Pequena mostra dun longo traballo manual
22 jun 2012
18 jun 2012
BUSCA AS DIFERENZAS
Os alumnos de 6ºA, como despedida de curso e de etapa, convidámosvos a atopar as diferenzas nestas fotos.
¡Ata outra, compañeiros!
17 jun 2012
MICRORRELATOS ENCADEADOS
Os alumnos de 6ºA encheron esta entrada pouquiño a pouco con microrrelatos encadeados: cada relato empeza coa última frase ou oración do anterior. Pero son totalmente independentes, non son capítulos da mesma historia, senón historias diferentes. Picade aquí se queredes saber o que é un microrrelato.
¡SORPRESA! Xa se poden escoitar os microrrelatos na voz dos autores: aquí, encadeados con música de fondo; aquí, encadeados sen música; e picando no título de cada relato, un a un, por separado.
¡SORPRESA! Xa se poden escoitar os microrrelatos na voz dos autores: aquí, encadeados con música de fondo; aquí, encadeados sen música; e picando no título de cada relato, un a un, por separado.
![]() |
| (Imaxe baixada de internet) |
Unha nena encontrou unha boneca que lle parecía fermosa e levouna para a casa. Un día a boneca empezou a moverse e a parolar. A nena alegrouse moito porque tiña con quen falar.
INÉS
A nena alegrouse moito porque tiña con quen falar. Foron dar un paseo, mentres coñecían un pouco máis da vida de cada unha delas. A nena invitou á súa amiga a merendar na súa casa. Era a primeira vez que alguén ía ao seu fogar. Aquela vivenza só a experimentara na súa imaxinación. Por fin entendía o que significa a amizade.
ALEJANDRO
![]() |
| (Imaxe baixada de internet) |
Por fin entendía o que significa a amizade. Despois de coñecer a eses nenos tan bos e simpáticos no colexio, sabía que a súa relación duraría para sempre. Ademais, desde que Laura ten amigos, xa non é tan tímida e relaciónase cada vez máis cos rapaces da clase.
DAVID
![]() |
| (Imaxe baixada de internet) |
Relaciónase cada vez máis cos rapaces da clase. Eddy non se levaba ben con el porque lle quitara a noiva. Pero entón vingouse del lanzándolle un cubo á cabeza, e todos quedaron en paz.
MARTÍN
![]() |
| (Imaxe baixada de internet) |
Todos quedaron en paz dende que acabou a guerra de bólas de neve. Consistía en que, mentres houbese neve, un equipo loitaría conta outro. Pero decidiron acabar a batalla porque se decataron de que ¡o inverno é para xogar!
MARCOS
![]() |
| (Imaxe baixada de internet) |
“O inverno é para xogar”. Así se titulaba o libro de medo que Adrián estaba lendo unha tarde no seu cuarto, ata que oíu un ruído estraño que viña do faiado. Subiu moi asustado mirar o que pasaba e, ante el, alzouse unha sombra terrorífica. ¡Case se mata polas escaleiras abaixo! Cando chegou ao fondo, sentiu unha gargallada coñecida. Fora unha broma da súa nai.
ADRIÁN
![]() |
| (Imaxe baixada de internet) |
Fora unha broma da súa nai. Ainda lle tremaban as pernas ao recordar aquela rúa escura e sombría que tiña que percorrer cada tarde ao volver da escola. De repente alguén tocoulle por detrás. Era a mamá meténdolle o maior susto que levara na súa vida.
PABLO
![]() |
| (Imaxe baixada de internet) |
O maior susto que levara na súa vida fora cando se lle escapara o camión por aquela costa tan grande. Contoume que, para paralo, tivo que meterse debaixo del. Eu sei que Xosé é bastante bromista, espero que non fora de verdade…
JOSE
Espero que non fora de verdade o que dixo o meu pai de irnos para Madrid. Eu botaría de menos os meus amigos. A miña irmá o mesmo, que ten moitos e máis un noivo moi guapo. O noso gato tamén estaría triste. Por iso non nos queremos ir.
RUBÉN
![]() |
| (Imaxe baixada de internet) |
Non nos queremos ir con papá. Estabamos xogando na pista cando chegou el. Xa nos comentara que quería ir dar un paseo pero nós non queriamos. Cando miramos para el, vímoslle a cara de enfado e Mariña e eu saimos correndo cara a mamá. ¡Daba medo!
RAÚL
![]() |
| (Imaxe baixada de internet) |
Daba medo oír chorar aquel neno sen parar de patear, e todo porque María Xosé, a pediatra, o quería vacinar. A súa nai explicáballe a María Xosé que era un neno moi inquieto e difícil de controlar. Nada máis rematar a frase, Lois, que así se chamaba o neno, pegoulle tal patada coa punta do zapato ao brazo da pediatra, que o envase da vacina foise estampar contra o flexo de iluminarche a gorxa e quedou feito anacos.
MIGUEL
![]() |
| (Imaxe baixada de internet) |
Quedou feito anacos aquel xarrón de cinco mil euros. Eu, como non sabía que facer, mirei en internet e conseguín que me mandaran unha copia de plástico. Meus pais volveron de facer os recados, tocárono e viron que non pesaba nada. Descubríronme! Entón aprendín que non se debe mentir e sempre hai que dicir a verdade.
IVÁN
![]() |
| (Imaxe baixada de internet) |
Sempre hai que decir a verdade, porque as mentiras soen descubrirse. Eu tiña un cadeliño que un día desapareceu. Miña nai contoume que marchara e eu chorei moito. Ao día seguinte entereime pola veciña que o atropelara un coche. Aínda chorei máis e enfadeime moito con miña nai, por contarme unha mentira.
SUSI
![]() |
| (Imaxe baixada de internet) |
Por contarme unha mentira que eu crin, escapei da casa. Cando pasaron dous días e non tiña onde durmir, nin comida, nin bebida, nin roupa limpa, decidín volver á casa. Unha vez alí, aínda seguía enfadada pola mentira, pero enfadeime moito máis cando me enterei de que esa bóla era todo unha broma de miña nai, e todos quedaron ríndose de min.
ESTHER
![]() |
| (Imaxe baixada de internet) |
Todos quedaron ríndose de min cando o neno máis malo do colexo me tirou nunha poza de lama que había no xardín. Pero a el castigárono facendo copias e a min deixáronme xogar.
NACHO
![]() |
| (Imaxe baixada de internet) |
A min deixáronme xogar a primeira vez que estiven na praza de Miño. Meus pais viñeran vivir aquí e eu non coñecía a ninguén. Deume moita alegría ver que axiña tiven amigos con quen enredar. Ademais, aquí hai moitas persoas ás que lles apaixona o fútbol. E a min é o que máis me gusta.
¡Encántame vivir nesta vila!
DANIEL
![]() |
| (Imaxe baixada de internet) |
Encántame vivir nesta vila. Antes, na cidade, non me deixaban ter unha mascota. Agora podo enredar coa miña cadela todos os días. O malo é que é moi rebuldeira e nunca se cansa de brincar. Hoxe pola mañá cando lle fun dar de comer, desaparecera do seu cuarto. Estívena buscando por toda a casa. Cando a encontrei, vin que estaba xogando ás agochadas. ¡Que traste é!
CARMEN
![]() |
| (Imaxe baixada de internet) |
¡Que traste é o meu primo pequeno! Un día que estaba na miña casa, ía coa súa moto de xoguete e deu coa cabeza contra a barra da cociña de ferro. Como lle gustou, empezou a bater nela moitas veces seguidas. Cando nos decatamos, tivemos que apartalo para que non se fixera dano. Agora, cada vez que vén á nosa casa, vai dereito á cociña.
LUCÍA
5 abr 2012
ADIVIÑA ADIVIÑANZA
![]() |
| (Imaxe baixada de internet) |
Nesta entrada imos entrenar as neuronas. Preparados... listos...¡xa!
Aparecerán por aquí enigmas sinxelos que teredes que intentar resolver. Non subiremos o seguinte ata que estea resolto o anterior. E non daremos a solución ata que haxa, alomenos, 5 comentarios con respostas razoables ou 1 coa resposta exacta.
Velaí o primeiro:
Hai seis vasos en fila, os tres primeiros están cheos de auga e os outros tres están baleiros. ¿Que debes facer para que, movendo un vaso só, os cheos e os baleiros queden alternos? ( un cheo, un baleiro, un cheo, un baleiro…)
Segundo:
María ten o mesmo número de irmás ca de irmáns; en cambio, seu irmán Daniel ten o dobre de irmás ca de irmáns. ¿Cantos irmáns son en total, contando a María e Daniel?
Terceiro:
Un gato saltou desde o bordo da ventá dun décimo quinto piso, pero non se feriu nada. ¿Como é posible isto?
Cuarto
Debes construír unha frase poñendo en orde as 6 palabras que consiguirás respondendo ás seguintes cuestións.
1.- Os que non son invidentes, realizan esta acción.
2.- Palabra formada por dúas letras: a primerira é a terceira e a segunda é a primeira.
3.- A palabra é o resultado destas operacións encadeadas: (12x3) + (5x2) - (6x7) =........
4.- Continúa a serie: MENOS-TANTO-........
5.- A palabra é o resto desta división menos un. 139 : 68=
6.- Órganos dos sentidos con estores.
Quinto
Antes de que os exploradores descubriran o Everest, ¿cal era a montaña máis alta da Terra?
Sexto
¿Cómo dividirías un reloxo de agullas en 6 partes de manera que a suma dos números que queden dentro de cada parte sexa sempre a mesma?
Séptimo
Un home que ten un lobo, unha cabuxa e unha col quere cruzar o río cunha barca na que só caben el máis outro elemento. Non pode deixar o lobo coa cabuxa porque a comerá, nin a cabuxa coa col. ¿Cómo terá que facer para para cruzar o río sen perder nada do que leva?
Oitavo
Completa as frases seguintes de maneira que sexan certas:
“Esta frase tiene ………………. palabras.”
Séptimo
Un home que ten un lobo, unha cabuxa e unha col quere cruzar o río cunha barca na que só caben el máis outro elemento. Non pode deixar o lobo coa cabuxa porque a comerá, nin a cabuxa coa col. ¿Cómo terá que facer para para cruzar o río sen perder nada do que leva?
Oitavo
Completa as frases seguintes de maneira que sexan certas:
“Esta frase tiene ………………. palabras.”
¿Era faciliña, non?
“Esta frase tiene …….................. letras.”
¡Esta última xa non é tan fácil, eh!
Noveno
¿Como podemos colocar 24 rapaces en 6 filas de maneira que en cada fila haxa 5 rapaces?
Noveno
¿Como podemos colocar 24 rapaces en 6 filas de maneira que en cada fila haxa 5 rapaces?
Décimo
Un caracol vai subindo por un muro de 8 metros de alto. Durante o día sobe 2 metros pero pola noite, mentres dorme, cae 1 metro . ¿Cantos días tarda en subir a parede?
Undécimo
Se dúas moedas suman 15 céntimos e unha delas non é de 5 céntimos, ¿de que moedas falamos?
Duodécimo
No deserto hai un oasis vixiado por un garda. Quen queira beber nel, ten que facer xustamente o que o garda lle di: “Debes medir exactamente un litro de auga coa axuda deste cacharro de 3 litros e estoutro de 5 litros” ¿Saberíalo facer ti?
Décimo terceiro
Undécimo
Se dúas moedas suman 15 céntimos e unha delas non é de 5 céntimos, ¿de que moedas falamos?
Duodécimo
No deserto hai un oasis vixiado por un garda. Quen queira beber nel, ten que facer xustamente o que o garda lle di: “Debes medir exactamente un litro de auga coa axuda deste cacharro de 3 litros e estoutro de 5 litros” ¿Saberíalo facer ti?
Décimo terceiro
1.- O profesor de matemáticas demostroulles na pizarra aos seus alumnos que a metade de oito é igual a tres. ¿Como fixo?
2.- Como lles pareceu fácil, fíxolles outra demostración: a metade de nove é igual a catro. ¿Como fixo?
Décimo cuarto
Varias persoas celebran un aniversario. Son 8 e teñen que repartir unha tarta redonda de maneira que lle toque un chacho igual a cada un. Entre elas hai un ao que lle chaman Pitagorín e di que el é capaz de facelo con só 3 cortes? ¿Como o fará?
Décimo quinto
Hai moitos anos, cando as cousas custaban moito menos ca agora, Roi e Xosé foron á libraría mercar un caderno. Os dous levaban cartos, pero non lles chegaron. A Roi faltábanlle 2 céntimos para poder compralo e a Xosé, 24 céntimos. Xuntaron os cartos dos dous e tampouco eran suficientes para comprar un caderno. ¿Canto custaba o caderno?
Décimo cuarto
Varias persoas celebran un aniversario. Son 8 e teñen que repartir unha tarta redonda de maneira que lle toque un chacho igual a cada un. Entre elas hai un ao que lle chaman Pitagorín e di que el é capaz de facelo con só 3 cortes? ¿Como o fará?
Décimo quinto
Hai moitos anos, cando as cousas custaban moito menos ca agora, Roi e Xosé foron á libraría mercar un caderno. Os dous levaban cartos, pero non lles chegaron. A Roi faltábanlle 2 céntimos para poder compralo e a Xosé, 24 céntimos. Xuntaron os cartos dos dous e tampouco eran suficientes para comprar un caderno. ¿Canto custaba o caderno?
6 mar 2012
VIAXE AO PASADO
![]() |
| (Imaxe baixada de internet) |
O día dos namorados, o 3º ciclo de Primaria viaxou a Lugo. Á volta, nos días seguintes, na aula, en pequenos grupos, os alumnos plasmaron por escrito a experiencia vivida. Escollemos a mellor redacción de cada clase para publicar nestra entrada. Picando aquí veredes algunha foto da viaxe.
Los niños de 5º y 6º fuimos de excursión a Lugo.
Nos llevaron a una carpa en la que vimos como vivían los romanos. También visitamos las murallas, la catedral y una terma romana.
Luego fuimos en un bus urbano a un centro comercial para comer. Más tarde, para hacer tiempo, nos dejaron andar por el centro. De allí, salimos sobre las cuatro para venir a Miño.
Nos impresionó lo grande que era la catedral, y nos preguntamos como resistieron tanto las murallas. Aprendimos como vivían los romanos.
¡LO PASAMOS GENIAL !
EXCURSIÓN A LUGO.
![]() |
| (Imaxe baixada de internet) |
Nos llevaron a una carpa en la que vimos como vivían los romanos. También visitamos las murallas, la catedral y una terma romana.
Luego fuimos en un bus urbano a un centro comercial para comer. Más tarde, para hacer tiempo, nos dejaron andar por el centro. De allí, salimos sobre las cuatro para venir a Miño.
Nos impresionó lo grande que era la catedral, y nos preguntamos como resistieron tanto las murallas. Aprendimos como vivían los romanos.
¡LO PASAMOS GENIAL !
Patricia, Silvia e Ismael. (5º A
EXCURSIÓN A LUGO
![]() |
| (Imaxe baixada de internet) |
A viaxe foi moi longa, pero valeu a pena. Cando chegamos, dividímonos en grupos, e ao noso tocoulle ir primeiro á Muralla de Lugo. Aínda que chovía, non importaba porque era moi bonita. Pero ao chover, non puidemos recorrer a Muralla enteira e tivémonos que refuxiar na Catedral. ¡Era preciosa!
Despois fomos a unha exposición chamada Romanorum Vita que representaba unha rúa e unha casa moi chula.Vimos dúas audiovisuais do tempo dos romanos. Explicáronnos todo o que facían e os sitios a onde ían: baños, tendas, restaurantes...
Despois da exposición, fomos ao centro comercial de As Termas nun bus urbano. ¡Ía cheo! Cando chegamos, sentamos nunha sala de descanso para comer. Esperamos polos outros grupos e xantamos todos xuntos. Cando rematamos, os profesores deixáronnos ir por libre e podiamos comprar o que quixeramos. Os buses retrasáronse un chisco pero volvemos á casa moi contentos. ¡Foi moi divertido!
Raúl, Daniel e David (6º A)
EXCURSIÓN A LUGO
Encantounos a excursión a Lugo, sobre todo a muralla romana. Tamén nos gustou a casa romana, a rúa romana e… bueno, encantounos todo! O que menos nos gustou foi ter que esperar no instituto. Que aburrido! Polo demais foi moi bonito, e tamén estivo moi ben o bus urbano, creo que a todos nos encantou!
![]() |
| (Imaxe baixada de internet) |
A muralla era coma a de China, que pena que fixera mal tempo e non poder percorrela toda.
O do centro comercial foi incrible, a nós sorprendeunos moito que nos deixaran dar unha volta por alí sós!
Adrián, Alba e Hugo (5º B)
EXCURSIÓN A LUGO
O 14 de febreiro os alumnos do terceiro ciclo fomos a ver a exposición da Caixa Romanorum –Vita .
Os alumnos de 5ºA foron os primeiros en entrar. Mentres que os alumnos de 5ºB e 6ºA foron a ver a Muralla e a Catedral, nós os nenos de 6ºB quedamos alí esperando, intentando non mollarnos porque chovía. Unha señora moi amable deixounos entrar no portal da súa casa.
Cando nos tocou entrar, pasamos a unha sala escura onde vimos un vídeo. Ao rematar a pantalla levantouse e entramos nunha domus romana. Vimos un baño público, unha lavandería, o guía díxonos que utilizaban ouriña para lavar porque é un gran quitamanchas, unha tenda de telas, unha fonte, un restaurante, unha calzada...
![]() |
| (Imaxe baixada de internet) |
Sentámonos no foro coma si fósemos senadores e proxectaron unha película en 3D sobre a vida nunha cidade romana. Era incrible! Parecía de verdade. De súpeto, abriuse unha porta e entramos nunha domus. Alí aprendemos que os romanos exhibían as súas riquezas nas salas onde recibían as súas visitas. Vimos unha habitación, a cociña, o escritorio ...
Ao saír chovía e refuxiámonos nun instituto cos nenos de 5ºB. Arriscámonos e fomos ata a muralla e logo estivemos un rato dentro da catedral, fóra dela vimos unha piscina romana.
Como chovía moito para comer ao exterior, e gracias á imaxinación das titoras, collemos un autobús urbano para levarnos ao centro comercial As Termas. Que ben o pasamos no autobús! Alguén pode imaxinar a 48 nenos dentro ?
Ao chegar ao centro comercial estábannos esperando os de 6ºA e 5ºA e comemos todos xuntos. Ao rematar tivemos tempo libre para facer compras.
Ás catro xa era hora de volver e collemos o autobús cara o colexio.
Gustounos moito esta excursión porque aprendemos moito sobre a vida romana e foi unha excursión moi divertida.
Ata outra viaxe desde 6ºB
17 feb 2012
SELECCIÓN DE RELATOS BREVES (6º A)
![]() |
| (Imaxe baixada de interenet) |
A TENDA ENCANTADA
Na miña cidade hai unha tenda moi famosa.Todo é moi agradable, dende os empleados ata a publicidade, pero... un neno contoume que pola noite aparecían pantasmas. As pantasmas destrozan e rouban cousas. Cando chegan os empleados, recollen todo. ¡Pero non ten por que ser verdade!
MARCOS
![]() |
| (Imaxe baixada de internet) |
O OUTONO E AS CASTAÑAS
Dende a casa dos meus avós, vexo pasar o outono. Chegou o frío e o vento, e unha manta de follas secas cobre o chan.
Sentados na lareira, arredor da estufa de leña, poñemos as castañas a asar mentres vemos como arde o lume a través da porta de cristal, para despois comelas quentiñas.
ALEJANDRO
![]() |
| (Imaxe baixada de internet) |
A COMPLICACIÓN DE TER NENOS
A miña tía pasouno moi mal para conseguir ter a miña prima: estivo internada no hospital moito tempo e despois tivo que estar en repouso na súa casa sen facer nada.
E con todo iso, a nena naceu antes de tempo e moi pequeniña. Estivo un mes na incubadora, pero é unha nena preciosa. Aínda que o pasaron moi mal, agora están encantados.
SUSI
![]() |
| (Imaxe baixada de internet) |
UN DÍA DESASTROSO
Un neno foi pescar ao río co seu pai. Estaba moi ilusionado porque nunca fora de pesca .
Cando chegaron ao río, o seu pai explicoulle como se pescaba un peixe .
O neno estaba moi nervioso e cando se moveu un pouco a cana, empezou a recoller coma si estivese tolo. Pero ao final só traía unha morea de paus e follas. Volveu lanzar e enganchou unha póla dunha árbore.
O neno estaba moi desilusionado. De repente, esvarou e caeu ao río. Cando se levantou, foi correndo ao coche chorando, pero volveu caer, esta vez na lama, e ao final tiveron que marchar.
DANIEL
![]() |
| (Imaxe baixada de interenet) |
GATIÑO PERDIDO
Cando vin ese gato na beira do río, preocupeime e decidín levalo para a casa.
Ao chegar, miña nai díxome que vira os anuncios de perdido, e...como debía ser, entregueino ao seu dono ao día seguinte.
¡Qué ben me sentín !
A VERDADEIRA AMIZADE
Por fin entendía o que significaba a amizade. Había pouco que se coñeceran e tiñan cousas en común. Para elas a amizade era un estado de completa felicidade. Entre elas contábanse as súas vivenzas, apoiábanse, axudábanse, sentíanse respaldadas unha ó lado da outra.
Era verdadeira amizade, algo que non se pode expresar con palabras, porque é un sentimento moi especial.
ALEJANDRO
O DESEXO DO NENO
Relaciónase cada vez máis cos nenos da clase dende que pediu o desexo á fada. Pediuno un día cando encontrou unha variña máxica no bosque. Viu unha fada e pensou que a variña máxica era dela. Por devolverlle a variña, a fada fixo realidade o desexo do neno de ser máis popular.
INÉS
Fora unha broma da súa nai o de poñer os fantasmas qe se moven para asustar ao seu fillo. Cando o neno os veu, botou a correr pola casa, e ía dicindo qe a casa estaba encantada, ata qe descubriu que a súa nai fora a culpable.
![]() |
| (Imaxe baixada de internet) |
¡UN XOGO MARABILLOSO!
Relaciónase cada vez máis cos nenos da clase porque ao fin encontrou algo que lles gusta a todos: ¡xogar ao fútbol! Dende entón sempre xogan todos xuntos.
MARCOS
![]() |
| (Imaxe baixada de internet) |
O NENO MAGO
Todos quedaron en paz cando a guerra acabou grazas a un neno moi bo. Ese neno era un mago que odiaba as pelexas e que, cun feitizo, conseguiu que parara. Dende entón non se fixeron mais guerras nese país.
INÉS
UN DÍA NOS KARTS
![]() |
| (Imaxe baixada de internet) |
Un día fun ao circuíto de karts de Ourense con meu irmán David. Cando nos subimos aos karts, os dous decidimos botar unha carreira. Quen perdese tiña que invitar ao outro a unha comida. A carreira era de tres voltas e os dous queriamos gañar, pero eu tiña un coche algo máis rápido e el non o sabía.
Deron o sinal e eu saín primeiro, anque a poucos metros. O que tiña pensado era coller as curvas pechadas para conseguir máis distancia. Ao final gañei, e deime un bo festín.
DANIEL
![]() |
| (Imaxe baixada de internet) |
A CASA ENCANTADA
Fora unha broma da súa nai o de poñer os fantasmas qe se moven para asustar ao seu fillo. Cando o neno os veu, botou a correr pola casa, e ía dicindo qe a casa estaba encantada, ata qe descubriu que a súa nai fora a culpable.
LUCÍA
O HOME DO SACO
![]() |
| (Imaxe baixada de internet) |
Daba medo a historia que me contou o meu tío. Trataba dun home que ía cun saco recollendo nenos pola rúa. Unha vez colleu un neno con moitos cartos encima, pero a cousa é que deixou os cartos no chan. O que facía cos nenos era levalos para outro país.
NACHO
![]() |
| (Imaxe baixada de internet) |
MALA SORTE
Quedou feito anacos o xarrón que lle regalaron a miña nai cando casou. Está moi triste. O meu pai intentou comprar outro pero non había un igual. O da miña nai era con flores, e o que ía mercar el tiña cadrados. Agora temos que poñer, en vez dun xarrón, unha cunca chea de adornos.
NACHO
![]() |
| (Imaxe baixada de internet) |
A BROMA DA NAI
- ¡O inverno é para xogar! – dixo un neno aos seus amigos.
Era inverno e estaban xogando coa neve. Os rapaces pasábano xenial. De repente, un boneco de neve, que acababan de facer, empezou a moverse. Os nenos fuxiron, pero volveron e déronse conta de que fora unha broma da súa nai.
![]() |
| (Imaxe baixada de internet) |
¡QUE SUSTO!
O maior susto que levara na súa vida ata agora fora cando o seu amigo Xosé lle gastou unha broma. Un día de noite levantouse e foi ao faiado porque oíu uns ruídos raros. Xosé puxera unhas pantasmas e uns esqueletos de mentira. Saíu correndo de alí aterrorizado. Pero onte, na rúa, aínda se asustou máis porque viu un home lobo. Espero que non fora de verdade.INÉS
Suscribirse a:
Entradas (Atom)







































