22 jun 2014

REGUEIFAS DE DESPEDIDA



Cando ía en parvuliños
todo era moi doado,
despois chegou a primaria,
viña á casa moi cansado.


Logo pasaron seis anos
(Imaxe baixada de internet)
agora xa estou en sexto,
xa se está acabando o curso,
eu non quero ir para a E.S.O.


Xa rematamos primaria
tamén a etapa infantil,
agora quédanos ESO,
para marchar xa de aquí.


Onte empecei infantil
e hoxe termino primaria,
non sei o que nos espera
nos cursos de secundaria.


Lévoche aquí moito tempo,
xa non me acordo de moito.
Viñemos aquí pequenos
e xa sabemos de todo.

(Imaxe baixada de internet)
Xa chegou o fin do curso
xa non somos uns neniños,
e os mestres aínda cren
                  que somos pequerrechiños.


Non paramos de falar
sómosche moi falangueiros,
tamén sabemos ligar
e somos moi trapalleiros.


Cando os profes dan as notas
rematamos xa primaria,
e se aprobamos todiño
imos cara á secundaria.

Xa pasamos para a ESO
moitas máis asignaturas,
a de plástica mandoume
que comprara máis pinturas.


Os profesores da ESO
van padecer máis ca moito
porque os que imos de primaria
somos moitos máis ca oito.


¡Ai miña Edita querida!
Non che era Miss España,
pero para profesora
seica daba ben a talla.


(Imaxe baixada de internet)
A nosa profe Edita,
está farta xa de nós,
quere perdernos de vista
e que nos aguante Dios.

A profe vai xubilar,
nós fixémoslle unha festa
e comprámoslle uns pendentes,
parecía estar contenta.


Parecía estar contenta,
nós fixémoslle unha festa,
grazas a Santi e David
ata tivemos orquestra.


Nós o próximo verán
(Imaxe baixada de internet)


pensamos ir pasear,
quedaremos cos amigos
que temos que disfrutar.

1 comentario:

Anónimo dijo...

encantanme estas regueifas