22 sept 2013

ABRINDO BOCA...

(Imaxe baixada de internet)


Arrincamos neste novo curso entrando na cociña sofisticada do restaurante “Repipi” de 6ºA






PRIMEROS PLATOS
Sopa de mejillones gallegos a la esencia de fino azafrán de Oriente
Pinchos de tortilla con crema de ajos rojos
Macarrones a la italiana con queso azul fundido a fuego lento
Sopa de marisco con aroma de mar abierto
Ensalada mista con hierbas de los campos primaverales
Croquetas vegetales a la brasa
Pulpo gallego con gambas del sur a la parrilla
Ensalada de queso fresco y gambas del norte al aroma del Mediterráneo
Caldo gallego de patata americana y verdura suiza
Crema de calabacín con espinacas a la plancha
Almejas de la ría en salsa indú
Pulpo al ajillo con tinta de calamar
Salteado de patas de crustáceos variados
Revuelto de setas otoñales con salsa de calabacín tierno
Tortilla de caviar con salsa africana
Minibocadillos de jamón picante con salsa ranchera
Ensalada de arroz negro con tropezones de pollo
Champiñones rellenos con aroma de rosas recién cortadas
Bocaditos de salchichas ahumadas al aroma de setas del campo

SEGUNDOS PLATOS
Lomo de cerdo celta aromatizado con tomillo del monte gallego
Ternera estofada con salsa de pistachos y nueces
Churrasco con salsa de setas del bosque
Oreja de cerdo pata negra a fuego lento con patatas paja
Pollo a la naranja al aroma de los pinos noruegos
Raviolis rellenos de carne picada de cerdo ibérico
Salmón ahumado con gustillo de limones del Caribe
Chuletón de buey vestido con rodajas de naranja verde
Ancas de rana fritas con patatas asadas
Salmón a la oriental con brotes de bambú
Tripas de cerdo rellenas de insectos fritos
Pata de caballo con guarnición de ensaladilla

POSTRES
Tarta de chocolate negro a la crema de vainilla
Delicias de chocolate multicolor con nata y canela
Tarta de queso de Arzúa con sirope de vainilla
Mango biche colombiano
Tartarelas de chocolate blanco con almendras de Canadá
Bolas de helado de limón envueltas en finas láminas de naranja
Tarta helada de sorbete de mandarinas chinas
Flan de café tropical cubierto de chocolate fundido
Copa de helado de fresas silvestres
Yogur mixto de chocolate y fresas semihelado
Granizado de café con nata asturiana
Tarta de queso mediterráneo
Helado de magdalenas con forma de mariposa
Helado naranja de cantharellus del bosque


25 jun 2013

¡ADEUS, PRIMARIA!

Viaxe dos alumnos de 6º ao parque de Cabárceno (Santander) contada por unha alumna.

                                                         Excursión a Cantabria
O mércores 12 saímos de viaxe todos os nenos e nenas de 6º coas nosas profes Mª José e Teresa. Antes de saír do cole gardamos as maletas no bus e logo despedímonos de nosos pais. Comezamos a viaxe collendo a autopista en Miño. A primeira parada que fixemos foi de alí a hora e media, e compramos algo de comer, os que quixeron. Ao cabo de media hora seguimos coa viaxe e fomos cantando no bus cancións coas profes. A seguinte parada que fixemos foi para comer, cada un levaba a súa comida da casa. Cando acabamos, as profes compráronnos un helado a cada un e...¡estaba moi rico! Cando acabamos volvemos ao bus. Antes de chegar ao albergue no que iamos durmir os tres días, paramos na Cova do Soplao. Primeiro deixáronnos un anaquiño para ir mercar algo á tenda. Despois unha rapaza que se chamaba Raquel explicounos parte da cova, por dentro. Entramos nun pequeno tren e antes de subirnos, á titora Teresa fixéronlle unha entrevista os da TV1. Raquel explicounos o que eran as estalactitas, as columnas, as orellas de burro..., que se formaban coas gotas de auga. Tamén nos ensinou como traballaban os mineiros. Cando saímos da cova despedímonos de Raquel e fomos para o bus e de alí a un pouco chegamos ao albergue de Cabárceno. Presentáronnos a nosa monitora que ía estar con nós nesa viaxe, chamábase Vanesa. Ela ensinounos as habitacións, primeiro ás nenas e logo aos nenos. Cando xa estabamos nas habitacións deixáronnos ir bañarnos á piscina, os que non quixeran xogaban ao fútbol , ou a outra cousa. Despois ás 9.00h fomos cear todos os nenos do albergue, logo deixáronnos un anaquiño para estar na habitación e ás 10.20 h fomos ao patio facer xogos todos xuntos. E cando acabamos de xogar as 11.30 h subimos á habitación, puxemos o pixama, preparamos a cama... Ás 12.00 h tivemos que apagar as luces pero antes de apagalas fixémonos amigos duns nenos que eran de Asturias, eran moi bos conosco.

Ao día seguinte levantámonos ás 8.15 h, vestímonos e ás nove baixamos a almorzar. Ás nove e mediaveu o bus recollernos e fomos ao Parque da Natureza de Cabárceno. Fomos vendo os animais un a un: leóns, gorilas, elefantes, xirafas, cebras, leóns mariños... O que máis me gustou foron os leóns mariños. Cando chegou a hora de comer volvemos ao albergue. Cando acabamos de comer volvemos un pouco para a habitación e ás 3.30h fomos para o bus e iamos ir a Cabárceno acabar a visita, pero como chovía moito fomos a Santander. Alí demos unha volta nun tren de paseo, fomos dar unha volta polo palacio da Magdalena, donde se roda unha serie de televisión. Cando nos baixamos fomos visitar uns pingüinos, focas e leóns mariños. Cando acabamos subimos ao bus ata o concello de Santander. Alí as profes deixáronnos un pouco solos para comprar algo e dar un paseo. Ás 7.00 h regresamos ao albergue, fomos á habitación e antes de cear baixamos un pouco ao patio. E por suposto pasámolo moi ben xogando. Máis tarde fomos cear e cando acabamos subimos para a habitación. Ás 10.30 h baixamos para a discoteca, alí bailamos moito nós e os do cole de Asturias. Cando se acabou fomos todos á habitación e ás doce a durmir.

Ao día seguinte cando nos levantamos fomos almorzar a ás nove e media veu o bus e saímos cara a Miño. Paramos en Santillana del Mar, andivemos un pouco por alí e fómonos, logo subimos ao bus e fomos á neocueva de Altamira e despois cara a Miño. Paramos a comer nunha estación de servizo e máis tarde paramos nun bar: O rei das Tartas. Nun pouco chegamos a Miño a alí recibíronnos nosos pais con moito cariño.

Foi xenial, grazas ás profes por levarnos!! A mellor saída para fin de etapa!!
MARTA 6º


28 mar 2013

TALLER DE POESÍA


Aínda que chova,
sempre sairá o Sol.
Aínda que neve,
sempre volverá a calor.
(Imaxe baixada de internet)

Aínda que te vaias
sempre te levarei no corazón.
Aínda que me deixes,
sempre aquí estarás.

Aínda que o mar nos separe,
sempre te esperarei.
Aínda que nos separe o océano,
sempre estarei ó teu lado.

Aínda que estea morto,
sempre te quererei.

As rosas son caramelos,
(Imaxe baixada de internet)
as margaridas, coma o mel;
as violetas, coma os teus ollos
que brillan sen querer.

Os teus ollos son coma a terra,
as túas mans, coma o pan;
o teu cabelo é coma a seda,
a túa pel, suave coma unha ovella.

As túas pernas son de algodón,
brancas coma unha noite de xiada.


No mundo hai países,
nos países hai provincias
e nas provincias, cidades.
Nas cidades hai escolas,
(Imaxe baixada de internet)
nas escolas hai clases,
nas clases hai alumnos
esperando o sol do verán.

No encerado hai oracións,
nas oracións hai frases,
nas frases hai palabras
e nas palabras hai letras.
E así sempre...

Nos meus ollos hai bágoas,
nas miñas bágoas hai amor,
no meu amor estás ti
e para ti son os meus ollos.


Non quero traballar na horta,
mancharíame sen parar.
(Imaxe baixada de internet)
Non quero traballar no mar,
mollaríame sen máis.
Non quero ser cociñeira,
cortaríame sen cesar.
Non quero facer nada,
mellor estou deitada.

O paxaro xa non voa
porque ten unha á rota.
O peixe xa non nada
porque o mar quedou sen auga.
A árbore non ten follas,
caéronlle no outono todas.




(Imaxe baixada de internet)
¡Vaia día!
Estou saltando de alegría.
Estou cantando coa miña prima.
¡Vai día!
Estou comendo coa miña tía.
Estou xa farta de sardiñas.
¡Vaia día!






(Imaxe baixada de internet)



Onte había bochorno.
Hoxe xoguei coa neve.
Mañá haberá temporal.
¡Ai que tempo máis rebelde!


O outro día, en Carballo,
vin o arco da vella.
Onte a chuvia aceda
estragou as leiras.
Hoxe non vai bo día,
(Imaxe baixada de internet)
está todo anubrado.
Mañá seguro haberá
unha tormenta no mar.
E a semana que vén,
disque vai orballar.
¡Este tempo está moi mal!

Na praia vai moito sol.
chuvia é auga do mar.
sarabia, cubiños de xeo.
Os lóstregos son moi fermosos
pero tamén perigosos.

Non xoguéi por culpa do trebón.
Un tifón arrasou a casa dos avós.
néboa non nos deixa ver
e os faros do coche temos que acender.


(Imaxe baixada de internet)
O home do tempo
fala de raios e tronos.
Tamén se fala
de que virá a tronada.

En Galicia hai chuvascada.
Haberá calor no resto de España.
Un tornado desfixo Sada.
Vai frío na miña casa.
Non abre a porta coa neviscada
                                           

                                                     ALUMNOS DE 5º A


10 mar 2013

NOTICIAS FANTÁSTICAS

(Imaxe baixada de internet)


¿Xogamos a ser xornalistas?
Os alumnos de 5ºA, en grupos de tres, redactaron noticias de mentira.





STEGOSAURUS ATACA
Os científicos fan que cobre vida un fósil de Stegosaurus, que arrasou toda a cidade.

Onte no laboratorio de MIAMY, uns científicos déronlle vida a un fósil de STEGOSAURUS, que destruiu toda a cidade. Orixinouse por unha radiación química no laboratorio, e a única maneira de detelo era arranxar o raio fosilizador, que converte os seres vivos en fósiles. Pasaron horas e horas e conseguirono, conseguiron fosilizar o STEGOSAURUS.
Hoxe xa están empezando coas reconstruccións de MIAMY e os científicos teñen restrinxido o acceso ó laboratorio.
19 de febreiro do 2013  


UNICORNIOS EN CALIFORNIA
Nun laboratorio de California atópase un medicamento que converte as persoas en unicornios.

Onte, (18 de febreiro de 2.013) os científicos dun laboratorio de California elaboraron un medicamento que converte as persoas en unicornios (animais mitolóxicos). As persoas xa o están empezando a usar, xa que a acción dura tan só tres horas e non ten posibles efectos adversos. Chámase “Unicornio Potion”.
Está tendo moito éxito porque as persoas desexan voar coma unicornios.

LA VOZ DE AME, 19 de febreiro de 2.013.

                                       
ATRACARON DE NOVO
Onte, as 10:00 da noite, os alieníxenas volveron atracar o Banco “Santander” (Miño).

Os alieníxenas atracaron por segunda vez no Banco Santander da turística localidade de Miño. Houbo cinco persoas feridas. Roubaron 9.000.000 €. Tamén intentaron secuestrar a unha nena de tan só 5 meses. A nai da pequena, moi valente, impediuno, pero leváronlle todos os cartos que tiña na carteira. A policía chegou media hora máis tarde, polo que os alieníxenas xa fuxiran.


O COCHE QUE PODE IR POR DEBAIXO DA TERRA
Este tipo de coche do futuro será unha auténtica revolución, porque poderá ir por debaixo da terra ata 200 metros de profundidade.

Un coche, que poderá circular por debaixo do solo, sairá no 2.020. Ten 2.000 cabalos de potencia. Está formado por dous taladros, situados polos lados. Funciona a gasolina. Leva asentos de coiro, cinco portas, dous volantes de pel de corzo e un mp3 incluído, no que cantas unha canción e ponche un ritmo adecuado. Dispón de dez marchas e poderá chegar aos 600 km por hora. 
Será fabricado en China, pola empresa de Terrier. Venderase nos mercados de China, América, Europa e Xapón por 1.000.000 de euros.


ENCONTRO CO DINOSAURO MISTERIOSO
O dinosauro encontrado tiña un tipo de xema no cranio e chamárono RACNOR.

Este dinosauro foi atopado polo arqueólogo Dimondi e o seu equipo Os Cometas. Descubriron un dinosauro cunha xema na cabeza. Cando saíu á superficie, a xema fixo que cobrara vida, e así foi como destruíu a metade de Estados Unidos. Onte pola noite, como non había luz solar, a xema deixou de brillar e o dinosauro volveu a ser un esqueleto. A xema foi destruída, e Dimondi con ese esqueleto farase rico. Hoxe mesmo empezarán as obras de reconstrución do país.
Voz Unida, 21 de febreiro de 2013
(CONTINUARÁ)


6 feb 2013

¡CANTO CONTO!


SE PICAS NOS TÍTULOS, PODERÁS LER OS CONTOS E SABER QUEN OS FIXO. PICANDO NOS DEBUXOS, VERALOS MÁIS GRANDES.





                                                            O ELEFANTE BRANCO






LA LÁMPARA MÁGICA




                                                   MUFI, EL LEÓN VALIENTE






AS DOCE UVAS





                                                                          A AGUIA DOURADA











                                                       UN PASEO INESPERADO

                                                                                                                                                             
                                                                                           



O DESBORDE DO RÍO GRANDE                                                                 
                                                                                                                                                             
                                                                                                                                                        


                                                                 O NOSO SALVADOR                                     





BRUJAS EN PALACIO
                                                       



                                                                                    LAS MARÍAS









LAS AVENTURAS DE TOBY Y MARÍA









                                                                  UN SUSTO DE MUERTE








LA GALLINA KARATEKA








                                                                            EN LA PISCINA




UN FANTASMA MUY TRAVIESO










                                                          INVASIÓN ALIENÍGENA








UNA NOCHE DE MUCHO TERROR







17 ene 2013

A NOSA SANTA COMPAÑA

(Imaxe baixada de internet)



Aquí tedes unha lenda moi popular da cultura tradicional galega. Esta é a versión máis coñecida das moitas que existen.




Santa Compaña, Procesión das ánimas, Hoste, Estandiga, Estadea, As da Noite, Antaruxada, Visita, Visión, Xaira, etc. As denominacións varían segundo a zona xeográfica. A Compaña pode ser moitas cousas, pero santa… abofé que non. A súa orixe é pagá (non relixiosa), pero o cristianismo adaptouna ás súas costumes e modificou o concepto. Xa hai referencias escritas de procesións de mortos desde o século XIII, na Idade Media (que é a etapa histórica que celebramos este ano no colexio). Foi máis tarde, no século XIX coa chegada do Romanticismo, cando máis se falou delas. Pero aínda hoxe en algúns lugares de Galicia, se mantén a crenza nestas procesión das almas en pena.
A Compaña é o exército antigo dos mortos, que buscan o seu lugar no outro mundo. Os defuntos de cada parroquia responden á chamada do que leva máis tempo enterrado, érguense da tumba, entran na igrexa a recoller o que precisan e ás doce da noite, puntualmente, bótanse a andar. Dan voltas arredor do adro, cantando en latín ou cousa semellante. De seguido fan o percorrido dos enterros polos camiños ou corredoiras, dispostos en dúas ringleiras, cubertos cun sudario branco e descalzos. Tódolos membros da comitiva portan candeas acendidas. A figura esencial é o portador da cruz, que é un vivo. Este vivo ten que andar toda a vida que lle resta coa Compaña, a non ser que consiga desfacerse dela pasándolla a outro vivo. Esta persoa comeza a poñerse fraco, triste, séntese sempre mal, adquire a cor dos defuntos, e non tarda en morrer.
Van en silencio ou tocando campaíñas. Tamén poden ir laiando con grandes berros polas súas mágoas. Ás veces van visitar as casas dos que morrerán axiña, e mesmo poden levar un cadaleito que deixarán na porta como aviso de morte.
O paso das ánimas nótase por un rumor como o do vento, polo cheiro a cera e polo desacougo ou medo que se sente... Sempre representa un perigo para quen bate con ela ou quen a ve, aínda que estea lonxe. O que se atopa coa Santa Compaña, para evitar a súa maldición, debe debuxar un círculo no chan e meterse dentro del, botarse no chan boca abaixo ou fuxir correndo.

(Imaxe baixada de internet)


Non esquezades que é unha lenda, e as lendas só existen para quen cre nelas.





Se queredes ver unha foto da verdadeira Santa Compaña, mirade aquí.

Picando aqui podedes ver un curto galego dirixido por Pablo Cacheda Paz. Tivemos que "censurar" un chisco a película para adaptala ó público infantil. Pedimos desculpas ó director e ós actores. 

15 ene 2013

COMEZOS E FINAIS DE CONTOS DIVERTIDOS



(Imaxe baixada de internet)
Na clase de 6ºA estamos a traballar os comezos e finais de "contos locos".
Esperamos que vos gusten.

Principios:

Na casa do rei
onde tola quedei
onde os corvos bailan
e as bonecas falan...  Erika.

O conto vai empezar
así que pechade os ollos
e poñédevos a escoitar...   María.

O conto vai empezar
así que escoitar
e... ¡imaxinar!... Patricia.

Finais:

...e colorín colorado
este conto está pechado
cunha chave gardada
na ponte dunha fada.   Paula.

...e colorín colorado
este conto por fín rematado
quedou recordado
e foi moi animado. María.

...e colorín colorado
todo o mundo xa calado
e se ninguén fala
outro conto narra.  Erika.

Son os que máis nos gustaron a nós de todos os que fixemos na clase.

Gustaríanos que fagades con eles contos completos. Fáltanlles o nó (¿que sucede?...), e que vos sirva de axuda o que nós fixemos. Unha aperta dos alumnos de 6ºA.

19 dic 2012

SAÍDA A SOTAVENTO



O día 28 de novembro, os alumnos de 6º de primaria fixemos unha saída cultural ao parque eólico de Sotavento, na que invertimos a mañá enteira.
Cando chegamos, despois de sacar unhas fotos por fóra, recibíronnos uns monitores, dividímonos por clases para facer as visitas por separado. Nós,  os de 6ºA, primeiro vimos a vivenda bioclimática. Explicounos como eran de anchas as paredes, para aproveitar a temperatura interior, como reciclaban a auga do lavabo para usala na cisterna; na cociña, explicáronnos os diferentes tipos de electrodomésticos para menor consumo de enerxía. Apendemos cousas moi interesantes:
-        que temos que desenchufar os cargadores cando non se usen...
-        apagar todos os aparatos no botón de apagado...
-       que todas as enerxías contaminan, menos o dedo...
-   no salón ensináronnos como estaba preparada a casa para abrir ou cerrar ela soa as persianas para regular a temperatura....
Na entrada tiña un estanque que recollía a auga da chuvia e no que se reflexaba a luz do sol, logo esa auga úsase para o riego do xardín no verán.
Logo, cambiamos co outro grupo, e tocounos a explicación das distintas fontes de enerxía en maquetas, as renovables e non renovables (cos efectos que acarrean). Vimos tamén o funcionamento dos muíños de vento, estivemos na sala de control dos muíños. Xa coñeciamos  bastante sobre estas enerxías porque estabámo-las a traballar no cole.
Ao final, xuntáronnos as dúas clases para facer un examen competitivo entre clases como se fose o xogo da oca, pero con preguntas sobre as enerxías, e cando millor o estabamos pasando ... chegou a hora de marchar!, e quedou o xogo sen saber o gañador.
Hai que repetilo!
   Paula, Ismael Castro, Marta e Silvia (6ºA)

20 nov 2012

OS COGOMELOS DO SAN PEDRO






Pica  aquí 
para ver tódalas imaxes.






Saída  campestre 
            
          O 19 de novembro, os alumnos de 5º saímos a buscar cogomelos ao monte  San Pedro.
       Primeiro subimos pola rampa ata chegar arriba, alí vimos moitos cogomelos. Algúns velenosos pero moi bonitos, outros comestibles e todos de cores e formas diferentes.
        Baixamos, e por fóra do colexio, entramos no monte por outro lugar. Estaba o terreo sen limpar e foi máis difícil atopalos, aínda así, vimos máis amanitas muscaria.
            Ao final, volvemos á clase sabendo un pouco máis de cogomelos.
            Un consello:
            Se non coñecedes moi ben os cogomelos, non os collades.                                                                                                                                                                                                                            5º B   
                                                                                                                                                                                    


                                                                                                                   
       Onte, despois do recreo, as clases de 5ºA e 5ºB e os profesores Ricardo, Olga e Edita fomos ao Monte de San Pedro a ver cogomelos. Este monte atópase moi preto do colexio e é grandiño, pero ten tanta costa que ata se pode romper un nocello.
         Cando chegamos ó monte, empezamos a sacarlles fotos ós cogomelos. Vimos unha gran variedade deles; o malo é que algúns nenos pisábanos. Atopamos un cogomelo moi velenoso (o que máis mortes produce en Galicia), chamado Amanita phalloides; e outro da súa familia, a amanita muscaria, que alguén case o confunde cun tomatiño. Había cogomelos feos pero comestibles, e bonitos pero moi perigosos. Hai que ter moito coidado con eles.
        Pasámolo moi ben e aprendemos que o mundo dos cogomelos é impresionante, pero tamén perigoso. Foi unha exploración moi divertida, espero que fagamos outra axiña.


                                                                                                                                                       
                          5ºA                                                                                                  
                                                                                                              


19 nov 2012

CABACIÑAS VIVENTES, CAVEIRAS COLGANTES E OUTROS ÓSOS

                                                                                                                                                   5º A


5ºB
5ºB


                                                                                                                                             







                                                         5º B