14 oct 2010

VIAXE A SOTAVENTO DOS ALUMNOS DE 5º














           
          O 27 de setembro fomos de excursión ao Parque Eólico Experimental Sotavento. Este parque foi inaugurado polo Príncipe de Asturias no ano 2.001. Ten 24 “muíños” de 9 marcas distintas.
          Fomos en autobús e levounos unha hora chegar. Alí ensináronnos moitas cousas: a reciclar e non contaminar o medio ambiente; as bombillas que consumen máis e as que consumen menos; tamén vimos o motor dun muíño e deixáronnos movelo; estivemos na sala de control onde se controlan os muíños; construímos un papaventos cada un; tomamos un chocolate riquísimo quentado cunha placa solar; e o máis especial foi unha casa máxica que lle chaman vivenda bioclimática, coa que se poden aforrar moitos cartos en auga e luz se se vive nela.
          Ao final da visita participamos nun xogo de orientación moi entretido. Consistía en atopar, por grupos, unhas palabras escondidas. Houbo un premio para o equipo gañador.
          Había unha tenda con aparellos xeniais que funcionaban co vento ou coa luz solar. ¡Que pena non levar cartiños para poder compralos!
          Á volta, estaban os nosos familiares esperándonos no colexio.
          Foi unha viaxe moi divertida. Recomendámosvos a todos que fagades esta visita.
  (Texto elaborado polos alumnos de 5º A en grupos, e refundido pola mestra)

13 comentarios:

One girl - Inés dijo...

Gustanme as fotos e a descripción esta moi ben feita.

conejita dijo...

este texto parece me que esta moi ben feito notase que os nenos de
5ºA fixeron un bo traballo.

La superheroina dijo...

Este novo documento pareceme bastante interesante porque e unha esperencia bastante nova,porque polo que parece viviron unha esperencia nova.Se podedes viaxade vos tamen.

BEATLES ROQUEROS dijo...

A VIAXE QUE FIXEMOS A SOTAVENTO FOI XENIAL PORQUE TOMAMOS CHOCOLATE E XOGAMOS A UN XOGO QUE ERA MOI DIVERTIDO EU COMPREI UNHA LINTERNA SIN PILAS E DESPOIS O MEU AMIGO COMPROU UNHA PULSERA BOLIGRAFO AZUL MOI BONITO.E DESPOIS XA VEU O BUS E XA NOS FUMOS,LEVOUNOS UNHA HORA CHEGAR.

fabio dijo...

os alumnos de quinto sabemos facer descripcions.
eu comprabame a casa maxica recomendobola.

mestra-e dijo...

Aínda que se describe o que se fixo, este texto non se chama descrición (en galego, sen p), senón narración ou texto narrativo, porque narra, conta, o que pasou ese día de excursión.

One girl - Inés dijo...

As fotos estan moi ben feitas.

star dijo...

O texto conta moi ben o que fixemos en Sotavento, e as fotos estan moi ben feitas.

Anónimo dijo...

e fantastico

Conejita dijo...

REPITO LOS NIÑOS DE 5ºA LO HICIERON Y LO ESCRIBIERON GENIAL NO HAY DUDA DE QUE EDITA LES ENSEÑO MUY BIEN LO QUE SABEN.

Luzy dijo...

Me parece muy educativo

SARI;) dijo...

ME PARECE QUE TERIAMOS QUE IR A OUTRA EXCURSION DE INMEDIATO!!!!!!!

chikittita dijo...

cuanto tiempo hace que no vemos ni vamos a una escursion con Edita...