9 oct 2011

DÚAS MINI-BIOGRAFÍAS

Este curso, en 6º,  leremos e comentaremos colectivamente na clase dous libros, un en galego (“Contos por palabras” de Agustín Frnández Paz) e outro en castelán (”Gordito relleno” de Fina Casalderry). Xa que os dous autores son escritores galegos de prestixio, aos de 6º A pareceunos ben investigar sobre a súa vida e elaboramos entre todos estas biografías resumidas.

(Imaxe baixada de internet)

Fina Casalderrey é o nome co que se coñece á escritora Josefa Casalderrey Fraga. Naceu en Xeve (Pontevedra) no ano 1.951. Estudou Maxisterio e traballou de mestra desde os 19 anos. Despois foi profesora de secundaria, etnógrafa, gastrónoma, conferenciante... e, sobre todo, autora de literatura infantil e xuvenil. 

Foi no ensino, precisamente, onde empezou a crear, dirixindo obras de teatro que ela mesma escribía e que  representaban os seus alumnos. Algunhas destas pezas teatrais están recollidas en Edicións Xerais.

En 1.991 deuse a coñecer no mundo das publicacións coa novela xuvenil MUTACIÓNS XENÉTICAS. Fóronlle concedidos varios premios, entre os que destaca o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil que conseguiu en 1.996 coa novela OS MISTERIOS DA FILLA DA LÚA. 

Ten publicados máis de vinte libros moi populares. Entre eles están: 
“Dúas bágoas por Máquina” (Premio Merlín, 1.991)
“A Rosquilleira” (Premio Casa de Galicia de León, 1.992)
“O Misterio dos fillos da Lúa” (Premio O Barco de Vapor, 1.994)” 
"O estanque dos parrulos pobres” (Premio Edebé, 1.995)
“Repostería en Galicia” (3º Premio Álvaro Cunqueiro de Periodismo gastronómico, 1.999)
“Chamizo”
¡Asústate, Merche!
“Ás de mosca para Anxo”
“A filla das Ondas”
“Xela volveuse vampira”
“A lagoa das nenas mudas”
“A pomba e o degolado”
“Bicos de prata”

Xubilouse como profesora no ano 2.011. Na actualidade, ademais de escribir libros, colabora en xornais e revistas, congresos, xurados, pregóns, charlas, coloquios, mesas redondas... sobre literatura e gastronomía, entre outros temas.



(Imaxe baixada de internet)
Agustín Fernández Paz é un escritor galego nacido en Vilalba (Lugo) en 1.947. É diplomado en Enxería Industrial Mecánica e licenciado en  Ciencias da Educación. Traballou de mestre en varios centros de E.X.B. e como profesor de Lingua e literatura Galega en secundaria. O último centro no que traballou foi o IES  Os Rosais 2 de Vigo, onde se prexubilou en 2.008.  

Como mestre preocupado pola educación, participou en moitos colectivos ou estamentos relacionados co tema. Por exemplo, entre 1.988 e 1.990, traballou na Consellería de Educación na área de Lingua;  de 1.990 a 1.9995 foi Coordinador Docente do Galego; foi nomeado Socio de Honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega no 2.009;  colaborou en equipos de creación de libros de texto e tamén na elaboración de moitos outros materiais didácticos;  é autor de numerosos traballos sobre normalización lingüística, promoción da lectura...

Como escritor de literatura, gañou moitos premios, como o Merlín, coa obra AS FLORES RADIACTIVAS (1.989), o Lazarillo con CONTOS POR PALABRAS (1.990) e o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil co libro O ÚNICO QUE QUEDA É O AMOR (2.008). 

Outros dos seus moitos libros publicados son:
A cidade dos desexos, As flores radiactivas, Cartas de inverno, Amor dos quince anos, Marilyn, O centro do labirinto, O laboratorio do doutor Nogueira, Un tren cargado de misterios A escola dos piratas, O único que queda é o amor.

Na actualidade, sigue escribindo e seguramente nos quedan moitos libros del por ler.

ALUMNOS 6ºA


20 comentarios:

Style dijo...

Están moi ben feitos as biografias, grazas a os nenos e nenas de 6ºA agora coñezo a mais autores. Seguide facendo traballos tan chulos. Gustame moito este blog, ben feito :)

Erika5ºA dijo...

Parece que esa escritora e moi boa

SILVIA 5ºA dijo...

TES RAZON ERIKA SI K O PARECE!!!!!

María 5ºa dijo...

Escribiu moitos libros ,e parecen interesantes.

marta 5ºA dijo...

e moi interesante

Ismaeles 5a dijo...

escribiu vastantas libros pode que sean interesantes

Diego y Adrian dijo...

Amin me parece que tiña unha vida moi ocupada.

maria y patri 5ºA dijo...

Esta escritora é moi boa,se seguira escribindo libros leriaos todos.

xavi5ºA dijo...

esta moy rico o plato

silvia 5ºA dijo...

xavi,k plato?

Silvia y Marta 5ºA dijo...

no se cansaría de escribir tantos libros.

Anónimo dijo...

:)

Anónimo dijo...

que bo o plato

The girls dijo...

Que dis o?

Samuel dijo...

Teñen razón.

Sabela e Paula de 5ºA dijo...

Teñen que ser moi iteresantes eses libros.
Tería que ter moito traballo, e sobre todo moita fama.

Samuel 5·A dijo...

Fina Casalderrey penso que é unha extraordinaria escritora de libros.

Sabela 5ºA dijo...

Eu coñecín a Fina Casalderrey no colexio da Rabadeira, en Oleiros. Falei con ela e dixome que o seu libro favorito era O Estanque Dos Parrulos. Teño un libro dela que se chama Puag, que noxo!.

Anónimo dijo...

Que pila de faltas!!

E esa ortografia????

andrea 5ºB dijo...

E verdade, e moi boa esa escritora