1 oct 2011

UN PAR DE ANÉCDOTAS FAMILIARES

(Imaxe baixada de internet)






Contoume miña nai que cando era pequena, cando me metían no parque para bebés, o meu can entraba no parque xunto a min e eu dáballe o biberón a él. Despois contou que ela e o meu pai choraban coa risa que lles facía porque lle estaba dando un pouco a el e un pouco eu, así seguido ata que se acababa.
ESTHER (6ºA)

 
 

 

(Imaxe baixada de internet)
Era un día de verán, e eu estaba na praia coa miña nai e o meu irmán. Miña nai  tomaba o sol e o meu irmán e eu faciamos castelos de area. Meu irmán axudábame metendo area no caldeiro e eu, mentras, fun buscar auga na regadeira para o noso castelo. Cando volvín, notei que no caldeiro faltaba area. Pensei que o meu irmán a tirara e seguín facendo o castelo. Xa tiñamos o castelo feito e fun buscar cunchas para decoralo, pero cando as estaba buscando mirei para meu irmán e vin que collía un anaco do castelo e que o metía na boca. Non lle debeu de gustar porque puxo unha cara que parecía que ía vomitar. Bebeu auga da regadeira para quitarse area, pero claro, el non contaba con que ía estar salgada e botouse a chorar porque lle sabía moi mal. A miña nai pensou que eu lle pegara. Díxenlle a verdade pero non me creu, ata que meu irmán abriu a boca e a miña nai viu que tiña area en toda a boca.
INÉS (6º A)

 

8 comentarios:

Anónimo dijo...

Me encanta la anecdota, es muy graciosa y divertida, espero que pongan pronto la de Esther, seguro que también es muy divertida. ¡¡¡¡Seguid haciendo cosas tan chula!!!

LaDy ReBeL dijo...

e unha anectoda diver.B)

Ángel dijo...

joooo q pena lo de anectota de esther bueno pero la de inés en muy divr y chulaa jajajajjaaj :D

Girl star dijo...

¡Que ben xa puxeron a de Esther!
Tamen e moi divertida jajaja.

girl dijo...

que bonito xd

andrea 5ºB dijo...

Me encanta a foto dese bebe.
Que riquiño!!!!!

Anónimo dijo...

que chula e a de Ines

Anónimo dijo...

A de Ines pasou de verdade?