unha lenda moi popular da cultura tradicional galega. Esta é a versión máis coñecida das moitas que existen.




Santa Compaña, Procesión das ánimas, Hoste, Estandiga, Estadea, As da Noite, Antaruxada, Visita, Visión, Xaira, etc. As denominacións varían segundo a zona xeográfica. A Compaña pode ser moitas cousas, pero santa… abofé que non. A súa orixe é pagá (non relixiosa), pero o cristianismo adaptouna ás súas costumes e modificou o concepto. Xa hai referencias escritas de procesións de mortos desde o século XIII, na Idade Media (que é a etapa histórica que celebramos este ano no colexio). Foi máis tarde, no século XIX coa chegada do Romanticismo, cando máis se falou delas. Pero aínda hoxe en algúns lugares de Galicia, se mantén a crenza nestas procesión das almas en pena.
A Compaña é o exército antigo dos mortos, que buscan o seu lugar no outro mundo. Os defuntos de cada parroquia responden á chamada do que leva máis tempo enterrado, érguense da tumba, entran na igrexa a recoller o que precisan e ás doce da noite, puntualmente, bótanse a andar. Dan voltas arredor do adro, cantando en latín ou cousa semellante. De seguido fan o percorrido dos enterros polos camiños ou corredoiras, dispostos en dúas ringleiras, cubertos cun sudario branco e descalzos. Tódolos membros da comitiva portan candeas acendidas. A figura esencial é o portador da cruz, que é un vivo. Este vivo ten que andar toda a vida que lle resta coa Compaña, a non ser que consiga desfacerse dela pasándolla a outro vivo. Esta persoa comeza a poñerse fraco, triste, séntese sempre mal, adquire a cor dos defuntos, e non tarda en morrer.
Van en silencio ou tocando campaíñas. Tamén poden ir laiando con grandes berros polas súas mágoas. Ás veces van visitar as casas dos que morrerán axiña, e mesmo poden levar un cadaleito que deixarán na porta como aviso de morte.
O paso das ánimas nótase por un rumor como o do vento, polo cheiro a cera e polo desacougo ou medo que se sente... Sempre representa un perigo para quen bate con ela ou quen a ve, aínda que estea lonxe. O que se atopa coa Santa Compaña, para evitar a súa maldición, debe debuxar un círculo no chan e meterse dentro del, botarse no chan boca abaixo ou fuxir correndo.

(Imaxe baixada de internet)


Non esquezades que é unha lenda, e as lendas só existen para quen cre nelas.





Se queredes ver unha foto da verdadeira Santa Compaña, mirade aquí.

Picando aqui podedes ver un curto galego dirixido por Pablo Cacheda Paz. Tivemos que "censurar" un chisco a película para adaptala ó público infantil. Pedimos desculpas ó director e ós actores. 

22 comentarios:

eva 5a dijo...

Non creo que encontre a santa conpaña

Anónimo dijo...

se supone que tampoco esiste

Antía 5º A dijo...

Se supone... PERO QUIEN SABE!

Anónimo dijo...

mira que creer en la santa compañaaa

Anónimo dijo...

Me gusta la mascota, siempre que entro en el blog le doy de comer.

Javier 5ºB dijo...

Eu por se acaso, agardo que non me atope.UUUUUUUUUUUUUUhhhhhhhhh!!!!!!!

olalla 5ºB dijo...

si vamos disfrazados de esto creo que debemos de molar...

Anónimo dijo...

a mi no me gusta la santa compaña pero a mis compañeros le encanta

samara dijo...

Animo chic@s!!!!

Fany 5ºB dijo...

A min gustame o disfraz de santa compaña pero é un disfraz raro para a idade media

SARAY 1º B dijo...

A MI ME DA MUCHO MIEDO , MI HERMANA ESTEFANIA ME ENSEÑO UN VIDEO DE LA SANTA COMPAÑA QUE DABA MUCHO MIEDO Y DECIA PALABROTAS.

Antía 5º A dijo...

A verdade é que o disfraz vai quedar xenial. :)

Olalla 5ºB dijo...

e verdade o disfraz vai quedar moi ben.A min gustame

saray 1 b dijo...

da miedo

antia 5ª dijo...

Eu non poiden ver o video enteiro... cortase

mestra-e dijo...

Tes razón, Antía. Algo fallou. Mentres que intentamos arranxalo, puxen o vídeo noutro enlace. Este é algo máis incómodo porque hai que descargalo primeiro, pero creo que funciona. Proba a ver.

Samuel 6ºB dijo...

A min dame un pouco de medo isto da santa compaña. Perom se a xente lle gusta...

Anónimo dijo...

Destacamos moito.

Anónimo dijo...

a min gustoume coma o fixemos,pero non creo que aos pequenos opinaras o mesmo porque tremian de medo.


sonia-5ºB

Antía 5ºA dijo...

Si, o noso disfraz da santa compaña destacou un pouco máis do normal.

Olalla 5ºB dijo...

Si, a verdade e que destacou bastante pero era bonito!

Anónimo dijo...

Luis 5ª dijo...
Yo no estuve ese dia alguien me puede explicar que tal fue la cosa?
Es que estaba en Barcelona