29 abr 2013
28 mar 2013
TALLER DE POESÍA
sempre sairá o Sol.
Aínda que neve,
sempre volverá a calor.
![]() |
| (Imaxe baixada de internet) |
Aínda que te vaias
sempre te levarei no
corazón.
Aínda que me deixes,
sempre aquí estarás.
Aínda que o mar nos
separe,
sempre te esperarei.
Aínda que nos separe o
océano,
sempre estarei ó teu
lado.
Aínda que estea morto,
sempre te quererei.
As rosas son caramelos,
![]() |
| (Imaxe baixada de internet) |
as margaridas, coma o mel;
as violetas, coma os teus
ollos
que brillan sen querer.
Os teus ollos son coma a
terra,
as túas mans, coma o pan;
o teu cabelo é coma a
seda,
a túa pel, suave coma
unha ovella.
As túas pernas son de
algodón,
brancas coma unha noite de xiada.
No mundo hai países,
nos países hai provincias
e nas provincias, cidades.
Nas cidades hai escolas,
![]() |
| (Imaxe baixada de internet) |
nas escolas hai clases,
nas clases hai alumnos
esperando o sol do verán.
No encerado hai oracións,
nas oracións hai frases,
nas frases hai palabras
e nas palabras hai letras.
E así sempre...
Nos meus ollos hai bágoas,
nas miñas bágoas hai
amor,
no meu amor estás ti
e para ti son os meus
ollos.
Non quero traballar na
horta,
mancharíame sen parar.
![]() |
(Imaxe baixada de internet)
|
Non quero traballar no
mar,
mollaríame sen máis.
Non quero ser cociñeira,
cortaríame sen cesar.
Non quero facer nada,
mellor estou deitada.
O paxaro xa
non voa
porque ten
unha á rota.
O peixe xa
non nada
porque o mar
quedou sen auga.
A árbore non
ten follas,
caéronlle no
outono todas.
![]() |
| (Imaxe baixada de internet) |
¡Vaia día!
Estou saltando de alegría.
Estou cantando coa miña
prima.
¡Vai día!
Estou comendo coa miña tía.
Estou xa farta de
sardiñas.
¡Vaia día!
![]() |
| (Imaxe baixada de internet) |
Onte había bochorno.
Hoxe xoguei coa neve.
Mañá haberá temporal.
¡Ai que tempo máis rebelde!
O outro día, en Carballo,
vin o arco da vella.
Onte a chuvia aceda
estragou as leiras.
está todo anubrado.
Mañá seguro haberá
unha tormenta no mar.
E a semana que vén,
disque vai orballar.
¡Este tempo está moi mal!
Na praia vai moito sol.
A chuvia é auga do mar.
A sarabia, cubiños de xeo.
Os lóstregos son moi fermosos
pero tamén perigosos.
Non xoguéi por culpa do trebón.
Un tifón arrasou a casa dos avós.
A néboa non nos deixa ver
e os faros do coche temos que acender.
fala de raios e tronos.
Tamén se fala
de que virá a tronada.
En Galicia hai chuvascada.
Haberá calor no resto de España.
Un tornado desfixo Sada.
Vai frío na miña casa.
Non abre a porta coa neviscada
ALUMNOS DE 5º A
10 mar 2013
NOTICIAS FANTÁSTICAS
![]() |
| (Imaxe baixada de internet) |
¿Xogamos a ser xornalistas?
Os alumnos de 5ºA, en grupos de tres, redactaron noticias de mentira.
STEGOSAURUS
ATACA
Os
científicos fan que cobre vida un fósil de
Stegosaurus,
que
arrasou toda a cidade.
Onte
no laboratorio de MIAMY,
uns científicos déronlle vida a un fósil de STEGOSAURUS,
que destruiu toda a cidade. Orixinouse por unha radiación química
no laboratorio, e a única maneira de detelo era arranxar o raio
fosilizador, que converte os seres vivos en fósiles. Pasaron horas e
horas e conseguirono, conseguiron fosilizar o STEGOSAURUS.
Hoxe
xa están empezando coas reconstruccións de MIAMY
e
os científicos teñen restrinxido o acceso ó laboratorio.
19
de febreiro do 2013
UNICORNIOS EN CALIFORNIA
Nun laboratorio de California
atópase un medicamento que converte as persoas en unicornios.
Onte, (18 de febreiro de
2.013) os científicos dun laboratorio de California elaboraron un medicamento
que converte as persoas en unicornios (animais mitolóxicos). As persoas xa o
están empezando a usar, xa que a acción dura tan só tres horas e non ten posibles
efectos adversos. Chámase “Unicornio Potion”.
Está tendo moito éxito porque
as persoas desexan voar coma unicornios.
LA VOZ DE AME, 19 de febreiro de 2.013.
ATRACARON DE NOVO
Onte, as 10:00 da noite,
os alieníxenas volveron atracar o Banco “Santander” (Miño).
Os alieníxenas atracaron
por segunda vez no Banco Santander da turística localidade de Miño. Houbo cinco persoas feridas. Roubaron
9.000.000 €. Tamén intentaron secuestrar a unha nena de tan só 5 meses. A nai da pequena, moi valente, impediuno, pero leváronlle todos os cartos que tiña na carteira. A policía chegou media hora
máis tarde, polo que os alieníxenas xa fuxiran.
O COCHE QUE PODE IR POR
DEBAIXO DA TERRA
Este tipo de coche do futuro será unha auténtica
revolución, porque poderá ir por debaixo da terra ata 200 metros de
profundidade.
Un coche, que poderá circular por debaixo do solo, sairá no 2.020. Ten
2.000 cabalos de potencia. Está formado por dous taladros, situados polos
lados. Funciona a gasolina. Leva asentos de coiro, cinco portas, dous volantes
de pel de corzo e un mp3 incluído, no que cantas unha canción e ponche un ritmo
adecuado. Dispón de dez marchas e poderá chegar aos 600 km por hora.
Será fabricado en China, pola empresa de Terrier. Venderase nos
mercados de China, América, Europa e Xapón por 1.000.000 de euros.
ENCONTRO CO DINOSAURO MISTERIOSO
O dinosauro encontrado tiña un tipo de xema no cranio e
chamárono RACNOR.
Este dinosauro foi atopado polo arqueólogo Dimondi e o seu equipo Os
Cometas. Descubriron un dinosauro cunha xema na cabeza. Cando saíu á superficie,
a xema fixo que cobrara vida, e así foi como destruíu a metade de Estados
Unidos. Onte pola noite, como non había luz solar, a xema deixou de brillar e o
dinosauro volveu a ser un esqueleto. A xema foi destruída, e Dimondi con ese
esqueleto farase rico. Hoxe mesmo empezarán as obras de reconstrución do país.
Voz Unida, 21 de febreiro de 2013
(CONTINUARÁ)
6 feb 2013
¡CANTO CONTO!
SE PICAS NOS TÍTULOS, PODERÁS LER OS CONTOS E SABER QUEN OS FIXO. PICANDO NOS DEBUXOS, VERALOS MÁIS GRANDES.
BRUJAS EN PALACIO
LAS MARÍAS
LAS AVENTURAS DE TOBY Y MARÍA
UN SUSTO DE MUERTE
LA GALLINA KARATEKA
EN LA PISCINA
UN FANTASMA MUY TRAVIESO
INVASIÓN ALIENÍGENA
UNA NOCHE DE MUCHO TERROR
17 ene 2013
A NOSA SANTA COMPAÑA
![]() |
| (Imaxe baixada de internet) |
Aquí tedes unha lenda moi popular da cultura tradicional galega.
Esta é a versión máis coñecida das moitas que existen.
Santa Compaña, Procesión das ánimas, Hoste,
Estandiga, Estadea, As da Noite, Antaruxada, Visita, Visión, Xaira, etc. As
denominacións varían segundo a zona xeográfica. A Compaña pode ser moitas
cousas, pero santa… abofé que non. A súa orixe é pagá (non relixiosa), pero o cristianismo adaptouna
ás súas costumes e modificou o concepto. Xa hai referencias escritas de procesións
de mortos desde o século XIII, na Idade Media (que é a etapa histórica que
celebramos este ano no colexio). Foi máis tarde, no século XIX coa chegada do
Romanticismo, cando máis se falou delas. Pero aínda hoxe en algúns lugares de
Galicia, se mantén a crenza nestas procesión das almas en pena.
A Compaña é o exército antigo dos mortos, que
buscan o seu lugar no outro mundo. Os defuntos de cada parroquia responden á
chamada do que leva máis tempo enterrado, érguense da tumba, entran na igrexa a
recoller o que precisan e ás doce da noite, puntualmente, bótanse a andar. Dan
voltas arredor do adro, cantando en latín ou cousa semellante. De seguido fan o
percorrido dos enterros polos camiños ou corredoiras, dispostos en dúas ringleiras,
cubertos cun sudario branco e descalzos. Tódolos membros da comitiva portan candeas acendidas. A figura esencial é o portador da cruz, que é un vivo. Este
vivo ten que andar toda a vida que lle resta coa Compaña, a non ser que consiga
desfacerse dela pasándolla a outro vivo. Esta persoa comeza a poñerse
fraco, triste, séntese sempre mal, adquire a cor dos defuntos, e non tarda en morrer.
Van en silencio ou tocando campaíñas. Tamén
poden ir laiando con grandes berros polas súas mágoas. Ás veces van visitar as
casas dos que morrerán axiña, e mesmo poden levar un cadaleito que deixarán na
porta como aviso de morte.
O paso das ánimas nótase por un rumor como o do vento, polo cheiro a
cera e polo desacougo ou medo que se sente... Sempre representa un perigo para
quen bate con ela ou quen a ve, aínda que estea lonxe. O que se atopa coa Santa
Compaña, para evitar a súa maldición, debe debuxar un círculo no chan e meterse
dentro del, botarse no chan boca abaixo ou fuxir correndo.
![]() |
| (Imaxe baixada de internet) |
Non esquezades que é unha lenda, e as lendas só existen para quen cre nelas.
Se queredes ver unha foto da verdadeira Santa Compaña, mirade aquí.
Picando aqui podedes ver un curto galego dirixido por Pablo
Cacheda Paz. Tivemos que "censurar" un chisco a película para
adaptala ó público infantil. Pedimos desculpas ó director e ós actores.
15 ene 2013
COMEZOS E FINAIS DE CONTOS DIVERTIDOS
![]() |
| (Imaxe baixada de internet) |
Na clase de 6ºA estamos a traballar os comezos e finais de "contos locos".
Esperamos
que vos gusten.
Principios:
Na
casa do rei
onde
tola quedei
onde
os corvos bailan
e as bonecas falan... Erika.
O
conto vai empezar
así
que pechade os ollos
e poñédevos a escoitar... María.
O
conto vai empezar
así
que escoitar
e...
¡imaxinar!... Patricia.
Finais:
...e
colorín colorado
este
conto está pechado
cunha
chave gardada
na
ponte dunha fada. Paula.
...e
colorín colorado
este
conto por fín rematado
quedou
recordado
e
foi moi animado. María.
...e
colorín colorado
todo
o mundo xa calado
e
se ninguén fala
outro
conto narra. Erika.
Son
os que máis nos gustaron a nós de todos os que fixemos na clase.
Gustaríanos
que fagades con eles contos completos. Fáltanlles o nó (¿que sucede?...), e que
vos sirva de axuda o que nós fixemos. Unha aperta dos alumnos de 6ºA.
19 dic 2012
SAÍDA A SOTAVENTO
O día 28 de novembro, os alumnos de 6º de primaria fixemos
unha saída cultural ao parque eólico de Sotavento, na que invertimos a mañá
enteira.
Cando chegamos, despois de sacar unhas fotos por fóra,
recibíronnos uns monitores, dividímonos por clases para facer as visitas por
separado. Nós, os de 6ºA, primeiro vimos a vivenda bioclimática. Explicounos
como eran de anchas as paredes, para aproveitar a temperatura interior, como
reciclaban a auga do lavabo para usala na cisterna; na cociña, explicáronnos os
diferentes tipos de electrodomésticos para menor consumo de enerxía. Apendemos
cousas moi interesantes:
- que temos que desenchufar os cargadores cando non se usen...
- apagar todos os aparatos no botón de apagado...
- que todas as enerxías contaminan, menos o dedo...
- no salón ensináronnos como estaba preparada a casa para abrir
ou cerrar ela soa as persianas para regular a temperatura....
Na entrada tiña un estanque que recollía a auga da chuvia e
no que se reflexaba a luz do sol, logo esa auga úsase para o riego do xardín no verán.
Logo, cambiamos co
outro grupo, e tocounos a explicación das distintas fontes de enerxía en
maquetas, as renovables e non renovables (cos efectos que acarrean). Vimos
tamén o funcionamento dos muíños de vento, estivemos na sala de control dos
muíños. Xa coñeciamos bastante sobre
estas enerxías porque estabámo-las a traballar no cole.
Ao final, xuntáronnos as dúas clases para facer un examen
competitivo entre clases como se fose o xogo da oca, pero con preguntas sobre
as enerxías, e cando millor o estabamos pasando ... chegou a hora de marchar!, e quedou o xogo sen saber o gañador.
Hai que repetilo!
Paula, Ismael
Castro, Marta e Silvia (6ºA)
20 nov 2012
OS COGOMELOS DO SAN PEDRO
Pica aquí
para ver tódalas imaxes.
Saída campestre
O 19 de novembro, os alumnos de 5º saímos a buscar cogomelos ao monte San Pedro.
Primeiro subimos pola rampa ata
chegar arriba, alí vimos moitos cogomelos. Algúns velenosos pero moi bonitos,
outros comestibles e todos de cores e formas diferentes.
Baixamos, e por fóra do colexio,
entramos no monte por outro lugar. Estaba o terreo sen limpar e foi máis
difícil atopalos, aínda así, vimos máis amanitas muscaria.
Ao final, volvemos á clase sabendo
un pouco máis de cogomelos.
Un consello:
Se non coñecedes moi ben os
cogomelos, non os collades. 5º B
5ºA
19 nov 2012
8 nov 2012
PALABRAS DADAS
Os alumnos de 5º A colleron ao chou dúas palabras galegas que xuntaran previamente entre todos. Cada un irá inventando un texto no que aparezan, dalgunha maneira, esas dúas palabras dadas. Iremos poñendo as súas creacións nesta entrada, segundo as vaian elaborando, acompañadas dun debuxiño axeitado, tamén feito por eles.
Había un cadeliño moi pequeno ao que
levaron onda unha familia moi rica polo capricho dun neno pequeno que
sempre desexara ter un.
A FONTE MÁXICA
Un día na praza de
Pontedeume, un rapaz chamado Carlos lanzou unha moeda á
fonte e pediu un desexo. Unha hora máis tarde, aquel desexo
fíxose realidade, e o rumor da fonte máxica esparexeuse coma
o vento. Houbo unha persoa que quixo desexar ser o rei, pero
a fonte non o fixo realidade porque lle vía moi malas
intencións. Entón intentou destruila cunha bomba, pero os
axentes conseguiron parar a conta atrás. Despois duns días,
atoparon ao que puxo a bomba e detérono. E todos viviron
felices e comeron perdices.
¡POR FIN LIBRE!
Había un cadeliño moi pequeno ao que
levaron onda unha familia moi rica polo capricho dun neno pequeno que
sempre desexara ter un.
O cadeliño pasábase as horas xogando
co neniño, pero cada noite antes de durmir, recordaba con morriña o
seu antigo fogar. Era o bosque. O cadelo amábao, alí revolcábase
na herba e nas follas caídas que levaba o vento.
O cadeliño cansado da súa vida,
decidiu escapar. Aquela mesma noite, xa marchou; aproveitando que a
cancela estaba aberta, fuxiu cara ao monte. Á mañá seguinte, xa
estaba no bosque.¡Por fin libre!
LUIS
A
ABELLA
A abella é un insecto é os insectos son animais. Pode voar. Ten un aguillón. É de cor amarela e negra. Fabrica o mel. Axuda á polinización das flores.
A BOLBORETA E O COELLOA abella é un insecto é os insectos son animais. Pode voar. Ten un aguillón. É de cor amarela e negra. Fabrica o mel. Axuda á polinización das flores.
DIEGO
Un coello gastoulle unha broma á
señora bolboreta. A bolboreta foi chamar á araña. A araña pensou
e pensou e tivo unha idea. Chamou aos seus fillos e teceron unha
arañeira. O coello quedou enredado e a bolboreta non paraba de rir.
O coello e a bolboreta foron máis amigos desde aquela.
MEHDI
A FONTE MÁXICA
Un día na praza de
Pontedeume, un rapaz chamado Carlos lanzou unha moeda á
fonte e pediu un desexo. Unha hora máis tarde, aquel desexo
fíxose realidade, e o rumor da fonte máxica esparexeuse coma
o vento. Houbo unha persoa que quixo desexar ser o rei, pero
a fonte non o fixo realidade porque lle vía moi malas
intencións. Entón intentou destruila cunha bomba, pero os
axentes conseguiron parar a conta atrás. Despois duns días,
atoparon ao que puxo a bomba e detérono. E todos viviron
felices e comeron perdices.
ROI
O
GOLFIÑO
Había
unha vez un golfiño que vivía moi
feliz no mar. Un día pasou por alí un barco pesqueiro e o golfiño
enredouse na rede. Caeu un lóstrego e comezou a chover. O golfiño
pensou que era o seu fin. Pero, por sorte, un neno liberouno.
DANIEL
A ROUPA VELLA
O domingo despertoume
unha chamada de Manoliño, dicía que fora á súa casa. Cando
cheguei, díxome que tiña unha sorpresa para min: que me invitaba a
cear roupa vella. Pasoume pola cabeza comer calcetíns rotos.
Manoliño contoume que a súa avoa cociñaba comida coa carne que
sobraba do cocido. Despois de cear fun para a casa.Cando cheguei á casa, dixenlle á miña nai que ao día seguinte eu quería roupa vella; pero non me entendeu, e o luns fun ao colexio con zapatos furados, camiseta rachada e pantalóns moi rotos. ¡Foi un día penoso! Cheguei á casa e para comer... roupa vella. ¡Que delicia!
SANTI
O REI DOS MONOS
Érase unha vez un rei mono que desexaba un trono de ouro puro, pero os seus súbditos non sabían onde atopalo. Así que o rei cansouse de esperar e dixo:
-Quero que vaiades a unha mina, e dáme igual o que tardedes, e se non encontrades ouro, ide a outras minas ata que o atopedes.
E así se fixo: trinta e catro súbditos saíron en busca dunha mina. Pasou un ano sen ter noticias deles e o rei, pouco satisfeito, agarrou polo pescozo a un súbdito e preguntoulle:
-Como é que tardan tanto en vir?
E o súbdito respondeulle:
-É que as minas son moi inestables e poden derrubarse con facilidade.
Pasou outro ano e volveron, pero sen ouro. Cansos e enfadados, colleron ao rei mono e botáromo fóra do reino. E todo por ser egoísta, mandón e por pensar nas riquezas en vez de preocuparse polos súbditos.
DAVID CORTÉS
DAVID CORTÉS
CARMIÑA, A XOANIÑA
A
xoaniña máis pobre do reino chamábase Carmiña.
Un
día normal e corrente, Carmiña decidiu ir a xunto do rei a pedirlle
axuda financieira. Pero o rei, negandose, díxolle a Carmiña:
-Se
es pobre como ti dis, ¿como é que es tan educada sen recibir
educación ningunha?
Carmiña contestoulle:
-Señor,
é que eu son moi lista.
-Se
es tan lista como dis, dime: ¿que tempo fará maña?
-Choiva,
señor, mañá choverá.
Ao
día seguinte, tal e como dixera Carmiña, choveu. O rei chamou a
Carmiña e díxolle:
-Ti
casarás co meu fillo.
E
así foi como Carmiña casou co príncipe Bolboreta e todos foron
felices.
EVA
Un día, dous
amigos decidiron ir ao bosque para coller cogomelos. Un deles chamábase Marcos
e sempre estaba rindo. Tiña dez anos. O outro, Pedro, tiña sete anos.
Cando Marcos ía coller un cogomelo, sen querer tropezou nun pau e caeu
encima del. O cogomelo empezou a medrar e tamén lle saíu unha boca enorme cuns
dentes moi grandes, uns ollos pequenos de cor vermello, dous brazos xigantes e
unhas pernas moi longas.
Os dous amigos cando viron iso, empezaron a correr do medo que
tiñan. A Marcos borróuselle o sorriso da cara. Pedro tropezou nunha pedra e
caeu de fuciños e Marcos intentouno levantar do chan. O cogomelo estaba detrás
deles para intentar comelos. De súpeto,o cogomelo esvarou nun charco e foi
parar contra unha árbore que tiña espiñas. Os dous amigos non deixaron de
correr a todo meter. Marcos virou a cabeza e viu o cogomelo espetado. Pararon
para coller alento, e despois seguiron ata as súas casas.
Nunca máis volveron falar dese día.
SAMUEL
O CAZADOR E O XABARÍN
Un día un xabarín foi comprar cenoiras, pero non había. Quixo comprar peras, pero non había. Entón non puido comer. E pensou: - Que vou comer?
Entón viu un señor que tiña uns chourizos, pero era un cazador. E dixo:
- Vou matar ese xabarín.
O xabarín correu ata un monte e o cazador caeu a un río, e dixo:
- Xa non vou matar ningún xabarín máis.
SERGIO
LOLA E A SÚA TIXOLA
caeu na tixola de Lola
e a bola da tixola
era para unha merendola
do fillo de Lola
que era unha tola
e sempre falaba sola.
ADRIÁN ROCHA
Érase
unha vez un neno chamado Juanjo que foi de vacacións a Xamaica,
porque quería coñecer países novos.
Un
día xogaba ao fútbol cuns nenos xamaicanos. Como estaban xogando na
cima dunha montaña, escapoulles o balón para o outro lado. Juanjo
dixo que o collía él. Comenzou a ir cara abaixo polo medio do
bosque. E deuse conta de que estaban nun volcán. E o balón quedara
nunha roca con forma de cadeira. Juanjo quedou abraiado, pero con
medo de que entrara en erupción. Colleu o balón e seguiron xogando.
ALBERTO
O NENO GORDECHO
HabÍa unha vez, un neno moi gordecho que se chamaba Cosme. El comía moito e o que máis lle gustaba era o xamón. Sempre que ía ao médico, dicíalle:-Cosme, tes que comer menos xamón e comer cousas mais saudables combinadas cun pouco exercicio cada día.
Cosme nunca lle facía caso ao doutor. Pero un día pola noite, decidiu facer o que lle dicía o doutor.
Ao día seguinte pola mañá, dixo:
-Como non podo almorzar, xantar nin cear xamón, tomarei un vaso de leite.
Despois de tomalo, saíu ao xardín para andar na bicicleta.
Así fixo durante uns dous meses e daquela volveu ao médico e díxolle o doutor:
-Cosme, moi ben, por fin fixeches o que che dixen. Xa podes volver a comer xamón pero con pouca frecuencia, e xa podes parar de facer exercicio na casa, xa che chega con facelo na escola.
E Cosme dixo:
-Non, antes aburríame todo o día no sofá comendo xamón e vendo a tele sen facer nada. Ademais, o xamón xa me cansei del de tanto comelo. Agora síntome moito mellor.
MARIO
DOUS XEMELGOS
ían pola fraga.
Pola fraga,
ían dous xemelgos.
Facía un día moi caloroso,
tanto que se empezaron a cansar.
Pararon nunha árbore,
e empezaron a pensar.
Onde estamos?,
empezáronse a preguntar.
Seguiron andando,
e despois dun cacho,
viron algo ao fondo.
Era a casa da súa avoa,
preto dunha bonita lagoa.
Foron ata á casa da súa avoa,
e vírona por unha ventá,
estaba na cociña,
tomando unha mazá.
ANTÍA
UNHA CADELA MOI LISTA
Érase unha vez unha cadela que quería agochar un óso para que ningún can llo atopase. Comezou a dar voltas arredor do xardín, buscando onde escondelo.
- Xa sei – pensou a cadela-. Esta árbore é ideal. Farei un burato e aquí o meterei.
E así o fixo, gardouno naquel lugar ben agochadiño e ningún can soubo xamáis do seu óso, nin do seu segredo.
UXÍA
O SENTIMENTO DE PABLO
Érase unha vez un home moi valente chamado Pablo, que ía camiñando por un monte de Xapón chamado Fuji. Pablo ía paseando e, de repente, atopou unha serpe, pero non parecía normal. Pechou os ollos e, sen darse conta, mirou cara abaixo e a serpe desapareceu. Pablo impresionouse e saiu do monte, e nunca máis volveu atopar serpes na súa vida.
ELENA
O DESAPARAFUSADOR INTELIXENTE
Había unha vez un desaparafusador que, cando o seu dono habría a caixa de ferramentas, preguntaballe: -¿Que traballo me toca facer hoxe?
Todo o mundo se asombraba, ese desaparafusador falaba, e a xente comezou a pelexar por el. Saía a pasear : uns días o dono deixáballo a un veciño, outro día a outro e así ao longo dos días, ata que ao final o desaparafusador, esgotado de tanto falar, convertiuse nunha ferramenta normal. O cansazo da xente acabou, xa nínguén quería ese desaparafusador.
E durmindo na caixa de ferramentas quedou, tendo agora unha vida mellor.
LARA
O MEU PAXARO
Hai moito tempo, unha nena chamada Carla pasou por diante dunha casa moi bonita. Acercouse máis e atopou un paxariño nunha gaiola. O paxariño tiña unha patiña malferida. Cando foi para a súa casa, era de noite. Pensaba no paxariño e dáballe pena. Pola mañá foi pasear polo mesmo sitio da véspera e soubo que os donos da casa foran de vacacións dous anos, deixando o paxariño só. Entón colleuno e levouno. Na súa habitación púxolle unha venda na pata ferida e despois deulle de comer e de beber. Quedou repousando unhas semanas. Deuse conta de que o mal do paxariño non era a súa pata, senón a profunda morriña de non volver onda súa nai e voar libre. Polo que non dubidou nin un momento en abrir a gaiola e deixalo por fin en liberdade.
LUCAS
¡QUE CABECIÑA!
Érase unha vez un neno que tiña un problema: non era capaz de aprender os temas dos exames, nunca se acordaba. Un día o seu mellor amigo dixolle: -Tes que estudar máis sen distraerte.
Ao outro día empezou a estudar, sentouse na cadeira e preguntouse a si mesmo a lección. Entón puxo a man na testa, estudou máis e deuse conta de que non se lle esquecía. Ao día seguinte no exame, ao rematalo, a mestra deu as notas, e estudara tanto que sacou un dez.
MARTÍN
O CALZADO QUERE XOGAR
Había unha vez un neno que tiña un calzado moi bonito. Sempre ía xogar con el, pero un día descubriu que os zapatos eran máxicos. Cando xogaba, eles corrían sós.
IVÁN
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
























































