1 dic 2013

BIOGRAFÍAS


Traballo de envestigación feito por grupos para aprender algo da vida dos escritores galegos.


ROSALÍA DE CASTRO
Rosalía de Castro naceu na madrugada do 24 de febreiro de 1873 nunha casa ao lado do camiño da antiga entrada a Santiago. Foi filla de Xosé Martínez Vigo e María Teresa de Santa Cruz. Ata os oito anos estivo baixo a custodia da súa tía na aldea de Castro de Ortoño. Nese tempo Rosalía aprende o que é a vida labrega galega. Despois foi vivir coa nai en Padrón, na casa da Matanza. En Padrón aprendeu modais de señorita, asistindo a clases de música, debuxo... Algunhas persoas famosas como Manuel Murguía, Eduardo Pondal e Aurelio Aguirre foron con ela. En abril de 1856, Rosalía transladouse a Madrid xunto á súa familia e viviu coa parenta María Xosefa Carmen García Lugín Castro. En Madrid foi onde casou con Murguía, o 10 de outubro de 1858 na igrexa parroquial de San Ildefonso. Murguía foi unha das persoas que axudou a Rosalía a ser escritora. No ano seguinte Rosalía tivo unha filla, chamada Alejandra, despois veu Aurora nacida no ano 1862, o ano que morreu a nai de Rosalía. Os xemelgos Gala e Ovidio naceron no ano 1871 e Amara naceu en 1873. Rosalía, no 1875, tivo a Adriano Honorato, que morreu aos dezanove meses, e a súa última filla foi Valentina, morta ao nacer, en 1877. Todos os fillos de Rosalía naceron en Galicia.

En 1863 foi publicado o libro Cantares Gallegos, que inaugurou a volta da literatura galega. En 1880, publicou un segundo libro en galego titulado Follas Novas. En castelán tamén publicou poesía e novela.

Rosalía de Castro morreu en Padrón, na casa da Matanza, o 15 de xullo de 1885. A casa da Matanza convertiuse na actualidade na Casa Museo de Rosalía de Castro.



          AGUSTIN FERNANDEZ PAZ
Naceu o 29 de maio de 1947 en Vilalba (Lugo). É un escritor de literatura galega. Aprendeu a ler moi rápido cando era peqeuno, xa que nas estanterías dos seus pais había moitos libros. Ademais dos pais, ten un tío chamado Roca, tres primos, un irmán, unha filla camada Mariña e a súa muller.

Primeiro estudou nunha escola de Vilalba. Despois estudiou na Universidade Laboral de Xixón, na Escola de Maxisterio de A Coruña e na UNED. Foi perito industrial mecánico, mestre de Ensino Primario e licenciado en Ciencias da Educación.

Tivo varios traballos ao longo da vida, como o de mestre en varios colexios ou o de profesor de galego de secundaria no IES Os Rosais 2 de Vigo. Tamén forma parte de moitos equipos de traballo, por exemplo, no equipo de diseños curriculares para Primaria e Secundaria. Está xubilado desde o ano 2008.

Ten publicados máis de corenta libros en galego, case todos de literatura infantil e xuvenil. Moitos deles foron traducidos a varios idiomas. Algúns deses libros son: A cidade dos desexos, As flores radiactivas, Lonxe do mar, Cartas de inverno ou Contos por palabras, que imos ler neste curso.

Levou moitos premios literarios, como o premio Merlín (1989), Lazarillo (1990), Edebé (1994), Raiña Lupa (1998)...


FINA CASALDERREY FRAGA
Fina naceu en Xeve (Pontevedra) no ano 1951. É unha escritora galega, profesora de E.S.O, etnógrafa vocacional, gastrónoma e periodista.

A súa infancia pasouna en Leréz entre a escola, os xogos e os camiños das marxes do río. Era unha nena normal que axudaba nas tarefas da casa. Ela non botaba de menos as bonecas porque ninguén as tiña. Así convertiuse na persoa culta e sensible que e hoxe en día.

Foi a unha escola pública, e máis tarde estudou Bacharelato e Maxisterio en Pontevedra. Aos 19 anos aprobou as oposicións e foi mestra de lingua galega en Educación Secundaria, aínda que agora xa está xubilada. Tivo dous fillos con Mariano, o seu marido, que tamén é mestre.

Foi premiada varias veces pola súa obra literaria, gastronómica e periodística e traducida a todas as linguas de España.

Escribiu libros como:
Mutuación Xenéticas: novela ifantil; é o seu primeiro libro publicado.
Duas bágoas por Máquina: en 1991, co que gañou o premio Merlin de literatura infantil.
O misterio dos fillos de Lúa: en 1995, co que gañou o premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil e o premio O Barco de Vapor.
O estanque dos parrulos pobres: en 199, co que gañou o premio Edebé de Literatura Infantil e Xuvenil.
Recibiu tamén o premio Cidade de Pontevedra en 1996 pola totalidade da súa obra.
Ten algunha obra gastronómica, O libro da empanada (1993), Festas gastronómicas de Galicia (1994)... Escribiu tamén Recursos teatrais para a expresión dramática na escola (1996) que orienta sobre como traballar o teatro na escola. Nese ano, en xaneiro, é elexida para formar parte da Real Academia Galega.



                                                         
MANUEL RIVAS
Manuel Rivas naceu en 1957 no barrio de Montealto, en Coruña, de pai albanel e nai leiteira. Estudou no colexio de Monelos. Aos 15 anos escribía para o Ideal Galego. Cando terminou a secundaria foi a Madrid e alí seguiu estudando.

Casou con María Isabel López Mariño con quen tivo dous fillos: Martiño Rivas, famoso polo seu papel no Internado, e Sol, unha poetisa.

Foi periodista, novelista e ensaista.

Empezou a darse a coñecer como poeta escribindo libros como: O libro do Entroido (1987), Balada nas praias do Oeste (1985) e Mohicania (1987).
Tamén escribiu outros libros como: O Lapis do Carpinteiro, Todo Ben, Un Millón de Vacas, Os Comedores de Patacas, En Salvaxe Compaña...

Ganou premios como: Poesía Nova de O Facho (1.980), Leliadoura (1989), Premio da Crítica da Narrativa Galega (1989-1998-2006), Premio Narrativa Nacional (1996), Premio Torrente Ballester (1996), Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega, Premio do Arcebispo Juan De San Clemente, premio da Sección Belga de Amnistía Internacional (2001).



ANA MARÍA FERNÁNDEZ
Naceu en Palma de Mallorca no ano 1949. Viviu alí ata o ano 1967 e despois marchou a Galicia co seu home Xoán Babarro. Non teñen fillos.

A súa primeira obra foi chamada “Zapatón e Libiripón” e publicouse en 1977. Tamén escribiu libros como “A casa de había unha vez” e “O cacarabicolé”.

Recibiu o seu primeiro premio “O Facho” de contos (1977) con “Os amigos do cabaceiro” e xunto con Xoán Babarro, “O Facho” de teatro (1985) e “O barco de vapor” de 1985 a 1989.


Estudou maxisterio e, máis tarde, licenciouse en Filosofía e Letras na Universidade de Santiago. Exerceu como mestra no Ensino Primario e na Educación Infantil. Tamén colaborou coa revista Vagalume.


ALUMNOS DE 6º A




14 comentarios:

mehdi dijo...

son moi fermosos

mestra-e dijo...

¡Ola, Mehdi! ¡Que sorpresa! ¿Como che vai?

Elena dijo...

¡Mehdi! ¿que tal por ahí?

Saludos

Anónimo dijo...

¿Hola Mehdi como estás?

Geraldin e Uxía 6ºA dijo...

Ola Mehdi.¿Que tal che van os estudos?

david dijo...

Hace mucho que no te veo Mehdi




Soy David



Daniel 6ºA dijo...

ola Mehdi,¿como estás? Espero que volvas pronto.

Daniel 6ºA dijo...

ola Mehdi,¿como estás? Espero que volvas pronto.

Uxia y Geral dijo...

Ola Medi ¿que tal che vai os estudos?






Saudos

Anónimo dijo...

Mehdi!!!

Amador dijo...

Están moi ben feitas.

Mehdi dijo...

Moi ben,trabaxando moito,ya irei faceros unha visita!

Mehdi dijo...

Gracias por todos os mensaxes son moi fermosos volverei este verano

Mehdi dijo...

En Marrocos se esta moi ben se tene que ir dos veces al dia os sabados
os ESO van al cole pero ahi se estuda frances ,arabe e ingles
pero estoi moi ven en pais


ADEUS